O sábado 21 celebrous o XVIII Open Xadrez McDonalds patrocinado por el restaurante vilagarcián no fantástico Auditorio Municipal. Tivemos a sorte de podelo facer todo na primeira planta e evitar as escaleiras. Non estivo claro hasta a véspera por mor das eleccións, xa que calquera partido podería solicitar as instalacións para un acto.
O tempo foi o propio da época do ano, é dicir, choveu, malia que non seguido. Non fixo moito frío, o que deu unha xornada moi agradable para estar na segunda quincena de Novembro e a un mes do inverno. Como se siga retrasando a fin do Circuito Promoción acabarémolo facendo cos adornos do Nadal.



A participación foi moi boa nas categorías de Promoción, con 129 participantes e tan só 3 baixas en sub12: dous avisaron a última hora (incluso ultimísima, pois acababanos de imprimir os listados) y tan só un neno non avisou, federado en Santander, co que só tivemos unha incomparecencia. En absoluto foron 54 os inscritos, nos que houbo tamén 2 baixas avisadas e unha inscripción pendente de se poidese vir, co que tampouco houbo incomparecencias. Para que non quede ninguén sen xogar nin alterar a competición, desde a organización agradecemos que se alguén non pode participar avise o máis tardar unha hora antes do inicio para non emparellalo.



En canto ós resultados deportivos, xogábanse os postos 2ª e 3 nas categorías sub10 e sub12 do Circuito Galego. O resto dos postos xa estaban definidos, polo que varios dos gañadores optaron por xogar noutras categorías. Así o fixo o sub8 Asier Cores, xogador do noso club, quen co primeiro posto asegurado apuntouse para a categoría sub10.

Na categoría sub8 gañou Roi Bello, do CX ó Toque, e foi o subcampión Brais Alvarez do CVC Valladares. A terceira foi Sabina Taboada, do Xadrez Mos. E estes tres máis Asier foron os vencedores do Circuito Promoción, e nesa mesma orde con Asier campión como diciamos anteriormente. Tamén levaron trofeos os 4º e 5º clasificados, Matías A Ramírez do CX Fontecarmoa e Martín Sotelo, do C Apóstol Santiago, empatados a 5 puntos co terceiro clasificado. Entre os dez primeiros tamén se meteu Miguel Briones, compañeiro do club, no posto 8º

A categoría sub10 foi a máis numerosa, con 47 participantes. O mellor foi Martín Lema, da EX Pontevedra, quen só cedeu unhas táboas contra Pablo Castro, o segundo clasificado do CX Laroca, na ronda 4. Ficou con 5’5 puntos, os mesmos que Danna González (Xadrez Mos) e Sergio Martínez (EX Compostela). Finalmente, na quinta posición quedou Asier López, do CX Fontecarmoa de 8 anos que xogou unha categoría superior. Con 5 puntos quedou empatado con Sabela Cores, campiona feminina e compañeira de club de Asier. Alvaro Freijeiro e Liam Puceiro, con 5 e 4’5 puntos, tamén quedaron entre os 10 primeiros.

En sub12 Telmo Vicente non deu opcións a Mateo Rey de cara ó Circuito Promoción, onde disputaban a 2ª e 3ª posición. Telmo só perdeu a derradeira ronda e con 6 puntos levou o campionato para Rianxo. Subcampión, con medio punto menos, foi Oliver Moure, do CX Fontecarmoa, que só perdeu contra Telmo e foi quen de gañarelle a Mateo Rey: un gran resultado para o noso xogador. Terceiro clasificado e cos mesmo puntos foi Pedro García, do CD Marquiño. 4ª e 5ª clasificados quedaron Yago Brea e Mateo Rey do Xadrez Mos e CA Lucena respectivamente. Alex Villanueva do CX Fontecarmoa foi 8ª con 4’5 pnntos. A mellor clasificada feminina foi Noa Couñago, da EX Pontevedra.

Na maior das categorías do circuito, sub14, Miguel Casado rematou invicto, cedendo só dúas táboas e levando o premio para a EX Pontevedra. Cun punto menos Andrés Cacabelos, do mesmo club. 5 puntos tiveron os restantes premiados, Davis Alvarez (Xadrez Mos), Iván martínez (CA Lucena) e Marcos Iglesias (Escola Luguesa). Aldara Cores foi a campiona feminina e mellor clasificado do CX Fontecarmoa.

Xa fora do Circuito, o torneo absoluto dominouno Iago Fernández, quen sé cedeu unhas táboas nunha moi disputada e especial partida contra o seu compañeiro de equipo David Cernadas, á postre subcampión, ambos do CD Marquiño. David so cedeu punto e medio, as táboas contra o campión e unha derrota fronte a Lucas Rey, terceiro clasificado do CX Fontecarmoa. Os mesmos puntos tivo Jesús A de la Torre, do Xadrez Bueu e medio punto menos o quinto clasificado Martín Moreira, da EX Pontevedra.

Por tramos de idades, os premios ós sub18 e sub16 foron para os 6º e 7º clasificados, Javier del Valle (Xadrez Mos) e Mateo Pérez (CA Lucena), tamén con 5 puntos empatados co 5º clasificado. O campión veterano e 12º na xeral foi Alejandro Prado e a campiona feminina Emma Cernadas, do CX Marquiño, na 13ª posición na clasificación xeral. É salientable tamén o posto 17 acadado por Tomás Prada, xogador veterano do club, que foi o segundo mellor xogador local do club tras o 3º posto de Luca Rey.

XIX Circuito Galego Promoción 2026
A entrega de premios foi na sala principal do Auditorio, onde tamén se fixo a entrega de premios do XIX Circuito Galego Promoción coa colaboación dunha chea de autoridades. No Circuito premiouse os tres mellores clasificados e a campiona feminina, que escolleron segundo a súa orde na clasificación entre un ordenador portatil, unha tablet, un televisor e unha torre de música.

| PROMESAS | |||
| Posición | Nombre | Club | Regalo |
| Campeón | Asier Cores López | CX Fontecarmoa | Ordenador portátil |
| Campeona | Sabela Taboada Domínguez | Xadrez Mos | Torre de música |
| 2º Clasificado | Roi Bello Nieto | X. ó Toque Xiria-Carballo | Tablet |
| 3º Clasificado | Brais Alvarez Enríquez | CVC Valladares | Televisor |

| BENXAMINS | |||
| Posición | Nombre | Club | Regalo |
| Campeón | Pablo Lomba Castro | CX Laroca | Ordenador portátil |
| Campeona | Sabela Cores Lois | CX Fontecarmoa | Torre de música |
| 2º Clasificado | Martín Lema Fernández | EX Pontevedra | Tablet |
| 3º Clasificado | Martín Solla Núñez | Xadrez Mos | Televisor |

| ALEVINS | |||
| Posición | Nombre | Club | Regalo |
| Campeón | Xoel Roo Pérez | CD Marquiño | Ordenador portátil |
| Campeona | Noa Couñago Alonso | EX Pontevedra | Torre de música |
| 2º Clasificado | Telmo Vicente Resua | Xadrez Rianxo | Televisor |
| 3º Clasificado | Mateo Rey Barciela | CA Lucena | Tablet |

| INFANTIS | |||
| Posición | Nombre | Club | Regalo |
| Campeón | Iván Martínez Abalde | CA Lucena | Televisor |
| Campeona | Laura Carollo Poisaz | Xadrez Oroso | Torre de música |
| 2º Clasificado | Andrés Cacabelos Vázquez | EX Pontevedra | Ordenador portátil |
| 3º Clasificado | Isaac Blanco Lage | EX Pontevedra | Tablet |
E para rematar agradecemos a colaboración do McDonald’s de Vilagarcía polo seu patrocinio do evento, ó Concello e a súa Fundación de Deportes pola loxística e o Auditorio e a Federación Galega de Xadrez, por contar con nós para organizar este torneo e a gala de clausura do Circuito Promoción.
Tamén a todos os xadrecistas que participaron no torneo, que son a razón de ser de todo o torneo. E sen esquecer a todos os que colaboraron coa montaxe e recollida do material empregado, que foron 90 xogos e roloxos, 66 mesas cos seus manteis, máis de 250 sillas, paneis, bandeiras, carteis e moitas horas adicadas con todo o cariño para que poideramos gozar do xadrez. Gracias a todos.