XVI Open Xadrez McDonalds Vilagarcía
O pasado sábado 16 rematou o Circuito de Promoción da Federación Galega de Xadrez en Vilagarcía coa celebración do Open do McDonalds. Un ano máis clausuramos o circuito no Auditorio e con ampla presencia da familia xadrecística de Galicia.
Efectivamente, foron 238 os xadrecistas inscritos ó torneo, con representación das catro provincias e tamén coa participación dos nosos veciños portugueses: varios xadrecistas do equipo Colégio Efanor viñeron disfrutar canda nós do seu deporte favorito.
E se sumamos a iso todos os acompañantes, pais e familiares, a organización e os representantes da Federación xuntámonos máis de 400 persoas para pechar o Circuito Galego de Promoción.
A participación foi moi nutrida nas categorías inferiores, con 33 xogadores en sub8, 45 en sub10, 49 en sub12, 23 en sub14 e 88 na categoría absoluta, fora do circuito. Houbo varias incorporacións de última hora que plantexaron algúns problemas na organización, pois andivemos moi xustiños de mesas. Tamén houbo algunhas incomparecencias que afearon a competición, sobre todo na categoría absoluta.
Por categorías, en sub8 o campión foi Aldán Martínez, con 6’5 puntos sobre os 7 posibles, do CA Escola Padrón. So deixou escapar unhas táboas fronte a Manuel Riosdo CA Lucena, terceiro clasificado a un punto. Entre eles estivo Nuno Mora, da CIDU, con 6 puntos. A 4ª e o 5º clasificados foron Beatriz Conçalves (Colégio Efanor) e Martín Lema (CA Escola Padrón), empatados a 5 puntos. En séptima posición e tamén con 5 puntos quedou Liam Puceiro, o mellor clasificado do noso club, un veterano a pesar da súa idade que está está mellorando moito o seu xogo.
Os outros 10 participantes do noso club quedaron na segunda metade da táboa, desde o posto 17. Son rapaces que levan pouco tempo xogando pero que xa disfrutaron moito nos torneos, e contamos con que o sigan facendo.
A categoría sub10 gañouna Javier Lema, do CA Padrón e tamén con 6’5 puntos. Só fixo unha táboas co segundo clasificado, Xoel Roo, quen con 5`5 puntos levou o subcampionato para o CD Marquiño. Tamén cos mesmos puntos ficou Yago Brea, chegado do Xadrez Mos, e canda eles e con 5 puntos estiveron Telmo Vicente (Xadrez Rianxo) e Filipe Oliveira (Colégio Efanor). Houbo que tirar de desempates para estes postos, pois hasta o 7º clasificado tiveron 5 puntos, entre eles Lois Roo, o 6º na xeral e mellor vilagarcián.
Sete xogadores máis do club participaron no torneo, malia que algúns non puideron xogar o torneo enteiro. O que é seguro é que o pasaron moi ben non tempo que puideron estar cos seus compañeiros e mentres xogaron as súas partidas.
En sub12 xa houbo moito nivel na parte alta do listado inicial, con 7 xogadores por riba dos 1700 puntos de elo, o primeiro preto dos 2000. Como é lóxico, son os que coparon os primeiros postos, sendo o campión Iago Frutuos, quen tras perder a primeira partida gañou as 6 seguintes que lle valeron para gañar o torneo e levar o trofeo para o Colégio Efanor.
Tan só a medio punto estiveron os seus compañeiros de podio: Miguel Casado (EX Pontevedra), Nicolás Fernández (EX Compostela), David Alvarez (CA Lucena) e Marcos Iglesias (Escola Luguesa). Os xogadores do noso club, a meirande parte no seu primeiro ano de competición, aproveitaron o torneo para pasalo ben e afacerse á dinámica da competición.
Os maiores da categoría de promoción tamén amosaron unha grande diferencia entre os xogadores con elo e os que non o teñen. O podio copárono os xogadores do Xadrez Mos, cos tres primeiros postos para Javier del Valle, Mauro Castro e Hugo Souto. O primeiro con 5’5 puntos e os outros dous con 5, igual que o 4º clasificado Tomás Costa (Colégio Efanor) e a 5ª Emma Campelo (Xadrez Oroso).
Nesta categoría poucos representantes tivo o club. Os dous que xogaron quedaron polo medio da táboa, e un, tran non vir pola mañá, tampouco puido participar pola tarde.
Xa fora do Circuito Promoción tivemos un torneo absoluto, no que tamén participaron moitos rapaces que xa non poden participar no circuito de promoción pero que seguen gostando do xadrez. Foron moitos os participantes nados no ano 2009 e un de cada cinco naceron do ano 2000 en adiante.
En canto a clasificación xeral, o Campión foi Manuel Anxo Cabañas, da USC, quen fixo táboas contra o segundo clasificado e lle bastaron outras táboas na derradeira ronda para gañar con 6 puntos. Con medio punto menos Miguel Morona, do CA Lucena levou o subcampionato para Vigo. E con 5’5 puntos abarcábase do 4º ó 8º clasificado, sendo o 4º o Mestre FIDE Oscar de Prado, do Xadrez Arteixo, e o 5º Luca Rey Chimera, do noso CX Fontecarmoa.
Moi preto dos 5 premiados estiveron os gañadores dos diferentes tramos: o sub18 foi para o Noel Casares, con 15 anos e da Escola Ames Xadrez; a campiona feminina foi Andrea Dorado, do CX Fontecarmoa, os dous cos mesmos puntos. E o sub16 foi para Iago Fernández, do CD Marquiño, con 5 puntos. O premio veterano estivo moi disputado cun triple empate a 4 puntos, pero o final foi para Ramón Núñez, do CA Padrón.
A representación do noso club, aparte dos xa mencionados, foi moi ampla e estivo distribuida por toda a táboa. Podemos estar orgullosos da gran afición que hai no noso club, cadaquen co seu nivel de xogo pero todos disfrutando orredor dos 64 escaques.
Para a entrega de premios do torneo e tamén do circuito acompañaronnos varias autoridades locais, a xerencia do McDonalds e tamén a directiva da Federación, co seu presidente Gaspar, Espiñeira, Laurenao e Paricia (só faltou a secretaria, Raquel, da que non nos esquecemos). Amáis do vicepresidente e secretario do CX Fontecarmoa, Angel Vilas.
A gala foi copresentada por Julio Torrado e Lucia Maneiro, toda unha sorpresa enriba do escenario que nos fixo rir a todos, mentres seu pai estaba na garita do sonido para que todo saíra ben.
Rematamos como sempre agradacendo a colaboración de todos os que fixeron posible este torneo, desde o patrocinador McDonalds Vilagarcía, ó Concello e a Fundación de Deportes polas súas instalacións e loxística, a todos os que colaboramos na montaxe e recollida de todo o material. E a todos os participantes, sen os que todo este esforzo non tería sentido.
O ano que ven, volveremos con máis