
O sábado 4 de Xullo xogouse no Centro Comercial Arousa de Vilagacía a 12ª edición do torneo homónimo. Foi unha calorosa xornada na que a comarca estivo en alerta por calor, pero que no centro comercial a temperatura era moito máis agradable. O aire acondicionado traballou arreo, o que foi moito de agradecer, tanto polos participantes no evento coma por todos os que se acercaron para facer compras ou simplemente pasar o día.






A participación foi de arredor de 160 persoas, con baixas de última hora e a ausencia de moitos sub8 porque nestas datas tamén se está xogando o Campionato de España desa categoría. Nela participan varios xogadores do noso club, Asier e Miguel Briones, ós que lles desexamos moita sorte e que o pasen moi ben, coma a toda a expedición galega, formada por 7 nenos e Diego Espiñeira de adestrador.

Tamén influíu a data e o día, xa que en pleno verao e en ola de calor case era máis apetecible ir a praia; pero alá non hai aire acondicionado. E con estas circunstancias empezaba o torneo sub8 con 10 participantes dos 12 inscritos, e só houbo unha incomparecencia. Porén para a terceira ronda abandonou outro neno e para a quinta outro máis: polos cruces feitos foi imposible emparellar unha sétima ronda, polo que decidimos suprimila e deixar o torneo con 6. Non perderon de xogar, pois ás 7 improvisouse un torneo de pais e nenos.
O final o campión desta recortada categoría foi Martín Dios, do CX Marquiño con 4’5 puntos. Con medio menos quedou Brais Alvarez, do CVC Valladares e terceiro Matías A Ramírez, co CX Fontecarmoa.

A categoría sub10 contou con 31 nenos participantes. O campión indiscutible, gañando os 7 puntos en xogo foi Martín Lema, do EX Pontevedra. Tras el, Pablo Lomba do CX Laronca acadou 5’5 e Martín Solla 5, do Xadrez Mos, empatando o terceiro co sexto clasificado.
Os mellores xogadores do CX Fontecarmoa foron Sabela Cores e Alvaro Freijeiro, que ficaron nos postos 11 e 12 con 4 puntos.

En sub12 houbo certa desbandada, pois moitos rapaces da categoría decidiron xogar o absoluto, no que fixeron unha desfeita. Aida así, foi a categoría máis numerosa con 31 participantes. O campión foi Xoel Roo, do CD Marquiño quen só cedeu un empate contra o terceiro na derradeira ronda. Subcampión foi Xoel Alonso, con 5’5 puntos do Xadrez Mos empatado con Pedro García, tamén do CD Marquiño.
Cun punto menos, 4’5, é salientable a actuación de Lois Roo e Miguel Leiro, 10º e 11º e mellores xogadores do CX Fontecarmoa. Adán Ramiréz foi 14º con medio punto menos e Oliver Moure 15º e o mellor dos xogadores de 3’5 puntos.

A categoría sub14, que adoita ter pouca participación, nesta ocasión chegou ós 15 participantes. ¡Hasta superou á sub8! En canto á clasificación, venceu Iván Martínez, do CA Lucena. Empatou a 6 puntos con Isaac Blanco, da EX Pontevedra, pero o primeiro desempate otorgoulle a victoria a Iván ó gañar a Isaac na 5ª ronda. Canda eles estivo no podio Andrés Cacabelos, tamén da EX Pontevedra, con 4`5 puntos.
Un punto menos tivo Aldara Cores, que na 7ª posición foi a mellor clasificada do CX Fontecarmoa.
A categoría absoluta foi a máis numerosa, engordada tamén por moitos rapaces de promoción que demostraron que xa poden competir nos torneos absolutos con igualdade por non dicir superioridade. Houbo 62 inscritos, malia que as baixas de última hora deixaron a participación en 56 xadrecistas.

O podio estivo dominado polos rapaces, de xeito que os premios para os mellores sub18 e sub16, por non seren acumulativos, cedéronse ós 7º e 12º clasificados. Para tomar nota, que entre os 12 primeiros da xeral houbo 8 sub18 dos que 5 son sub16, entre eles o campión que é sub12.

Pois xa está dito, o campión foi o sub12 Javier Lema, da EX Pontevedra. Subcampión foi César Oubiña, empatado a puntos con Javier, do CX Fontecarmoa. Terceiro foi Miguel Casado, tamén da EX Pontevedra, cuarto David Alvarez do CA Lucena, os dous con 5’5 puntos. Medio punto menos tivo Jorge María, o veterano xogador do CX Fontecarmoa que esta vez meteuse entre os 5 primeiros da clasificación, deixando o título de campión veterano para Jesús A de la Torre, do Xadrez Bueu.

A campiona feminina foi Irene Diz, xogadora do CX Fontecarmoa que viña de xogar o mundial sub18 en Italia. O campión sub18 foi Adrián Argudín, xogador de 15 anos do Xadrez Mos. E seguindo o escalafón o trofeo de campión sub16 foi para Noé Diz, do CA Padrón.
Nesta categoría o CX Fontecarmoa tivo outros bos resultados, como o 9 posto de Gonzao Bouza-Brey ou o 10º de Ricardo Oubiña, irmao do subcampión. Tamén entre os 20 primeiros quedaron Yago Ares (16º) e Oscar Victorero (19).

Na entrega de premios acompañáronnos varias autoridades e o noso patrocinador, o Centro Comercial Arousa, representado polo seu xerente Luis González. Agradecemos a súa colaboración por deixarnos as instalacións e ofrecer os agasallos que se sortearon o remate, e que fixeron a delicia dos cativos. Tamén houbo sorteo entre os participantes da categoría absoluta, gracias á colaboracion de Gloria Ruibal, delegada territorial de Seguros Occident.
Por parte do Concello estiveron presentes o Concelleiro de Turismo, Alvaro Carou, os concelleiros Ana Granja e Xavier Rodríguez, e a Directora Territorial da consellería do Mar Elena Suárez. O presentador da cerimonia de clausura foi Luis González, coa colaboración de Angel Vilas.


E para rematar, agradecemos tamén a colaboración do Concello, quen a través de Fundación de deportes axuda coa loxística de mesas e sillas para o torneo. Tamén ós compañeiros que colaboraron coa montaxe e todos os que axudaron na recollida. Moitas gracias, pois sen a colaboración de todos a organización destes eventos serían moito máis difícil.
E sobre todo ós xogadores, que son a razón de ser do xadrez. Ägradecemos a súa participación e o seu comportamento, pois en todo o torneo non houbo ningún problema salientable. Tamén ó equipo arbitral, que lle adica horas de traballo para que outros poidan gozar, e que nesta ocasión podemos presumir de que non houbo un só erro nos arredor dos 500 partidas que se xogaron.