{"id":5376,"date":"2023-02-13T20:41:28","date_gmt":"2023-02-13T20:41:28","guid":{"rendered":"http:\/\/www.cxfontecarmoa.com\/?p=5376"},"modified":"2023-02-13T20:41:28","modified_gmt":"2023-02-13T20:41:28","slug":"campionatos-provinciais-2","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/cxfontecarmoa.com\/web\/campionatos-provinciais-2\/","title":{"rendered":"CAMPIONATOS PROVINCIAIS: segundo fin de semana"},"content":{"rendered":"\n<figure class=\"wp-block-image size-large\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/cxfontecarmoa.com\/web\/wp-content\/uploads\/2023\/02\/TorneoProvincialXadrez23-723x1024.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-5358\"\/><\/figure>\n\n\n\n<p>Co segundo fin de semana de competici\u00f3n rematan os provinciais deste ano. Unha fin de semana que empezou con problemas por atoparmos pechado o almac\u00e9n onde gardabamos todo o material <\/p>\n\n\n\n<p>O bo foi que o s\u00e1bado era unha xornada tranquila, xa que s\u00f3 xogaban os rapaces da categor\u00eda sub16. Por seren poucos fixemos a montaxe dos seus taboleiros decontado e o resto foi con m\u00e1is calma. O domingo, en cambio, xunt\u00e1ronse preto de 200 xogadores m\u00e1is as familias dos pequenos que participaron. En fin, un gran ambiente na Peixer\u00eda cun agradable d\u00eda de temperatura pracenteiro. <\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/cxfontecarmoa.com\/web\/wp-content\/uploads\/2023\/02\/PHOTO-2023-02-12-21-25-58-1024x908.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-5380\"\/><figcaption>Podio sub10<\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p>A categor\u00eda sub10 contou cunha gran participaci\u00f3n: foron 55 cativos os que participaro. David Alvarez non deu opci\u00f3ns \u00f3s seus rivais o ga\u00f1ar todas as s\u00faas partidas, algunha delas moi disputada e que acaparou a atenci\u00f3n do p\u00fablico. <\/p>\n\n\n\n<p>O segundo posto na clasificaci\u00f3n foi para o seu compa\u00f1eiro do CA Lucena Mateo Rey, que vi\u00f1a de ga\u00f1ar a categor\u00eda sub8. Con eles estivo no podio mateo Burgo, do Xadrez Mos. O mellor xogador local foi Lois Roo na s\u00e9tima posici\u00f3n.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/cxfontecarmoa.com\/web\/wp-content\/uploads\/2023\/02\/PHOTO-2023-02-12-21-26-08-1024x910.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-5379\"\/><figcaption>Podio sub12<\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p>En sub12 tam\u00e9n foron moitos os xadrecistas, 57 en total. Tras a retirada do favorito, Diego Ib\u00e1\u00f1ez, aproveitou a ocasi\u00f3n Noa Freir\u00eda, do Xadrez Mar\u00edn, que con 6 puntos acadou a primeira posici\u00f3n tras os desempates. A segunda posici\u00f3n foi para Yeray Fern\u00e1ndez, do CD Portas, tam\u00e9n con 6 puntos. O terceiro posto ga\u00f1ouno Adri\u00e1n Argud\u00edn, do Xadrez Mos, completando as\u00ed o podio.<\/p>\n\n\n\n<p>Por parte do noso club, s\u00f3 participaron 4 xogadores, dos que o mellor clasificado foi Gael Roch Czarnecki, na s\u00e9ptima posici\u00f3n.  <\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/cxfontecarmoa.com\/web\/wp-content\/uploads\/2023\/02\/PHOTO-2023-02-12-21-26-51.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-5378\"\/><figcaption>Podio sub16<\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p>A categor\u00eda sub16 xogouse as tardes do s\u00e1bado e do domingo. Quedou un pouco deslucida por haber s\u00f3 15 xogadores. Pola contra, a competici\u00f3n foi m\u00e1is disputada pois deu a oportunidade de que todos os que optaron \u00f3 podio xogaran entre si. <\/p>\n\n\n\n<p>Como curiosidade, o CX Fontecarmoa participou con 4 xogadoras, sen que houber ning\u00fan rapaz entre elas. <\/p>\n\n\n\n<p>Finalmente, tras un triple empate, o triunfo foi para Oscar Fern\u00e1ndez, do Xadrez Mos. Xunto a el estiveron Irene Diz \u00e1 s\u00faa dereita e Xabier P\u00e9rez \u00e1 s\u00faa esquerda, do CX Fontecarmoa e Xadrez Mos respectivamente. \u00b4\u00c9 salientable a actuaci\u00f3n de Paula G\u00f3mez, na que unha derrota na derradeira partida relegouna \u00e1 cuarta posici\u00f3n.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/cxfontecarmoa.com\/web\/wp-content\/uploads\/2023\/02\/PHOTO-2023-02-12-21-27-04.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-5377\"\/><figcaption>Podio da categor\u00eda absoluta<\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p>Tras o descanso da semana pasada, o domingo retomouse a categor\u00eda absoluta. Houbo unha loita moi emocionante na que en cada ronda abr\u00edanse novas posibilidades. <\/p>\n\n\n\n<p>Tras a oitava ronda dous xogadores ti\u00f1an 7 puntos, tras ga\u00f1ar todas as partidas e facer d\u00faas t\u00e1boas, mesmo entre eles. O buchholz brasileiro determinou que Mauro Sanrom\u00e1n, do Xadrez Mos, fose o vencedor, quedando en segundo lugar o Maestro Internacional Rafael Rodr\u00edguez. <\/p>\n\n\n\n<p>Cun punto menos, do club Breog\u00e1n, quedou en terceira posici\u00f3n David Torres, quen s\u00f3 perdeu a s\u00faa partida contra Mauro. Non puido estar presenta na cerimonia de entrega e recolleu o trofeo o seu compa\u00f1eiro Heladio, entre cholas e brincas por mor de que por fin recoll\u00eda un premio.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/cxfontecarmoa.com\/web\/wp-content\/uploads\/2023\/02\/1676319151651-1024x769.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-5381\"\/><figcaption>O s\u00e1bado s\u00f3 competiu sub16; o resto dos taboleiros, xa montados agardaban en silencio&#8230;<\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p>Entre a numerosa participaci\u00f3n dos xogadores do club p\u00f3dese citar a Gonzalo e Adri\u00e1n Betanzos, con 5&#8217;5 puntos, Andr\u00e9s Varela con 5 e David Su\u00e1rez con 4&#8217;5. Tam\u00e9n os 3 puntos de Antonio Jerez e a gran actuaci\u00f3n do Gran Maestro de Corrubedo e a nosa superveterana Isabel.<\/p>\n\n\n\n<p>O acto de entrega de premios foi sobre as oito e media, no que nos acompa\u00f1aron  Miro Ser\u00e9n (Presidente de la Fundaci\u00f3n de Deportes), Angel Vilas (Vicepresidente da  Federaci\u00f3n Galega de Xadrez e Secretario do CX Fontecarmoa) e Myrian G\u00f3mez (Vicepresidente do CX  Fontecarmoa).  <\/p>\n\n\n\n<p>Con esto despedimos os Campionatos Provinciais de Pontevedra hasta o ano que ven. A partir de agora xa miramos para os seguintes compromisos, en primeiro lugar os Campionatos Galegos do Entroido e no seguinte fin de semana empeza a liga. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Co segundo fin de semana de competici\u00f3n rematan os provinciais deste ano. Unha fin de semana que empezou<\/p>\n","protected":false},"author":6,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"fifu_image_url":"","fifu_image_alt":"","footnotes":""},"categories":[17],"tags":[],"class_list":["post-5376","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-17"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/cxfontecarmoa.com\/web\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5376","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/cxfontecarmoa.com\/web\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/cxfontecarmoa.com\/web\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cxfontecarmoa.com\/web\/wp-json\/wp\/v2\/users\/6"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cxfontecarmoa.com\/web\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5376"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/cxfontecarmoa.com\/web\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5376\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/cxfontecarmoa.com\/web\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5376"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/cxfontecarmoa.com\/web\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5376"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/cxfontecarmoa.com\/web\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5376"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}