Os pasados 16 e 17 de Maio xogouse en Padrón a Copa Galicia, campionato por equipos. O sábado xogouse a modalidade de lóstrego, con 8 rondas o ritmo de 3+2 e o domingo o de ràpidas con 7 rondas a 10+5. Foi un gran éxito de participación, e un reto para a organización e árbitros, con 44 equipos a tarde do sábado na modalidade de lóstrego e 54 equipos o domingo en rápidas. En total, máis de 250 xogadores participaron nestes eventos.
O noso club presentou 4 equipos nas dúas modalidades. O primeiro equipo foi o CXF Viaxes Interrias, formado na súa meirande parte por xogadores de división de honra e preferente e partía como favorito. Os outros equipos do club foron o CXF Concello de Vilagarcía, formado por xovenes xogadores de primeira e preferente que xa son presente e non promesas. E os outros dous foron o CXF Espacio Xoven, formado por xogadores veteranos de segunda, algúns ascendidos a primeira. E o CXF Calmear, que contaba nas súas filas con xogadores de segunda e terciera da liga galega.

Pero ben é sabido que todos xogan, e a estes ritmos tan rápidos as sorpresas son frecuentes. O noso equipo estrela acadou un magnífico terceiro posto e medalla de bronce no torneo lóstrego. En rápidas repetiu no podiu, esta vez coa medalla de prata e o subcampionato para o noso club. Unha gran actuación a de Julio Suárez, Alexander Zambrano, Luca Rey, Julio Torrado e Manuel Conde. E Dan Cruz o domingo no torneo de rápidas.

O final do torne fíxose a entrega de trofeos os campions de liga nos grupos de División de Honra, Preferente e Primeira División. Nestes últimos contamos coa presencia do equipo CXF Espacio Xoven, que quedou campión do grupo C. O outro equipo do club nesa categoría quedou terceiro clasificado no mesmo grupo, o que amosa que a nosa canteira está moi viva.

Por outro lado, o fin de semana do 23 e 24 xogáronse os campionatos individuais de rápidas e lóstrego. Nesta ocasión xogáronse 9 rondas a un ritmo de 3+2 en lóstrego e 10+5 en rápidas. Os inscritos foron 142 no de lóstrego e 160 no de rápidas, con 10 titulados entre eles e un elo do primeiro do rankin de 2400.

Por parte do club, foron unha ducia de xogadores quen participaron na categoría lóstrego. Entre eles Julio Suárez, que partía de favorito e foi quen de facer valer o seu saber. Sumou 8 puntos dos 9 posibles, perdendo só con Diego Cacheiro, o subcampión. Acabou o torneo como campión galego de lóstrego neste ano 2026, sumando un novo título o seu amplo palmarés.

Tamén foi salientable a actuación de Andrea Dorado. Partía do posto 56 e acabou no 29, e foi a terceira clasificada feminina, so por detrás da WFM Inés Prado e a WIM Karen Zapata. Tamén o foi a de Irene Diz, xogadora que está mellorando moito e subiu máis de 100 puntos de elo neste torneo.

No campionato de rápidas a participación do noso club foi de 13 xogadores. Algúns repitiron, pois xogaron tamén o de lóstrego, e para outros esta foi a súa única participación. Neste ocasión a nosa escuadra non partía con moitas posibilidades de acadar un posto no podio. Os mellores xogadores partían do posto trinta e pico.
A actuación máis salientable foi a de Adrián Betanzos, Foi o mellor dos nosos inscritos e partindo do posto 33 rematou o torneo no posto 13, empatado a 6 puntos co décimo clasificado.