«

TORNEO PROVINCIAL DE PONTEVEDRA 2025

Un ano máis o CX Fontecarmoa colabora coa Federación Galega de Xadrez na organziación dos campionatos provinciais de idades. Nesta publicación podedes consultar as bases e tamén vos deixamos uns enlaces a Info64, onde podedes consultar as vosas inscripcións.

As inscripcións deben facerse a través dos clubs, indicando categoría, nome, apelidos e código FIDE do xogador. Tamén no seguinte enlace para os que teñan código FIDE Tede en conta que hay que estar federado para poder participar e que en ritmo lento é obrigatorio apuntar as partidas. Lembrade tamén que as inscripcións teñen que ser confirmadas pola Federación, polo que rematado o prazo non serán posibles as inscripcións.

Listado de inscritos

sub8 sub10 sub12 sub14 sub16 sub18 abs

BASES

Organizador do torneo:   Federación Galega de Xadrez

Colaboran:   Club Xadrez Fontecarmoa  –  Concello de Vilagarcía de Arousa

Datas: días 18, 19, 25 e 26 de Xaneiro do 2025

Lugar de xogo: Praza da Peixería de Vilagarcía de Arousa (a carón do Xulgado e da Policía).

Categorías:

  • Sub – 08 “Promesas”: nados nos anos 2017 e posteriores
  • Sub – 10 “Benxamíns”: nados nos anos 2016 e 2015
  • Sub – 12 “Alevíns”: nados nos anos 2014 e 2013
  • Sub – 14 “Infantís”: nados nos anos 2012 e 2011
  • Sub – 16 “Cadetes”: nados nos anos 2010 e 2009
  • Sub – 18 “Xuvenís”: nados nos anos 2008 e 2007
  • Absoluto: nados nos anos 2006 e anteriores.

Se nalgunha categoría non hai 6 participantes agruparanse as categorías segundo o  indicado no artigo 59.2.1 do Regulamento de competicións da FEGAXA.

Sistema de xogo*:  

  • Categorías Sub-8, Sub-10 e Sub-12: suizo a 7 rondas 30 min finish; aplicarase a Directriz III.4
  • Categorías Sub-14 e Sub-16: suizo a 6 rondas 30 minutos +15 seg por movemento
  • Categorías Sub-18: suizo a 6 rondas 45 min + 15 seg/mov**
  • Categoría absoluta: suizo a 8 rondas 45 min + 15 seg/mov **

*Posibilidade de modificar o número de roldas segundo o número de inscritos. A organización está obrigada a anunciar calquera cambio con 48 horas de antelación na web www.fegaxa.org

** Ritmo Lento: é obrigatorio apuntar as partidas

Para as partidas rápidas aplicarase o artigo A5 (partidas sen supervisión axeitada)

Empregarase o programa de emparellamento VEGA e non se admitirán reclamacións ós emparellamentos nin desempates calculados.

Byes: poderanse solicitar byes sen puntos antes da primeira rolda. Os solicitados posteriormente requirirán consentimento arbitral.

Tempo de espera: media hora e de acordo coas Leis do Xadrez (artigo 6)

Dispositivos electrónicos: permítese ter os teléfonos móviles gardados nunha bolsa completamente apagados e sen facer usos deles durante as partidas. Se algún dispositivo fixera calquera ruido perderase a partida.

Calendario de competición:

Categorías Sub-8 e Sub12                             Categorías Sub-16

Rolda 1    Domingo 19       11:00                     Rolda 1    Sábado 18        16:00

Rolda 2    Domingo 19       12:00                     Rolda 2    Sábado 18        17:30

Rolda 3    Domingo 19       13:00                     Rolda 3    Sábado 18        19:00

Rolda 4    Domingo 19       16:00                     Rolda 4    Domingo 19    16:00

Rolda 5    Domingo 19       17:00                     Rolda 5    Domingo 19    17:30

Rolda 6    Domingo 19       18:00                     Rolda 6    Domingo 19    19:00

Rolda 7    Domingo 19       19:00

 

Categorías Sub-10                                           Categorías Sub-14

Rolda 1    Domingo 26       11:00                     Rolda 1    Sábado 25        16:00

Rolda 2    Domingo 26       12:00                     Rolda 2    Sábado 25        17:30

Rolda 3    Domingo 26       13:00                     Rolda 3    Sábado 25        19:00

Rolda 4    Domingo 26       16:00                     Rolda 4    Domingo 26    16:00

Rolda 5    Domingo 26       17:00                     Rolda 5    Domingo 26    17:30

Rolda 6    Domingo 26       18:00                     Rolda 6    Domingo 26    19:00

Rolda 7    Domingo 26       19:00

 

Categorías Sub-18                                           Categoría  Absoluta

Rolda 1    Sábado 25           16:00                     Rolda 1    Domingo 19    10:00

Rolda 2    Sábado 25           18:00                     Rolda 2    Domingo 19    12:00

Rolda 3    Domingo 26       10:00                      Rolda 3    Domingo 19    16:00

Rolda 4    Domingo 26       12:00                      Rolda 4    Domingo 19    18:00

Rolda 5    Domingo 26       16:00                      Rolda 5    Domingo 26    10:00

Rolda 6    Domingo 26       18:00                      Rolda 6    Domingo 26    12:00

                                                                              Rolda 7    Domingo 26    16:00

                                                                              Rolda 8    Domingo 26    18:00

Clausura: ás 20:30 horas de cada día final de competición.

Desempates:

  1. Enfrontamento directo (DE)
  2. Buchholz -1 (BH-C1)*
  3. Buchholz total (BH)*
  4. Media do Buchholz dos oponentes (AOB)*
  5. APRO**
  6. Sorteo

* Nas partidas non disputadas aplicarase a modalidade Kallithea 2009 da FIDE tanto para o cálculo dos rivais como do propio xogador

** Para os xogadores sen elo considerarase un elo 1400

Inscricións: a través dos clubs en torneos@cxfontecarmoa.com ou no formulario https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSdGirJPi0f1nKJ4xoxliv4O6qMvO__J_hikVfND1N_JLhT6MA/viewform?usp=sharing indicando código FIDE, nome, apelidos, categoría e club ata:

  • Categoría sub-8, sub-12, sub16 e absoluto: ás 16:00 do 16 de Xaneiro.
  • Categoría sub-10, sub-14 e sub-18: as 16:00 do 23 de Xaneiro.

Poderán participar os xogadores federados na tempada 2025 en clubs e xogadores independentes da provincia de Pontevedra e que teñan nacionalidade española, bandeira deportiva FIDE española e ser seleccionables por Galicia.

Director do Torneo: Angel Francisco Vilas Fernández.

Arbitro principal: AI Evaristo Rodríguez López

Árbitros auxiliares:

  • AA Lucas Abal Cores
  • AAB Manuel Suárez Vallejo
  • AAB Roberto Vidal Valtuille

Delegada de Protección do Menor: Myrian Gómez Andrés

Comité de apelación: estará formado polo director do torneo, árbitro principal e os árbitros adxuntos hasta un total de 5 membros (artigo 59.2.2.6 do Regulamento Xeral de Competicións da FEGAXA).

 

Premios: para os tres primeiros clasificados de cada categoría.

Aceptación: os delegados de cada club e os xogadores inscritos, autorizan á organización do torneo á difusión de información ou á utilización de imaxes ou do nome do equipo e os dos seus xogadores nos medios de comunicación ou en publicidades e memorias da competición, sempre que non representen menoscabo da súa honra ou reputación, ou que sexa contraria aos seus intereses, e sempre dentro do marco legal que se fíxa no Código Civil, na Lei de Enxuizamento Civil e na Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de Protección de Datos Personais e Garantía dos Dereitos Dixitais.

 

CESIÓN DE DEREITOS DE IMAXE

A inscripción neste torneo implica a aceptación das bases do mesmo así como autoriza de forma expresa e voluntaria á ORGANIZACIÓN, a empregar gratuitamente os vídeos, imaxes e/ou audios nos que este interveña, incluso aqueles facilitados polo mesmo coa finalidade de publicar nas páxinas web así como en calquera das redes sociais das que forme parte ou outra publicación impresa e/ou dixital co fin de dar unha maior visibilidade e/ou difusión á actividade da Organización.

Dita autorización refírese á totalidade dos usos que poidan ter os vídeos, imaxes e/ou audios nos que apareza, empregando os medios técnicos coñecidos na actualidade e os que puideran desenvolverse no futuro, e para calquera aplicación. Todo elo coa única salvedade e limitación daquelas utilizacións ou aplicacións que puideran atentar contra o dereito ao honor nos térmos previstos na Lei Orgánica 1/1982, de 5 de maio, de Protección Civil ao Dereito ao Honor, a Intimidade Persoal e Familiar e á Propia Imaxe.

A autorización non fixa ningún límite de tempo para a súa concesión nin para a explotación nas que apareza, polo que a autorización considérase concedida por un prazo de tempo ilimitado.

Esta autorización pode ser revocada en calquera momento polo Interesado, coa salvedade de aquelas actuacións/campañas que estean en marcha, en cuxo caso deberán finalizar para que empece a facer efecto a revogación, polo que a retirada do consentimento non terá carácter retroactivo.

 

Ultimos 10 articulos relacionados con 2025:
TORNEO PROVINCIAL DE PONTEVEDRA 2025
SOCIAL 2025
... Ver más.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.