«
»

TORNEO PROVINCIAL PONTEVEDRA 2018

Provincial 2018

 Listado de inscritos por categorías

sub8    sub10   sub12    sub14    sub16    sub18    absoluta

BASES

Organizador do torneo: Club Xadrez Fontecarmoa – Federación Galega de Xadrez

Datas: Sábado 20 e Domingo 21 de Xaneiro de 2018.

Lugar de xogo: Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa (a carón do Porto Deportivo).

Categorías:

Sub – 08 “Promesas”: nados nos anos 2010 e posteriores.
Sub – 10 “Benxamíns”: nados nos anos 2009 e 2008.
Sub – 12 “Alevíns”: nados nos anos 2007 e 2006.
Sub – 14 “Infantís”: nados nos anos 2005 e 2004.
Sub – 16 “Cadetes”: nados nos anos 2003 e 2002.
Sub – 18 “Xuvenís”: nados nos anos 2001 e 2000.
Absoluto / Senior: nados nos anos 1999 e anteriores.

Sistema de xogo:

Categorías Sub-8, Sub-10 e Sub-12: suizo a 8 roldas 30 min finish; aplicarase o apéndice G
Categorías Sub-14 e Sub-16: Suizo a 6 roldas 30 minutos +15 seg por movemento
Se aplicará el artículo A4 (partidas sin supervisión adecuada)
Categorías Sub-18 e Absoluta: suizo a 6 roldas 45 min + 15 seg por movemento

*Posibilidade de modificar o número de roldas segundo o número de inscritos. A organización está obrigada a anunciar calquera cambio con 48 horas de antelación na web www.fegaxa.org

Calendario de competición:

Categorías Sub-8, Sub-10 e Sub-12

Rolda 1 Sábado 20 16:00
Rolda 2 Sábado 20 17:00
Rolda 3 Sábado 20 18:00
Rolda 4 Sábado 20 19:00
Rolda 5 Domingo 21 16:00
Rolda 6 Domingo 21 17:00
Rolda 7 Domingo 21 18:00
Rolda 8 Domingo 21 19:00

Categorías Sub-14 e Sub-16

Rolda 1 Sábado 20 16:00
Rolda 2 Sábado 20 17:30
Rolda 3 Sábado 20 19:00
Rolda 4 Domingo 21 16:00
Rolda 5 Domingo 21 17:30
Rolda 6 Domingo 21 19:00

Categorías Sub-18 e Absoluta

Rolda 1 Sábado 20 16:00
Rolda 2 Sábado 20 18:00
Rolda 3 Domingo 21 10:00
Rolda 4 Domingo 21 12:00
Rolda 5 Domingo 21 16:00
Rolda 6 Domingo 21 18:00

Inscricións: Ata as 20:00 horas do día 17 de xaneiro en torneos@cxfontecarmoa.com indicando nome, apelidos, categoría e Club. Poderán participar os xogadores federados na tempada 2018 en clubs da provincia de Pontevedra e que teñan nacionalidade española, bandeira deportiva FIDE española e ser seleccionables por Galicia.

Poderanse solicitar byes sen puntos, antes da primeira rolda. Os solicitados posteriormente requirirán consentimento arbitral.

Desempates: Buchholz brasileiro, Buchholz total, Progresivo e APRO (media do performance dos rivais). De persistir o empate decidirase o mellor de dúas partidas a disputar a ritmo rápido de cinco minutos, sorteando os colores na primeira; e se continua o empate un Armagedón con 5 minutos para as brancas e 4 minutos para as negras.

As partidas non disputadas computarán na modalidade de rival virtual a efectos de Buchholz.

Inicio das partidas: á hora indicada para o inicio da sesión, poranse en marcha os reloxos dos xogadores que teñan pezas brancas. O tempo permitido de retraso é ata a caída de bandeira.

Director do Torneo: Angel Francisco Vilas Fernández.

Arbitro principal: AF Evaristo Rodríguez López. Torneo Absoluto y Sub-18.

Árbitros auxiliares:

· AA Christian Abal Cores. Torneo categoría Sub-16.
· AA Martín García Paz. Torneo categoría Sub-14.
· AB Manuel Suárez Vallejo. Torneo categoría Sub-12.
· AB José Joaquín Leal Montáns. Torneo categoría Sub-10.
· AB Roberto Vidal Valtuille. Torneo categoría Sub-8.

Premios: para os tres primeiros clasificados e a primeira clasificada de cada categoría. Os premios non son acumulativos.

Obsequios: recordos por participar a todos os xogadores que finalicen o torneo, ca colaboración da CONCELLERIA DE CULTURA e DEPORTES RODAS.

Clausura: ás 20:30 horas do domingo no Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa.

Aceptación: os delegados de cada club e os xogadores inscritos, autorizan á organización do torneo á difusión de información ou á utilización de imaxes ou do nome do equipo e os dos seus xogadores nos medios de comunicación ou en publicidades e memorias da competición, sempre que non representen menoscabo da súa honra ou reputación, ou que sexa contraria aos seus intereses, e sempre dentro do marco legal que se fíxa no Código Civil, na Lei de Enxuizamento Civil e na Lei Orgánica 15/99, do 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal.

 

 

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.