{"id":5768,"date":"2024-11-17T20:12:40","date_gmt":"2024-11-17T20:12:40","guid":{"rendered":"http:\/\/www.cxfontecarmoa.com\/?p=5768"},"modified":"2024-11-17T20:12:40","modified_gmt":"2024-11-17T20:12:40","slug":"xvi-open-xadrez-mcdonalds-vilagarcia-2","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/cxfontecarmoa.com\/web\/xvi-open-xadrez-mcdonalds-vilagarcia-2\/","title":{"rendered":"XVI Open Xadrez McDonalds Vilagarc\u00eda"},"content":{"rendered":"\n<p>O pasado s\u00e1bado 16 rematou o Circuito de Promoci\u00f3n da Federaci\u00f3n Galega de Xadrez en Vilagarc\u00eda coa celebraci\u00f3n do Open do McDonalds. Un ano m\u00e1is clausuramos o circuito no Auditorio e con ampla presencia da familia xadrec\u00edstica de Galicia. <\/p>\n\n\n\n<p>Efectivamente, foron 238 os xadrecistas inscritos \u00f3 torneo, con representaci\u00f3n das catro provincias e tam\u00e9n coa participaci\u00f3n dos nosos veci\u00f1os portugueses: varios xadrecistas do equipo Col\u00e9gio Efanor vi\u00f1eron disfrutar canda n\u00f3s do seu deporte favorito. <\/p>\n\n\n\n<p>E se sumamos a iso todos os acompa\u00f1antes, pais e familiares, a organizaci\u00f3n e os representantes da Federaci\u00f3n xunt\u00e1monos m\u00e1is de 400 persoas para pechar o Circuito Galego de Promoci\u00f3n.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/cxfontecarmoa.com\/web\/wp-content\/uploads\/2024\/11\/Imagen-de-WhatsApp-2024-11-17-a-las-10.30.14_e5d13af2-1024x768.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-5775\"\/><figcaption>Os premiso e regalos agardando pola s\u00faa hora<\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p>A participaci\u00f3n foi moi nutrida nas categor\u00edas inferiores, con 33 xogadores en sub8, 45 en sub10, 49 en sub12, 23 en sub14 e 88 na categor\u00eda absoluta, fora do circuito.  Houbo varias incorporaci\u00f3ns de \u00faltima hora que plantexaron alg\u00fans problemas na organizaci\u00f3n, pois andivemos moi xusti\u00f1os de mesas. Tam\u00e9n houbo algunhas incomparecencias que afearon a competici\u00f3n, sobre todo na categor\u00eda absoluta.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/cxfontecarmoa.com\/web\/wp-content\/uploads\/2024\/11\/Imagen-de-WhatsApp-2024-11-17-a-las-10.30.13_a621ae74-1024x768.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-5769\"\/><figcaption>Podio sub8<\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p>Por categor\u00edas, en sub8 o campi\u00f3n foi Ald\u00e1n Mart\u00ednez, con 6&#8217;5 puntos sobre os 7 posibles, do CA Escola Padr\u00f3n. So deixou escapar unhas t\u00e1boas fronte a Manuel Riosdo CA Lucena, terceiro clasificado a un punto. Entre eles estivo Nuno Mora, da CIDU, con 6 puntos. A 4\u00aa e o 5\u00ba clasificados foron Beatriz Con\u00e7alves (Col\u00e9gio Efanor) e Mart\u00edn Lema (CA Escola Padr\u00f3n), empatados a 5 puntos. En s\u00e9ptima posici\u00f3n e tam\u00e9n con 5 puntos quedou Liam Puceiro, o mellor clasificado do noso club, un veterano a pesar da s\u00faa idade que est\u00e1 est\u00e1 mellorando moito o seu xogo.<\/p>\n\n\n\n<p>Os outros 10 participantes do noso club quedaron na segunda metade da t\u00e1boa, desde o posto 17. Son rapaces que levan pouco tempo xogando pero que xa disfrutaron moito nos torneos, e contamos con que o sigan facendo.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/cxfontecarmoa.com\/web\/wp-content\/uploads\/2024\/11\/Imagen-de-WhatsApp-2024-11-17-a-las-10.30.10_8c25c96a-1024x768.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-5770\"\/><figcaption>Podio sub10<\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p>A categor\u00eda sub10 ga\u00f1ouna Javier Lema, do CA Padr\u00f3n e tam\u00e9n con 6&#8217;5 puntos. S\u00f3 fixo unha t\u00e1boas co segundo clasificado, Xoel Roo, quen con 5`5 puntos levou o subcampionato para o CD Marqui\u00f1o. Tam\u00e9n cos mesmos puntos ficou Yago Brea, chegado do Xadrez Mos, e canda eles e con 5 puntos estiveron Telmo Vicente (Xadrez Rianxo) e Filipe Oliveira (Col\u00e9gio Efanor). Houbo que tirar de desempates para estes postos, pois hasta o 7\u00ba clasificado tiveron 5 puntos, entre eles Lois Roo, o 6\u00ba na xeral e mellor vilagarci\u00e1n. <\/p>\n\n\n\n<p>Sete xogadores m\u00e1is do club participaron no torneo, malia que alg\u00fans non puideron xogar o torneo enteiro. O que \u00e9 seguro \u00e9 que o pasaron moi ben non tempo que puideron estar cos seus compa\u00f1eiros e mentres xogaron as s\u00faas partidas. <\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/cxfontecarmoa.com\/web\/wp-content\/uploads\/2024\/11\/Imagen-de-WhatsApp-2024-11-17-a-las-10.30.13_4eb72164-1024x768.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-5771\"\/><figcaption>Podio sub12<\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p>En sub12 xa houbo moito nivel na parte alta do listado inicial, con 7 xogadores por riba dos 1700 puntos de elo, o primeiro preto dos 2000. Como \u00e9 l\u00f3xico, son os que coparon os primeiros postos, sendo o campi\u00f3n Iago Frutuos, quen tras perder a primeira partida ga\u00f1ou as 6 seguintes que lle valeron para ga\u00f1ar o torneo e levar o trofeo para o Col\u00e9gio Efanor. <\/p>\n\n\n\n<p>Tan s\u00f3 a medio punto estiveron os seus compa\u00f1eiros de podio: Miguel Casado (EX Pontevedra), Nicol\u00e1s Fern\u00e1ndez (EX Compostela), David Alvarez (CA Lucena) e Marcos Iglesias (Escola Luguesa). Os xogadores do noso club, a meirande parte no seu primeiro ano de competici\u00f3n, aproveitaron o torneo para pasalo ben e afacerse \u00e1 din\u00e1mica da competici\u00f3n. <\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/cxfontecarmoa.com\/web\/wp-content\/uploads\/2024\/11\/Imagen-de-WhatsApp-2024-11-17-a-las-10.30.12_811feaee-1024x768.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-5772\"\/><figcaption>Podio sub14<\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p>Os maiores da categor\u00eda de promoci\u00f3n tam\u00e9n amosaron unha grande diferencia entre os xogadores con elo e os que non o te\u00f1en. O podio cop\u00e1rono os xogadores do Xadrez Mos, cos tres primeiros postos para Javier del Valle, Mauro Castro e Hugo Souto. O primeiro con 5&#8217;5 puntos e os outros dous con 5, igual que o 4\u00ba clasificado Tom\u00e1s Costa (Col\u00e9gio Efanor) e a 5\u00aa Emma Campelo (Xadrez Oroso). <\/p>\n\n\n\n<p>Nesta categor\u00eda poucos representantes tivo o club. Os dous que xogaron quedaron polo medio da t\u00e1boa, e un, tran non vir pola ma\u00f1\u00e1, tampouco puido participar pola tarde. <\/p>\n\n\n\n<p>Xa fora do Circuito Promoci\u00f3n tivemos un torneo absoluto, no que tam\u00e9n participaron moitos rapaces que xa non poden participar no circuito de promoci\u00f3n pero que seguen gostando do xadrez. Foron moitos os participantes nados no ano 2009 e un de cada cinco naceron do ano 2000 en adiante.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/cxfontecarmoa.com\/web\/wp-content\/uploads\/2024\/11\/Imagen-de-WhatsApp-2024-11-17-a-las-10.30.12_41bc0d98-1024x768.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-5774\"\/><figcaption>Podio absoluto<\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p>En canto a clasificaci\u00f3n xeral, o Campi\u00f3n foi Manuel Anxo Caba\u00f1as, da USC, quen fixo t\u00e1boas contra o segundo clasificado e lle bastaron outras t\u00e1boas na derradeira ronda para ga\u00f1ar con 6 puntos. Con medio punto menos Miguel Morona, do CA Lucena levou o subcampionato para Vigo. E con 5&#8217;5 puntos abarc\u00e1base do 4\u00ba \u00f3 8\u00ba clasificado, sendo o 4\u00ba o Mestre FIDE Oscar de Prado, do Xadrez Arteixo, e o 5\u00ba Luca Rey Chimera, do noso CX Fontecarmoa. <\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/cxfontecarmoa.com\/web\/wp-content\/uploads\/2024\/11\/Imagen-de-WhatsApp-2024-11-17-a-las-10.30.12_9a1917d8-1024x768.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-5773\"\/><figcaption>Premiados por tramos:  veterano, feminino,  sub18 e sub16<\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p> Moi preto dos 5 premiados estiveron os ga\u00f1adores dos diferentes tramos: o sub18 foi para o Noel Casares, con 15 anos e da Escola Ames Xadrez; a campiona feminina foi Andrea Dorado, do CX Fontecarmoa, os dous cos mesmos puntos. E o sub16 foi para Iago Fern\u00e1ndez, do CD Marqui\u00f1o, con 5 puntos. O premio veterano estivo moi disputado cun triple empate a 4 puntos, pero o final foi para Ram\u00f3n N\u00fa\u00f1ez, do CA Padr\u00f3n.<\/p>\n\n\n\n<p>A representaci\u00f3n do noso club, aparte dos xa mencionados, foi moi ampla e estivo distribuida por toda a t\u00e1boa. Podemos estar orgullosos da gran afici\u00f3n que hai no noso club, cadaquen co seu nivel de xogo pero todos disfrutando orredor dos 64 escaques. <\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/cxfontecarmoa.com\/web\/wp-content\/uploads\/2024\/11\/Imagen-de-WhatsApp-2024-11-17-a-las-10.30.14_e4a93d7d-1024x768.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-5776\"\/><figcaption>Moito ambiente na entrega de premios<\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p>Para a entrega de premios do torneo e tam\u00e9n do circuito acompa\u00f1aronnos varias autoridades locais, a xerencia do McDonalds e tam\u00e9n a directiva da Federaci\u00f3n, co seu presidente Gaspar, Espi\u00f1eira, Laurenao e Paricia (s\u00f3 faltou a secretaria, Raquel, da que non nos esquecemos). Am\u00e1is do vicepresidente e secretario do CX Fontecarmoa, Angel Vilas. <\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/cxfontecarmoa.com\/web\/wp-content\/uploads\/2024\/11\/Imagen-de-WhatsApp-2024-11-17-a-las-10.30.13_ac7ab19c-1024x768.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-5777\"\/><figcaption>\u00bfEstari\u00e1n preparando a gala?<\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p>A gala foi copresentada por Julio Torrado e Lucia Maneiro, toda unha sorpresa enriba do escenario que nos fixo rir a todos, mentres seu pai estaba na garita do sonido para que todo sa\u00edra ben. <\/p>\n\n\n\n<p>Rematamos como sempre agradacendo a colaboraci\u00f3n de todos os que fixeron posible este torneo, desde o patrocinador McDonalds Vilagarc\u00eda, \u00f3 Concello  e a Fundaci\u00f3n de Deportes polas s\u00faas instalaci\u00f3ns e lox\u00edstica, a todos os que colaboramos na montaxe e recollida de todo o material. E a todos os participantes, sen os que todo este esforzo non ter\u00eda sentido. <\/p>\n\n\n\n<p><strong><em>O ano que ven, volveremos con m\u00e1is<\/em><\/strong><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O pasado s\u00e1bado 16 rematou o Circuito de Promoci\u00f3n da Federaci\u00f3n Galega de Xadrez en Vilagarc\u00eda coa celebraci\u00f3n<\/p>\n","protected":false},"author":6,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"fifu_image_url":"","fifu_image_alt":"","footnotes":""},"categories":[18,1],"tags":[],"class_list":["post-5768","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-18","category-sin-categoria"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/cxfontecarmoa.com\/web\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5768","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/cxfontecarmoa.com\/web\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/cxfontecarmoa.com\/web\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cxfontecarmoa.com\/web\/wp-json\/wp\/v2\/users\/6"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cxfontecarmoa.com\/web\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5768"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/cxfontecarmoa.com\/web\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5768\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/cxfontecarmoa.com\/web\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5768"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/cxfontecarmoa.com\/web\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5768"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/cxfontecarmoa.com\/web\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5768"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}