«
»

VII TORNEO INTERNACIONAL CONCELLO DE RIANXO

21399268da314653acc127d01140ad9658710465

 

 

BASES
VII TORNEO INTERNACIONAL CONCELLO DE RIANXO
29 DE AGOSTO DE 2015

Válido para ELO FIDE de Rápidas
Válido para o X Circuito Galego de Promoción

Organiza: Club Xadrez Rianxo
Patrocina: Concello de Rianxo e Deputación de A Coruña
Colabora: Xunta de Galicia, Deporte Galego, Federación Galega de Xadrez e Conservera de Rianxo
Local de xogo: Pabillón municipal de Rianxo Ritmo de xogo: Sistema suizo a 7 ou máis rondas segundo o número de inscritos.

Será de 15 minutos + 3 segundos/xogada para a categoría absoluta e 15 mininutos finish para as categorias sub 8,10,12,14 e aficionados. Acelerado na categoría absoluta.
O árbitro principal será o árbitro FIDE Francisco Ogando González.

Categorías:
Sub- 8 : nados no ano 2007 e posteriores.
Sub-10 : nados nos anos 2005-2006.
Sub-12 : nados nos anos 2003-2004.
Sub-14 : nados nos anos 2001-2002.

Afecionados: xogadores non federados ou sen elo que desexen participar.

Absoluta: Todos os xogadores con licencia federativa.
Todos os xogadores federados menores de 14 anos que teñan elo fide poden xogar na categoría absoluta.

Calendario de xogo:
10:30 : Presentación das listas de xogadores e pagamento
11:00 : Ronda 1ª.
11:50: Ronda 2ª.
12:40 : Ronda 3ª.
15:30 : Ronda 4ª.
16:20 : Ronda 5ª.
17:10 : Ronda 6ª.
18:00 : Ronda 7ª.
19:30 : Clausura, entrega de premios.

Inscripcións: 6 euros antes da primeria rolda no local de xogo.

Exentos xogadores titulados, menores de 14 anos que non xoguen na categoría absoluta, os xogadores da categoría afeccionados e xogadores do Club Xadrez Rianxo.

Deberá facerse en escolaxadrezrianxo@gmail.com ou en www.xadrezrianxo.com indicando o nome, apelidos, data de nacemento, club, categoría e elo fide (da última lista publicada pola FIDE antes do inicio do torneo).

O prazo límite para inscribirse será o xoves 27 de agosto ás 12:00h.
Permitiranse dous byes de 0 (cero) puntos dentro das catro primeiras rondas.
Para solicitalos haberá que enviar un correo electrónico con “acuse de recibo” que deberá ser validado polo organizador.

Premios:
Categoría absoluta:

1º clasificado: 500 € + trofeo
2º clasificado: 300 € + trofeo
3º clasificado: 200 € + trofeo
4º clasificado: 100 €
5º clasificado: 75 €
6º clasificado: 50 €
7º clasificado: 50 €
8º clasificado: 25 €

Xeral: Equipos

1º clasificado: trofeo
2º clasificado: trofeo
3º clasificado: trofeo

Tramos de ELO:
1º sub-2200 100 € + trofeo 2º sub-2200 50 € 3º sub-2200 25 €
1º sub-2000 100 € + trofeo 2º sub-2000 50 € 3º sub-2000 25 €
1º sub-1800 100 € + trofeo 2º sub-1800 50 € 3º sub-1800 25 €
1ºsin elo FIDE 50 € + trofeo 1º veterán 50 €+ trofeo 1º femenino 50€+ trofeo
1º local trofeo 1º sub 18 trofeo

Para os premios dos equipos contarán os catro mellores tableiros clasificados podendo ter inscritos un mínimo de tres xogadores.

Os premios non son acumulables. En caso de gañar dous aplicarase o de maior cuantía.
Categoría afeccionados: Trofeo aos tres primeiros clasificados.

Categoría sub14,12,10 e 8: Trofeo aos cinco primeiros clasificados.

Sortearánse importantes regalos e todos os participantes recibirán un agasallo.
Para recoller os premios é obrigatorio estar na ceremonia de clausura.

A participación no torneo supón a aceptación destas bases.

As presentes bases poderán ser modificadas sin previo aviso, sen outra obriga que publicalas no enlace http://www.xadrezrianxo.com/ Nota: Os delegados de cada club e xogadores inscritos autorizan a organización do torneo a difusión de información ou a utilización de imaxes, nome de equipo e dos seus xogadores nos medios de comunicación ou en publicidades e memorias da competición, sempre que non representen menoscabo da súa honra ou reputación, ou que sexa contraria aos seus interesese sempre dentro do marco legal que se fixa no Código Civil, na ley de Enjuiciamiento Civil e na Ley Orgánica 15/99 do 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Personal.

Inscríbete no torneo

Data límite o xoves 27 de agosto ás 12:00.

 

Listaxe de inscritos

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.