Unha gozada foi a primeira edición deste torneo no bar de Laua Alegría, unha verdadera ledicia en que todos quedamos plenemente satisfeitos. Tivemos un serán e noite estupendas, unha temperatura moi agradable, unhas tapas estupendas e ningún incidente no desenvolvemento do torneo.

Os 75 xogadores apuntados pasamos unha velada extraordinaria, e a colaboración dos participantes fixo que a recollida fose axiña e para a entrega de trofeos prácticamente estaba todo guardado, o que sempre é de agradecer.


As partidas foron a lóstrego e sen incremento. Hai que estar afeito, pero nestes nocturnos o que máis nos gusta é gozar de partidas máis ou menos amigables, e evidentemente se se pode gañar mellor. Realmente, o resultado non é o máis importante, para iso hai outros torneos máis serios e valedoiros para elo, mentres que os nocturnos en Vilagarcía teñen por riba facer afición e pasar os seráns do verao xogando entre compañeiros.


Pero certo é que houbo vecedores e moitos trofeos que repartir. Na entrega participou Laura, a nosa anfitriona, quen ficou ben satisfeita co ambiente que xa quedamos para unha segunda edición, e esperemos que moitas máis.





Na categoría abosoluta o noso Maestro Internacional Julio Suárez foi o campión, cedendo só unhas táboas contra o veterano Carlos Chaves. Partía como favorito e non defraudou. Subcampión foi o cadete chegado de Extremadura Manuel Prieto, do CA Magic e o terceiro clasificado Noé Diz, do CA Padrón e ainda Alevín.

Os trofeos do 4º e 5º clasificado foron para outros dous socios do CX Fontecarmoa, o MF Alexander Zambrano e o seu compañeiro en División de Honra Luis Segura. A campiona feminina foi a tamén xogadora do CX Fontacarmoa Irene Diz, quen ademais ficou 7ª na clasificación final.


Por idades, no grupo dos veteranos a copa do primeiro clasificado levouna para a Illa Carlos Chaves, do ACD Dorna. O segundo e terceiro postos foron para dous xogadores do club, o incombustible Nené foi o segundo e Evaristo o terceiro, quen compaxinou o xogo ca arbitraxe e organización do torneo. Todos eles con 4’5 puntos, coa súa idade van facendo o que poden ou lles deixan, porque os novos talentos veñen pisando firme.

Na categoría sub18, aparte dos que levaron os premios da xeral, os tres mellores foron Ricardo Oubiña, Irene Diz e Iván Sánchez. Os dous primeiros do CX Fontecarmoa (Irene tamén campiona feminina), e Iván da EX Compostela. Salientable é que ficaron nos postos 6, 7 e 9 da xeral.

Finalmente na categoría alevín, os mellores sub12 foron o noso xadrecista Alex Villanueva, Xoel Prado xogador independente, e Marco Portela, chegado do CX Xadrez Ourense.
Con isto rematamos o torneo e xa quedamos para o seguinte, na Mariña co Huerto del Cura. Será o 31 de Xullo. Só queda agradecer a colaboración de todos para a montaxe e recollida, a Tati por poñer o vehículo para o traslado das mesas, a nosa patrocianadora das Tapas de Laura Alegría e o Concello e Fundación de Deportes pola aportacións das sillas e a iluminación.