Rematou o circuito nocturno de Vilagarcía coa celebración da 5ª edición do torneo do Centro Comercial Arousa. O torneo xogouse no interior do Centro Comercial, afortunadamente, pois este final de Agosto ven con choiva e temperaturas baixas para ser verán. Outros torneos populares que se xogaron esta semana tiveron que mudar a súa localización ó planifcarse no exterior e acabaron xogando a cuberto.
En canto o torneo, xogamos 7 rondas a 10 minutos como adoitan ser estes nocturnos. Houbo suxerencias para xogar con incremento, que teremos en conta para posteriores edicións. A idea é botar unhas partidas entre amigos, e ese obxetivo cumpriuse. Fomos 79 participantes, algúns apuntados uns minutos antes de comenzar e incluso para a segunda ronda. E pola parte negativa houbo varias incomparecencias que sempre deslocen os torneos.

Deportivamente, a clasificación final estivo moi disputada. Houbo un cuádruple empate a 6 puntos na cabeza na que os segundo e terceiro clasificados perderon contra o primeiro e o cuarto gañou a súa partida contra o primeiro pero no xogara cos outros. O final os desempates decidiron a clasificación, na que o primeiro posto foi para David Cernadas, da CD Brétema. O subcampión foi Lucas Rey, xogador cambadés do CX Fontecarmoa; Luca ven de quedar quinto no torneo IX Aberto Concello de Carballo Clasico, tras perder só contra dous GM.

O terceiro clasificado foi Mateo Pena, do Xadrez Mos e o que provocou o empate foi Miguel Casado, o xoven xogador da EX Pontevedra. E o quinto trofeo foi para Noe Diz, con 11 anos e partindo da 20ª posición. A campioa feminina foi Emma Cernadas, irmá do campión e coma el do CD Brétema.

Os premios da categoría absoljuta tamén estiveron moi repartidos. O primeiro foi para o xogador do CD Brétema José Luis Quintás. O segundo foi para o xogador da Illa do CX Fontecarmoa Carlos Diz, e canda eles estivo o habitual nestas lides Antonio Susavila, o veterano do CA Padrón.

Na categoría sub18 houbo que corre a lista, porque os tres mellores estiveron entre os premiados da clasificación xeral. Os tres seguintes tampouco encaixaban moi ben, pois eran todos eles ben novos. O campión e oitavo da xeral foi Andrés Gómez Bochán, nado no 2014 e prcedente de Madrid, do club Capablanca. O subcampión foi Andés Cacabelos, da EX Pontevedra e décimo na xeral. Non moito máis abaixo, na 16ª posición estaba Oliver Moure, xoven sub12 do CX Fontecarmoa.

Finalmente a clasificación sub12, correndo postos igual que na sub18, ficou con Alexandre Couñago na primeira posición, da EX Pontevedra; Ero Carballa foi o subcampión do noso CX Fontecarmoa; e terceiro foi Alejandro Gómez Buchán, madrileño do club Capablanca e irmao do campión sub18.


Coa ceremonia de entrega de premios rematamos o circuito nocturno do 2026 pensando xa no do ano que ven. Pero hasta entón temos citas todos os fins de semana co Circuito Promoción e o Circuito Galego. Ente eles o XXXII Memorial Adolfo Pedrido, que xogaremos en FEXDEGA o 26 de Setembro e que xa ten abertas as inscripcións.
E agradecer coma sempre a colaboración de todos na montaxe e recollida do material, porque nestes torneos populares sen a axuda de todos non se poderían facer. Tamén queremos agradecer ó Centro Comercial Arousa polo seu patrocinio e o Concello e a Fundación de Deportes por aportar as sillas e acercar as mesas que usamos.