{"id":4695,"date":"2018-04-14T12:35:28","date_gmt":"2018-04-14T12:35:28","guid":{"rendered":"http:\/\/www.cxfontecarmoa.com\/?p=4695"},"modified":"2018-04-14T12:35:28","modified_gmt":"2018-04-14T12:35:28","slug":"cronica-ronda8-07-04-2018-segunda-c","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/cxfontecarmoa.com\/web\/cronica-ronda8-07-04-2018-segunda-c\/","title":{"rendered":"CRONICA RONDA8 &#8211; (07-04-2018) SEGUNDA C"},"content":{"rendered":"<div><CENTER>CRONICA RONDA8 &#8211; (07-04-2018) SEGUNDA C<\/CENTER><\/p>\n<h4 style=\"text-align: center;\">SEGUNDA C<\/h4>\n<h4 style=\"text-align: center;\">CXF &#8211; LA MARINA 1 &#8211; CLUB XADREZ RIANXO B 3<\/h4>\n<p><strong>Coa auga \u00f3 pescozo e subindo.<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Este s\u00e1bado o destino quixo que houbese uns cantos enfrontamentos cos nosos veci\u00f1os do outro lado da r\u00eda, co clube da terra de Castelao, Dieste,<br \/>\nManuel Antonio\u2026.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\nEn t\u00f3dolos eles cada equipo loitaba por alcanzar os seus obxetivos particulares. En divisi\u00f3n de honra n\u00f3s xogamos por pelexar polo t\u00edtulo e eles<br \/>\npor escapar do descenso. En terceira eles xogaban polo ascenso e n\u00f3s por conseguir unha mellor clasificaci\u00f3n e botarlle unha man \u00f3 Centro Comercial<br \/>\npara acadar o t\u00edtulo do grupo. En segunda xogamos polos mesmos obxetivos, sumar o maior n\u00famero de puntos para escapar do descenso<br \/>\ne acadar unha boa clasificaci\u00f3n final.<br \/>\nCon este obxetivo nos puxemos diante dos tableiros \u00e1 hora de costume Iago Sieiro, Bouzas Collazo, Antonio Jerez e Bouzas Rial polos locais e<br \/>\nDiego Creo, Jos\u00e9 Manuel G\u00f3mez, Daniel Fern\u00e1ndez e Marcos Carou polos visitantes.<br \/>\nNa mesa unha plantexouse unha Caro-Kann, nas mesas d\u00faas e tres foi unha Escandinava e na catro unha apertura Italiana. Na mesa d\u00faas a<br \/>\nEscandinava mutou en Francesa o rehusar as blancas o pe\u00f3n de d5 o avanzar o pe\u00f3n de rei.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\nA primeira partida en rematar foi na mesa catro. A Italiana xogouse sen moitos sobresaltos, coas negras parapetadas nunha aparente s\u00f3lida<br \/>\ndefensa e as blancas sen enrocar no medio xogo. Pero o que parec\u00eda unha imprecisi\u00f3n de Marcos, avanzando h4 no que as negras nun principio<br \/>\nga\u00f1aban un pe\u00f3n, resultou que o infante \u00eda cargado de cianuro, xa que se abreu a columna h, atacando dama, torre e alfil o punto h7 provocando<br \/>\na rendici\u00f3n local.<br \/>\nPouco despois na mesa d\u00faas, na Escandifrancesa as blancas lanz\u00e1ronse \u00f3 ataque, sacrificando un cabalo con miras a conseguir logros maiores,<br \/>\npero que en realidade foi un regalo, pois non hab\u00eda nada, nada m\u00e1is que outro pe\u00f3n gratis pas negras, con cambio de damas e simplificaci\u00f3n<br \/>\nde xogo. A partida sigueu un pouco, pero Jos\u00e9 Manuel optou por inclinar o seu monarca o ver como uns cantos pe\u00f3ns blancos desaparec\u00edan do<br \/>\ntaboleiro e de como as torres negras controlaban as columnas abertas.<br \/>\nNa primeira mesa a partida foi parella moito tempo, con toques por ambolos dous bandos, ata que nun erro de concentraci\u00f3n Diego consigue un<br \/>\ndoble de pe\u00f3n a cabalo e dama. De ah\u00ed \u00f3 final Iago intentouno, tivo amenaza de mate, que foi ben defendida e no final lanzou dous pe\u00f3ns pasados<br \/>\na intentar a coronaci\u00f3n, pero foron parados polo cabalo, o cal fixo que a victoria fose po xogador for\u00e1neo.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\nNa mesa tres o partida abreuse de maneira espectacular, habendo pezas de \u00e1mbolos dous incrustadas nas l\u00edneas enemigas, con toques diversos<br \/>\ne constantes. Nun destes, Daniel consigue calidade de torre e pe\u00f3n por cabalo. Fiel a s\u00faa filosof\u00eda de non rendense xamais, Antonio loitou ata a<br \/>\nextenuaci\u00f3n, tivo moitas amenazas, que fixo que o seu contrincante tivera que fiar moi fino para sair airoso dos envites blancos, pero como non<br \/>\nt\u00f3dolos d\u00edas a sorte sonr\u00ede \u00f3 mesmo bando, as negras foron quen de non equivocarse, ir simplificando segundo se lle pu\u00f1a a tiro e rompendolle a<br \/>\nmagnifica racha do noso pichichi.<br \/>\nCon este resultado Rianxo adiantanos, e tendo en conta que te\u00f1en mellor calendario final, semella que xa son inalcanzables pa n\u00f3s.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\nA loita por evitar o descenso apr\u00e9tase e estamos cada vez m\u00e1is preto do abismo de terceira, so a un punto. Tendo en conta todo esto, so nos queda<br \/>\nseguir loitando e aplicando a filosof\u00eda cholista, partida a partida. A vindeira semana voltamos a xogar na casa, contra os de A Estrada, que est\u00e1n<br \/>\nen zona de descenso. No fai falta decir que precisamos unha victoria, canto m\u00e1is ampla mellor, para afrontar as d\u00faas \u00faltimas xornadas con un<br \/>\ncolch\u00f3n, as\u00ed que conto con v\u00f3s.<\/p>\n<address style=\"text-align: right;\">La cr\u00f3nica, a cargo de: FRANCISCO JAVIER BOUZAS COLLAZO <\/address>\n<p><CENTER><b>RESULTADOS DE LA CLASIFICACION PARA SEGUNDA C (LIGA 2018)<\/b><\/CENTER><img decoding=\"async\" style=\"width: 655px;\" class=\"aligncenter\" src=\"\/web\/laliga\/clasificaciones\/20182C.JPG\"><br \/><center><img decoding=\"async\" src=\"\/web\/laliga\/equipos\/2018%20CXF%20-%20LA%20MARINA.JPG\" title='CXF - LA MARINA'><\/center><\/br><\/p>\n<p style=\"text-align: center;\">\u00a0Sigue estos\u00a0equipos en directo en: <a href=\"https:\/\/cxfontecarmoa.com\/web\/laliga\" target=\"_blank\">https:\/\/cxfontecarmoa.com\/web\/laliga<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/cxfontecarmoa.com\/web\/liga2018\/resultados\" target=\"_blank\">Consulta los resultados del club\u00a0aqu\u00ed.<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: center;\">Sigue el resultado de las clasificaciones en:<\/br><br \/>\n<a href=\"https:\/\/www.inforede.info\/xefega\/\" target=\"_blank\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.fegaxa.org\/wp-content\/themes\/Paso\/images\/logo_xefega.jpg\" alt=\"Sigue la Liga\" width=\"236\" height=\"113\"><\/a><\/p>\n<\/div>\n<div><CENTER>CRONICA RONDA8 &#8211; (07-04-2018) SEGUNDA C<\/CENTER><\/p>\n<h4 style=\"text-align: center;\">SEGUNDA C<\/h4>\n<h4 style=\"text-align: center;\">CXF &#8211; PUB MUSARA\u00d1A 3.5 &#8211; ESCOLA USC 0.5<\/h4>\n<p><strong>Magn\u00edfica victoria que permite seguir so\u00f1ando con el ascenso.<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">A rolda desta xornada enfrontaba ao CXF-Pub Musara\u00f1a contra o Escola USC, un equipo de caracter\u00edsticas similares ao noso, con integrantes de idades similares e bo xogo e que se<br \/>\natopan nunha c\u00f3moda posici\u00f3n en media t\u00e1boa. Eramos conscientes da dificultade: obrigados a ga\u00f1ar por esixencias da clasificaci\u00f3n, ti\u00f1amos diante un combinado s\u00f3lido que non \u00eda<br \/>\npo\u00f1ernos as cousas sinxelas. Ademais, ti\u00f1amos que facer fronte ao desaf\u00edo con baixas de importancia nas nosas filas. Ali\u00f1amos ao seguinte cuarteto: Andr\u00e9s, Adri\u00e1n Betanzos, Jacobo (un<br \/>\nservidor) e Ezequiel, mentres que o Escola USC trouxo a Vilagarc\u00eda a Ram\u00f3n, David, Javier e Alexandre.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\nO encontro, como xa comentei, present\u00e1base complicado, pero o certo \u00e9 que as cousas non tardaron en po\u00f1\u00e9rsenos de cara, sobre todo grazas ao bo facer de Andr\u00e9s, que unha semana<br \/>\nm\u00e1is demostrou que se lle queda pequena a Segunda Divisi\u00f3n. A s\u00faa partida con Ram\u00f3n foi unha italiana, pero concretamente, unha das variantes m\u00e1is t\u00e1cticas e agudas. Andr\u00e9s sacrificou<br \/>\nvarios pe\u00f3ns de xeito temper\u00e1n a cambio de ter unha actividade brutal. Mentres o rei de Ram\u00f3n permanec\u00eda no centro sen poder enrocarse, o de Andr\u00e9s estaba enrocado e a s\u00faa dama e<br \/>\ntorre ameazaban demoler a posici\u00f3n do negro. Neste tipo de posici\u00f3ns, o noso compa\u00f1eiro non perdoa. Ram\u00f3n logrou sa\u00edr vivo de a\u00ed, pero foi a cambio dunha torre e de simplificar moito<br \/>\na posici\u00f3n. Nun final con torre de menos, o santiagu\u00e9s decidiu seguir xogando un rato, confiando quizais en que a s\u00faa masa de pe\u00f3ns lle dese certa compensaci\u00f3n, pero cando se deixou<br \/>\noutro golpe t\u00e1ctico decidiu acabar co sufrimento. Pasara pouco m\u00e1is dunha hora dende as cinco e xa \u00edamos ga\u00f1ando.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\nO seguinte en rematar ser\u00eda Ezequiel, en cuarta mesa. Plantexou unha portuguesa, esquema que \u00e9 posible que o seu rival non co\u00f1ecese, pois o certo \u00e9 que o noso compa\u00f1eiro quedou<br \/>\ncon moi boa posici\u00f3n na apertura. Ademais, Alexandre, o seu opo\u00f1ente, cometeu varios erros, que fixeron que a vantaxe posicional tornase en material: dous pe\u00f3ns de m\u00e1is. A\u00ednda as\u00ed, a<br \/>\npartida pod\u00eda durar bastante m\u00e1is, pero o xogador visitante tivo outro erro e permitiu un dobrete dama-torre, o cal ademais levaba a simplificaci\u00f3ns da posici\u00f3n. En canto comprobou a<br \/>\ngravidade da situaci\u00f3n, Alexandre rendeuse.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\nEran as sete e ga\u00f1abamos 2-0 e as d\u00faas partidas restantes estaban a piques de po\u00f1erse moi emocionantes. Na mi\u00f1a, eu sacrificaba unha calidade, ameazando causar estragos no seu rei<br \/>\nsen enrocar e sen defensa sinxela. Ata ent\u00f3n, a partida fora bastante tranquila, pero en diante foi unha aut\u00e9ntica monta\u00f1a rusa. O sacrificio val\u00eda e puxen ao meu rival, Javier, contra as<br \/>\ncordas. O seu rei tivo que iniciar a fuxida mentres eu recuperaba o material sacrificado e incluso o ampliaba. Estaba sendo unha aut\u00e9ntica malleira, pero ent\u00f3n, cando ti\u00f1a todo ao favor,<br \/>\nfoi cando veu o meu erro. Pasei por alto unha li\u00f1a bastante evidente na que me com\u00edan a dama a cambio de peza e torre. A posici\u00f3n resultante segu\u00eda sendo boa para min, ti\u00f1a tres pezas<br \/>\npola dama, dous pe\u00f3ns pasados e ligados e exist\u00edan varias redes de mate, polo que Javier deb\u00eda xogar moi fino. Pero iso non exculpa o feito de que, con todo a favor, din aire ao meu rival<br \/>\npor non calcular ata o final t\u00f3dalas li\u00f1as cr\u00edticas. Afortunadamente, a vantaxe que ti\u00f1a era tal que o erro puido remediarse, o rival non xogou con tino e acabou deix\u00e1ndose mate. Ao seu<br \/>\nfavor dicir que a defensa non era sinxela e a s\u00faa posici\u00f3n era realmente delicada. En todo caso, admitamos que nesta partida tivemos algo de sorte.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\nA \u00faltima en rematar foi a de Adri\u00e1n contra David. Ao mesmo tempo que eu sacrificaba calidade, David fac\u00eda un sacrificio de peza, bastante m\u00e1is dubidoso. De t\u00f3dolos xeitos, Adri\u00e1n<br \/>\ncalculou con profundidade e, tras facelo, decidiu devolver material, sacrificando a dama por torre e peza, para asegurarse de que o seu opo\u00f1ente non ti\u00f1a nada. Na posici\u00f3n resultante,<br \/>\nAdri\u00e1n ti\u00f1a torre e tres pezas contra dama e peza de David. Se algu\u00e9n estaba mellor, era case sen d\u00fabida o noso camarada, pois ti\u00f1a bastante m\u00e1is actividade. De t\u00f3dolos xeitos, os temores<br \/>\na perder unha peza que estaba no aire acabaron facendo tomar a Adri\u00e1n unha decisi\u00f3n conservadora e xogar a xaques perpetuos. Deste xeito, a \u00faltima partida rematou en t\u00e1boas e o<br \/>\nencontro 3.5-0.5.<br \/>\nUn resultado contundente e, sen lugar a d\u00fabidas, positivo, a\u00ednda que somos conscientes de que na situaci\u00f3n na que estamos debemos intentar facer os m\u00e1ximos puntos posibles. Ademais,<br \/>\nparalelamente temos que estar pendentes sempre e mirando de esguello os marcadores do resto de equipos que est\u00e1n na pugna polo ascenso e que nos seguen a pouca distancia, sen dar<br \/>\no brazo a torcer. Podemos  &#8230; &#8211;ver hemeroteca.<\/p>\n<address style=\"text-align: right;\">La cr\u00f3nica, a c<br \/><CENTER><b>RESULTADOS DE LA CLASIFICACION PARA SEGUNDA C (LIGA 2018)<\/b><\/CENTER><img decoding=\"async\" style=\"width: 655px;\" class=\"aligncenter\" src=\"\/web\/laliga\/clasificaciones\/20182C.JPG\"><br \/><center><img decoding=\"async\" src=\"\/web\/laliga\/equipos\/2018%20CXF%20-%20PUB%20MUSARA%C3%91A.JPG\" title='CXF - PUB MUSARA\u00d1A'><\/center><\/br><\/p>\n<p style=\"text-align: center;\">\u00a0Sigue estos\u00a0equipos en directo en: <a href=\"https:\/\/cxfontecarmoa.com\/web\/laliga\" target=\"_blank\">https:\/\/cxfontecarmoa.com\/web\/laliga<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/cxfontecarmoa.com\/web\/liga2018\/resultados\" target=\"_blank\">Consulta los resultados del club\u00a0aqu\u00ed.<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: center;\">Sigue el resultado de las clasificaciones en:<\/br><br \/>\n<a href=\"https:\/\/www.inforede.info\/xefega\/\" target=\"_blank\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.fegaxa.org\/wp-content\/themes\/Paso\/images\/logo_xefega.jpg\" alt=\"Sigue la Liga\" width=\"236\" height=\"113\"><\/a><\/p>\n<\/div>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>CRONICA RONDA8 &#8211; (07-04-2018) SEGUNDA C SEGUNDA C CXF &#8211; LA MARINA 1 &#8211; CLUB XADREZ RIANXO B<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"fifu_image_url":"","fifu_image_alt":"","footnotes":""},"categories":[86],"tags":[199],"class_list":["post-4695","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-liga-2018","tag-liga2018"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/cxfontecarmoa.com\/web\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4695","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/cxfontecarmoa.com\/web\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/cxfontecarmoa.com\/web\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cxfontecarmoa.com\/web\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cxfontecarmoa.com\/web\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4695"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/cxfontecarmoa.com\/web\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4695\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/cxfontecarmoa.com\/web\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4695"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/cxfontecarmoa.com\/web\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4695"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/cxfontecarmoa.com\/web\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4695"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}