
Durante toda a xornada do sábado celebrouse a III ROMARÍA VIKING RISE DE XADREZ 2026, encadrada na 66ª edición das festas catoirenses de Interese Turístico Internacional, organizada polo Concello de Catoira e o Club Xadrez Fontecarmoa e patrocinada por varios organismos oficiais, empresas privadas da comarca e especialmente Viking Rise que se postula como imaxe oficial para as próximas edicións da romería xadrecística na vila do Ulla.
A participación foi moi numerosa alcanzándose a cifra de 126 ajedrecistas inscritos de toda a comunidade que disputaron este torneo deportivo, repartidos en cinco categorías: Senior, Infantil, Alevíns, Benxamíns e Promesas, que foron sorprendidos por a visita dunha comitiva vikinga, poidendo sacar fotos como recordo da súa participación en Catoira.

A proba, sexta no calendario do XIX Circuito Galego Promoción, foi un éxito de participación, contando que había outros eventos xadrecísticos en Galicia e mesmo a nivel nacional, que impediron que xogadores habituais das citas oficiais, poideran asistir ó torneo.
Despois das sete roldas do campeonato en cada categoría, todos os xogadores foron obsequiados cun recordo da Conserveira Friscos e Aceites Abril e trofeos doados polo Concello e as diversas empresas patrocinadoras.
Na entrega de premios contouse ca presencia do alcalde catoirense Xan Castaño, o vicepresidente da Federación Galega de Xadrez Angel Vilas, o encargado de Conservas Friscos Ramón Rey e o concelleiro de Cultura e Deportes Raúl Gómez.

No aberto senior proclamouse vikingo de ouro o Maestro Fide Oscar de Prado do Xadrez Arteixo. Acompañárono no podio o xoven ourensán Benjmaín Diéguez e Juan José Lema da Escola Xadrez Pontevedra. Cuarto e quinto postos foron para os vigueses Mateo Pérez do CA Lucena e Moisés Jelusich do Vilas de Bouzas .

Nos diversos tramos de premios e categorías que foron establecidos pola organización, resultaron gañadores:
- Sub 16: Martín Cachafeiro López, do Xadrez Arteixo.
- Sub 18: Brian Gómez Domínguez, do Liceo de Ourense.
- Campiona Feminina: Clara Méndez Rial, do Club Padrón.
- Campión Veterano: Antonio Susavila Muñiz, do Club Padrón.

Así mesmo o equipo organizativo tamén reparteu premios para os mellores xogadores locais nados ou residentes en Catoira, resultando gañadores:
- Feminino: As irmáns Olivia e Victoria Ferreirós Martín
- Campión Senior: Carlos Ferro Figueira

En infantís o ouro marchouse para Santiago ca victoria de Sergio Calvo, sendo segundo e terceiro Iván Martínez e Daniel Varela, ambos do club Lucena de Vigo.

Victoria en Alevíns do vigués Mateo Rey, plata para Telmo Vicente de Rianxo e bronce para Xoel Roo do Marquiño de Noia.

Na categoría para menores de 10 anos, o chanzo mais alto do podio foi para o xadrecista de Nigrán Pablo Lomba, seguido de Martín Solla de Mos e Aldán Martínez de Padrón.

As futuras promesas do xadrez galego topáronse na categoría dos mais mozos, todos eles menores de 8 anos, onde Roi Bello de Carballo levouse o ouro, sendo escoltado por Asier López do Fontecarmoa e Brais Alvarez de Valadares.
Co éxito da execución desta terceira edición da Romaría Viking Rise de Xadrez, a organización do Concello de Catoira e o Club Xadrez Fontecarmoa de Vilagarcía, acadan colocar o evento no horizonte autonómico como unha cita ineludible para as e os aficionados ó xadrez de Galicia.