O pasado vemres 31 xogouse a 18ª edición do decano dos nocturnos de Vilagarcía. Cun tempo moi axeitado, malia que no solpor houbo algo de vento, a verdade é que non fixo nin frío nin moita calor para ser finais de Xullo



As condicións foron moi boas para que a xente se animase, e así foi. A participación foi moi alta, pasando ben dos 80 xogadores. Penso que foi un dos nocturnos mais numerosos e incluso tivemos que rexeitar bastantes solicitudes. Xogouse cos byes das primeiras rondas e contábase con algunha incomparecencia (que sempre hai algunha) na primeira ronda ¡e non as houbo! Así chegamos á segunda ronda e faltaba un taboleiro ou sobraban dous xogadores. Así, dos 87 inscritos o árbitro adicouse a arbitrar en Alberto Martín ofreceuse para ser retirado tamén, continuando o torneo os 85 xogadores para os que dispoñamos de taboleiro (e reloxos, que algún fallou e quizais é un dos elementos máis limitantes).


Tamén foi numeroso o número de clubs implicados, pois os 85 xadrecistas viñan de 14 clubs distintos e houbo tamén 9 xogadores independentes, non afiliados a ningún club. Deses 14 clubs moitos eran veciños. Amais do noso club, estaban os compañeiros do Dorna e da EX Pontevedra e Compostela, tamén da Estrada, Padrón e do Marquiño. Pero tamén viñeron de máis lonxe, como do Dragón de Salceda, dos clubs ourensáns Benchoshey. Liceo e Xadrez Ourense, algún albatros chegou da Guarda e outro foi indo desde o Irindo. E non quedou aí a cousa, pois Madrid tamén tivo representación co Blanco y Negro.


O ritmo de xogo foi o mesmo que no primeiro, o das Tapas de Laura Alegría: 10 minutos para a partida por xogador. Igualmente foron 7 rondas e pode ser que remataramos un chisco máis tarde, pero gozamos igulamente.


O desenvolvemento da proba foi moi agradable, agás para os dous que non puideron xogar. As primeiras rondas empezaron sen grandes sorpresas. A partir da 5ª as cousas xa estaban mais reñidas e empezaron a aparecer as táboas, non moitas. E na sétima e derradeira non houbo moitos miramentos e foise polos trofeos.

Hogano o campión foi David Cernadas, do CD Marquiño e colega arbitral tamén. Cedendo só unhas táboas contra o subcampión na 5ª ronda e 6’5 puntos foi campión en solitario. Con medio punto menos Miguel Casado foi o subcampión, da EX Pontevedra. Os mesmos puntos tiveron Julio Torrado e Adrián Betanzos, 3º e 4º, do CX Fontecarmoa. E con 4’5 outro xogador do CXF, Luca Rey foi o 5º clasificado. A campioa feminina foi a xove xadrecista da EX Pontevedra Noa Couñago, con 4 puntos.

Entre os veteranos o mellor foi Carlos Diz, con 5 puntos e 13ª na xeral, do CX Fontecarmoa. Canda el estiveron Benjamín García, marinense que xoga na EX Pontevedra e o grande Jorge María, tamén do CXF, os dous con medio punto menos. Soe acontecer entre os veteranos: un marchara e outro collémolo ó pasar polo medio cando xa iba coa mochila para casa.

Na categoría sub18 o podio estivo copado polo CX Fontecarmoa, cos seus 3 postos ocupados polos xogadores locais. Os dous primeiros foron para os irmaos cambadeses César e Ricardo Oubiña. Nesta ocasión César foi o campión, e Ricardo ven de selo no torneo de Pontevedra. O terceiro foi o xove Miguel Leiro, que se non gañara este premio sería o campión sub12, pero está empezando a meterse nas categorías superiores: estes tres xogadores foron 8º, 11º e 14 na xeral.

Finalmente, entre os sub12 e xa máis abaixo o campión foi Alexander Couñago, da EX Pontevedra con 4’5 puntos: e con medio menos Noé Diz do CA Padrón e o vilagarcián do CX Fontecarmoa Oliver Moure, segundo e terceiro respectivamente.
Rematamos, coma sempre, agradecendo a todos os participantes pola súa asistencia e o Concello e Fundación de Deportes pola loxística. O noso patrocinador, El Huerto del Cura, polos trofeos aportados e a todos os que colboraron coa montaxe e recollida do material, sempre unha ledicia ver a colaboración de todos fai o traballo moito máis sinxelo e agradable.