CAMPIONATOS PROVINCIAIS 2020
sub8 sub10 sub12 sub14 sub16 sub18 absoluto
Un ano máis o noso club colabora na organización dos campionatos provinciais de xadrez en colaboración ca Federación Galega de Xadrez e o Concello. Volvermos xogar no Auditorio Municipal, un dos mellores locais dos que dispoñemos na vila e con cabida para os centos de xogadores que adoitan participar ano tras ano.
A competición desenvolverase os días 18 e 19 de Xaneiro en horario de tarde para as categorías inferiores hasta sub16 e en horario de mañá tarde para as categorías sub18 e abosoluto, xa que ó xogaren a ritmo lento (precisarán anotar as partidas) non hai tempo abondo polas tardes. Os ritmos de xogo son os mínimos que marca o Regulamento de Competicións da FEGAXA.
Como novidade, este ano a categoría absoluta vai xogar 8 rondas, catro o sábado e outras catro o domingo. Xa levabamos varios anos preto dos 64 xogadores máximos que permiten 6 rondas, e o ano pasado superamos esa cifra. Iso obrigou a aumentar unha ronda o sábado pola mañá a tres días do campionato. Este ano queremos evitar esas sorpresas e partimos dun maior número de rondas.
Non sei cantos lembraredes a enquisa feita o ano pasado na que se preguntaba polo formato da competición. A opción de 1 ronda pola mañá non gustou a ninguén; e entre xogar 3 o sábado pola tarde ou dúas pola mañá gañou esta última. Ten tamén a vantaxa de que xogar máis rondas fai un mellor torneo. Por iso optamos por xogar 8 rondas en catro sesións de dúas rondas, empezando o sábado pola mañá.
Deixamos a continuación as bases onde podedes consultar todos os detalles do torneo. Tan so salientar dúas cousas: que sub18 e absoluto van xogar a ritmo lento e terán que anotar as partidas; e que o prazo de inscripcións remata o día 15.
BASES
Organizador do torneo: Federación Galega de Xadrez
Colaboran: Club Xadrez Fontecarmoa – Concello de Vilagarcía de Arousa
Datas: Sábado 18 e Domingo 19 de Xaneiro de 2020.
Lugar de xogo: Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa (a carón do Porto Deportivo).
Categorías:
Sub – 08 “Promesas”: nados nos anos 2012 e posteriores.
Sub – 10 “Benxamíns”: nados nos anos 2011 e 2010.
Sub – 12 “Alevíns”: nados nos anos 2009 e 2008.
Sub – 14 “Infantís”: nados nos anos 2007 e 2006.
Sub – 16 “Cadetes”: nados nos anos 2005 e 2004.
Sub – 18 “Xuvenís”: nados nos anos 2003 e 2002.
Absoluto / Senior: nados nos anos 2001 e anteriores.
Sistema de xogo:
Categorías Sub-8, Sub-10 e Sub-12: suizo a 8 roldas 30 min finish; aplicarase o apéndice G
Categorías Sub-14 e Sub-16: Suizo a 6 roldas 30 minutos +15 seg por movemento
Aplicarase o artigo A4 (partidas sen supervisión axeitada)
Categorías Sub-18: suizo a 6 roldas 45 min + 15 seg por movemento
Absoluta: suizo a 8 roldas 45 min + 15 seg por movemento
*Posibilidade de modificar o número de roldas segundo o número de inscritos. A organización está obrigada a anunciar calquera cambio con 48 horas de antelación na web www.fegaxa.org
Calendario de competición:
Categorías Sub-8, Sub-10 e Sub-12
Rolda 1 Sábado 18 16:00
Rolda 2 Sábado 18 17:00
Rolda 3 Sábado 18 18:00
Rolda 4 Sábado 18 19:00
Rolda 5 Domingo 19 16:00
Rolda 6 Domingo 19 17:00
Rolda 7 Domingo 19 18:00
Rolda 8 Domingo 19 19:00
Categorías Sub-14 e Sub-16
Rolda 1 Sábado 18 16:00
Rolda 2 Sábado 18 17:30
Rolda 3 Sábado 18 19:00
Rolda 4 Domingo 19 16:00
Rolda 5 Domingo 19 17:30
Rolda 6 Domingo 19 19:00
Categorías Sub-18
Rolda 1 Sábado 18 16:00
Rolda 2 Sábado 18 18:00
Rolda 3 Domingo 19 10:00
Rolda 4 Domingo 19 12:00
Rolda 5 Domingo 19 16:00
Rolda 6 Domingo 19 18:00
Categoría Absoluta
Rolda 1 Sábado 18 10:00
Rolda 2 Sábado 18 12:00
Rolda 3 Sábado 18 16:00
Rolda 4 Sábado 18 18:00
Rolda 5 Domingo 19 10:00
Rolda 6 Domingo 19 12:00
Rolda 7 Domingo 19 16:00
Rolda 8 Domingo 19 18:00
Inscricións: Ata as 20:00 horas do día 15 de xaneiro en torneos@cxfontecarmoa.com indicando nome, apelidos, categoría e Club. Poderán participar os xogadores federados na tempada 2020 en clubs da provincia de Pontevedra e que teñan nacionalidade española, bandeira deportiva FIDE española e ser seleccionables por Galicia.
Poderanse solicitar byes sen puntos antes da primeira rolda. Os solicitados posteriormente requirirán consentimento arbitral.
Desempates:
- Buchholz brasileiro
- Buchholz total
- Sonneborn-Berger
- APRO
- De persistir o empate nos primeiros postos, decidirase ó mellor de dúas partidas a ritmo rápido de cinco minutos, sorteando os colores na primeira; de seguir empatados xogarase un Armagedón con 5 minutos para as brancas e 4 minutos para as negras.
As partidas non disputadas computarán na modalidade de rival virtual a efectos de desempate.
Inicio das partidas: á hora indicada para o inicio da sesión, poranse en marcha os reloxos dos xogadores que teñan pezas brancas. O tempo permitido de retraso é ata a caída de bandeira.
Director do Torneo: Angel Francisco Vilas Fernández.
Arbitro principal: AI Evaristo Rodríguez López. Torneo Absoluto y Sub-18.
Árbitros auxiliares:
- AA Christian Abal Cores. Torneo categoría Sub-16.
- AA Martín García Paz. Torneo categoría Sub-14.
- AB Manuel Suárez Vallejo. Torneo categoría Sub-12.
- AB José Joaquín Leal Montáns. Torneo categoría Sub-10.
- AB Roberto Vidal Valtuille. Torneo categoría Sub-8.
Premios: para os tres primeiros clasificados de cada categoría.
Obsequios: recordos por participar a todos os xogadores que finalicen o torneo, ca colaboración da CONCELLERIA DE CULTURA e DEPORTES RODAS.
Clausura: ás 20:30 horas do domingo no Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa.
Aceptación: os delegados de cada club e os xogadores inscritos, autorizan á organización do torneo á difusión de información ou á utilización de imaxes ou do nome do equipo e os dos seus xogadores nos medios de comunicación ou en publicidades e memorias da competición, sempre que non representen menoscabo da súa honra ou reputación, ou que sexa contraria aos seus intereses, e sempre dentro do marco legal que se fíxa no Código Civil, na Lei de Enxuizamento Civil e na Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de Protección de Datos Personais e Garantía dos Dereitos Dixitais.
CESIÓN DE DEREITOS DE IMAXE
A inscripción neste torneo implica a aceptación das bases do mesmo así como autoriza de forma expresa e voluntaria á ORGANIZACIÓN, a empregar gratuitamente os vídeos, imaxes e/ou audios nos que este interveña, incluso aqueles facilitados polo mesmo coa finalidade de:
Publicar nas páxinas web así como en calquera das redes sociais das que forme parte ou outra publicación impresa e/ou dixitall co fin de dar unha maior visibilidade e/ou difusión á actividade da Organización.
Dita autorización refírese á totalidade dos usos que poidan ter os vídeos, imaxes e/ou audios nos que apareza, empregando os medios técnicos coñecidos na actualidade e os que poideran desenvolverse no futuro, e para calquer aplicación. Todo elo coa única salvedade e limitación de aquelas utilizacións ou aplicacións que poideran atentar contra o dereito ao honor nos térmos previstos na Lei Orgánica 1/1982, de 5 de maio, de Protección Civil ao Dereito ao Honor, a Intimidade Persoal e Familiar e á Propia Imaxe.
A autorización non fixa ningún límite de tempo para a súa concesión nin para a explotación nas que apareza, polo que a autorización considérase concedida por un prazo de tempo ilimitado.
Esta autorización pode ser revocada en calquer momento polo Interesado, coa salvedade de aquelas actuacións/campañas que estean en marcha, en cuxo caso deberán finalizar para que empece a facer efecto a revocación, polo que a retirada do consentimento, non terá carácter retroactivo.