SOCIAL 2025
Máis de 90 xogadores participaron no social do pasado sábado na Praza da Peixería. Un cálido ambiente entre compañeiros, bautizo de competición para moitos e esperamos que unha boa experiencia para cativos, rapaces, non tan rapaces e veteranos, e para todos os familiares e amigos que se achegaron para disfrutar un sábado de xadrez.
Como é habitual nos sábados pola mañá, estivemos acompañados polo mercado e as súas ofertas, o que agranda o sentido informal do torneos, cos silenciosos xaques entre as sonoras ofertas e loubanzas á calidade do xénero. Pola tarde, o mercado foi ocupado polos rapaces cos seus xogos entre partidas.
Con case 100 socios apuntados, tivemos unha reñida competición malia que algúns estivemos un pouco fora de forma. Está claro que sen práctica vanse perdendo cualidades. Iso non quita que o pasaramos moi ben e que sempre é unha ledicia coincidir con tantos compañeiros e amigos xuntos. Algúns xa hai anos que non os viamos, como o lendario Kaké quen apareceu pola tarde, ou Jorge e Luis.
O que non falla e non perde ocasión é Antonio Jerez, que moito gosta do xadrez. Tanto el coma a súa dona Carmen son dous imprescindibles nos nosos torneos.
Tamén foron moi salientables as aportacións feitas ó Banco de Alimentos por parte dos presentes. A operación kilo fixo unha gran recollida de alimentos que farán este Nadal máis pracenteiro a moitas familias.
Na parte lúdico deportiva, tivemos dous torneos, un sub12 con premios por tramos sub8, sub10 e sub12; e un absoluto que neste ano premiou ós tres primeiros clasificados, ás tres primeiras e os campións veterano masculino e feminino.
No dos pequenos, a categoría sub12 gañouna Lois Roo, vencedor absoluto tamén do torneo; tras non poder xogar a primeira partida por enfermidade, recuperouse e gañou as 7 que xogou (alguén propuso facerlle un antidoping, por se viña de dalsyn hasta arriba). Segundo clasificado foi o fervello de Beltrán Bueno, tamén segundo na xeral. o terceiro foi Joaquín Melo, completando así o podio sub12
Nos sub10 o campión foi Ero Carballa, tamén terceiro na xeral. Moi pendente estivo dos listados e das clasificacións, non fora quedar sen premio. O segundo clasificado foi Alvaro Freijeiro, compañeiro de clase de Ero. Canda eles estivo no podio sub10 Gael Alconada, que se está convertindo nun gran afeccionado como seu pai.
Nos máis cativos o campión foi Liam Puceiro, 8º na xeral. O subcampionato foi Sabela Cores, protagonista dunha boa anécdota na primeria ronda: non se emparellou por un bye que realmente era doutra Sabela Cores, del Valle, non a Lois. O terceiro clasificado sub8 foi Lucas Nováis, fixando así o podio das promesas do xadrez vilagarcián.
Pero premiados foron todos, porque o mellor premio foi pasar o sábado cos compañeiros e practicando o aprendido nas clases e xogando a todo entre partidas. Isto é un dos obxivos do social, que poidan coincidir compañeiros e rapaces que normalmente non coinciden nas clases ou nas competicións. E para que levaran un recordo deste día, todos os participantes sub12 levaron unha medalla. Tamén os que cambiaron de categoría, os que este foi o seu primeiro ano na absoluta, levaron cadansúa medalla, que foron Alvaro, Lucas, Miguel, Sara e Martín.
A categoría absoluta amosou un gran nivel, malia non participar as mellors espadas do club. Boutouse en falta a compañeiros que soen participar neste social, pero que por diversos motivos hogano non puideron. Algúns viñeron pola tarde, aproveitando para recoller a lotería do club, como Lucas ou Adrián; outros non estaban en Vilgarcía como Angel, Raúl, Paula ou Andrés; ou por traballo como Mariano…
Tamén tivemos unha novidade: a mesa dúas, ó carón do micro, tiña que decir unhas palabras para empezar a ronda. Empezamos máis ben tímidos, pero acabamos cun Bo Nadal e cunha panxoliña.
A cousa é que o campión foi Luca Rey, cedendo só unhas táboas fronte a David Suárez. Luca está demostrando estar a un gran nivel e en xeral vese o resultado do grupo de traballo de Julio Suárez. Nese grupo tamén colaboran o subcampión, o MF Alexander Zambrano, quen está sendo un gran apoio para o club, e o terceiro clasificado Gonzalo Bouzas-Brey, quen non precisa presentación.
No grupo feminino o primeiro posto foi para Andrea Dorado, unha rapaza que sempre está ahí, entre os de arriba, esta vez 6ª na xeral. Segunda foi Irene Diz, quen só puido xogar pola tarde e gañou as súas cinco partidas. Con medio punto menos, a teceira foi Annika Rey, que tamén sería campiona veterana e optou polo premio da xeral e deixar así o premio veterano a outra insigne socia.
Os trofeos para o veteranos foron para Jorge María na categoría masculina, 10º na xeral, e para Isabel Candamio, a incombustible aboa do club, na categoría feminina.
Tras a entrega de premios pasamos o que a esas horas todos estabamos agardado: os pinchos de cerre do social e inicio da nova tempada. Non sen esquecer o cumpleanos feliz que lle cantamos a Jeremy, que empezou o social sendo un neno e rematou sendo maior de idade.
E así acabamos a romería. Foi un bo social, malia o retraso da primeira ronda polos erros na inscripción, cunha boa participación e comportamento de todos os presentes, nas partidas e ó rematar na recollida de todo o que se montara nos días anteriores. Sempre é de agradecer a colaboración de todos, e iso é un seña de identidade do noso club. E acabamos agradecendo tamén a colaboración do Concello e a Fundación de Deportes pola loxística e cesión da Peixería para o evento.
¡¡¡No 2025, máis e mellor!!!
Clasificación absoluto
Pos. | Tít. | Nombre | FIDE | Fed. | Pts. | DE | BH-C1 | BH | AOB | APRO | Origen/Club |
1 | Rey Chimera, Luca | 1993 | ESP | 7,5 | 0 | 38.0 | 41.5 | 39.9 | 1831 | CX Fontecarmoa | |
2 | FM | Zambrano Rodriguez, Alexander | 2211 | VEN | 7,0 | 0 | 40.0 | 44.5 | 39.8 | 1916 | CX Fontecarmoa |
3 | Bouza-Brey Teijeiro, Gonzalo | 1877 | ESP | 6,0 | 0 | 34.5 | 37.5 | 37.1 | 1702 | CX Fontecarmoa | |
4 | Conde Longo, Marcos | 1623 | ESP | 6,0 | 0 | 33.5 | 35.5 | 35.6 | 1595 | CX Fontecarmoa | |
5 | Santos Garcia, Mario | 1656 | ESP | 6,0 | 0 | 29.5 | 31.0 | 36.3 | 1551 | CX Fontecarmoa | |
6 | Dorado Meijide, Andrea | 1836 | ESP | 5,5 | 0 | 40.0 | 43.5 | 38.0 | 1870 | CX Fontecarmoa | |
7 | Victorero Dominguez, Oscar | 1760 | ESP | 5,5 | 0 | 38.5 | 41.0 | 35.1 | 1777 | CX Fontecarmoa | |
8 | Lorenzo Iglesias, Brais | 1714 | ESP | 5,5 | 0 | 37.5 | 40.0 | 36.9 | 1837 | CX Fontecarmoa | |
9 | Suarez Rozas, David | 1983 | ESP | 5,0 | 0 | 41.0 | 45.0 | 36.0 | 1812 | CX Fontecarmoa | |
10 | Maria Lopez, Jorge Luis | 1769 | ESP | 5,0 | 0 | 35.5 | 39.0 | 34.5 | 1659 | CX Fontecarmoa | |
11 | Montans Lopez, Adrian | 1854 | ESP | 5,0 | 0 | 34.5 | 38.0 | 35.8 | 1744 | CX Fontecarmoa | |
12 | Victorero Dominguez, Alejandro | 1735 | ESP | 5,0 | 0 | 31.0 | 32.5 | 35.3 | 1611 | CX Fontecarmoa | |
13 | Suarez Vallejo, Manuel | 1705 | ESP | 5,0 | 0 | 30.5 | 33.5 | 33.8 | 1615 | CX Fontecarmoa | |
14 | Diz Lorono, Irene | 1768 | ESP | 5,0 | 0 | 30.0 | 34.0 | 32.1 | 1572 | CX Fontecarmoa | |
15 | Piquin Rey, Luis | 1723 | ESP | 4,5 | 0 | 34.0 | 36.5 | 34.9 | 1632 | CX Fontecarmoa | |
16 | Diz Suarez, Carlos | 1728 | ESP | 4,5 | 0 | 34.0 | 36.0 | 33.0 | 1652 | CX Fontecarmoa | |
17 | Diz Figuera, Alejandro Jesús | 0 | VEN | 4,5 | 0 | 32.0 | 35.0 | 34.6 | 1547 | CX Fontecarmoa | |
18 | Dorado Gonzalez, Jose Francisco | 1738 | ESP | 4,5 | 0 | 30.5 | 33.5 | 32.1 | 1569 | CX Fontecarmoa | |
19 | Rey Aguino, Annika Estela | 1450 | ESP | 4,5 | 0 | 28.0 | 30.0 | 31.6 | 1406 | CX Fontecarmoa | |
20 | Prada Ochoa, Tomas | 1456 | ESP | 4,5 | 0 | 27.5 | 29.5 | 31.0 | 1394 | CX Fontecarmoa | |
21 | Dieguez Lopez, Luis | 1857 | ESP | 4,0 | 0 | 32.0 | 34.5 | 30.5 | 1527 | CX Fontecarmoa | |
22 | Chaves Montenegro, Pablo | 1555 | ESP | 4,0 | 0 | 31.5 | 33.5 | 33.6 | 1615 | CX Fontecarmoa | |
23 | Leiro Gomez, Jorge | 1572 | ESP | 4,0 | 0 | 31.5 | 33.5 | 31.2 | 1558 | CX Fontecarmoa | |
24 | Planas i Homs, Maria | 1702 | ESP | 4,0 | 0 | 31.0 | 33.0 | 32.8 | 1617 | CX Fontecarmoa | |
25 | Bouzas Collazo, Francisco Javier | 1643 | ESP | 4,0 | 0 | 29.0 | 31.5 | 32.5 | 1610 | CX Fontecarmoa | |
26 | Rodriguez Lopez, Evaristo | 1705 | ESP | 4,0 | 0 | 27.5 | 29.5 | 33.7 | 1557 | CX Fontecarmoa | |
27 | Grana Santos, Juan | 1442 | ESP | 4,0 | 0 | 27.0 | 28.5 | 30.6 | 1270 | CX Fontecarmoa | |
28 | Alvarez Miguens, Juan Carlos | 1592 | ESP | 4,0 | 0 | 26.5 | 28.0 | 32.7 | 1465 | CX Fontecarmoa | |
29 | Alconada Garcia, Raul | 1528 | ESP | 4,0 | 0 | 25.0 | 26.0 | 31.5 | 1381 | CX Fontecarmoa | |
30 | Castro Do Rio, Ivan | 1468 | ESP | 4,0 | 0 | 24.0 | 26.0 | 28.9 | 1384 | CX Fontecarmoa | |
31 | Leiro Poza, Aitor | 1767 | ESP | 3,5 | 0 | 35.0 | 38.5 | 33.4 | 1702 | CX Fontecarmoa | |
32 | Vidal Valtuille, Roberto | 1767 | ESP | 3,5 | 0 | 33.0 | 35.5 | 33.5 | 1543 | CX Fontecarmoa | |
33 | Bouzas Prado, Marcos | 0 | ESP | 3,5 | 0 | 29.0 | 31.0 | 31.3 | 1463 | CX Fontecarmoa | |
34 | Jamardo Ventoso, Diego | 1519 | ESP | 3,5 | 0 | 28.0 | 30.0 | 31.3 | 1474 | CX Fontecarmoa | |
35 | Bayon Padin, Juan Benito | 1608 | ESP | 3,5 | 0 | 26.5 | 28.5 | 29.6 | 1373 | CX Fontecarmoa | |
36 | Marful Vila, Daniel | 1666 | ESP | 3,5 | 0 | 22.5 | 24.5 | 29.7 | 1417 | CX Fontecarmoa | |
37 | Nieto Touris, Jorge | 1454 | ESP | 3,0 | 0 | 29.5 | 32.5 | 32.6 | 1568 | CX Fontecarmoa | |
38 | Ares Villaverde, Yago | 0 | ESP | 3,0 | 0 | 29.0 | 31.0 | 29.2 | 1376 | CX Fontecarmoa | |
39 | Freijeiro Montero, Miguel | 1462 | ESP | 3,0 | 0 | 28.5 | 30.5 | 29.9 | 1386 | CX Fontecarmoa | |
40 | Jerez Moran, Antonio | 1633 | ESP | 3,0 | 0 | 28.5 | 29.5 | 30.0 | 1457 | CX Fontecarmoa | |
41 | Diz Meixus, Emilio | 1578 | ESP | 3,0 | 0 | 27.0 | 28.5 | 30.0 | 1389 | CX Fontecarmoa | |
42 | Trigo Carro, Manuel | 1519 | ESP | 3,0 | 0 | 27.0 | 28.0 | 30.5 | 1355 | CX Fontecarmoa | |
43 | Candamio Guitian, Isabel | 0 | ESP | 3,0 | 0 | 20.0 | 21.0 | 29.2 | 1242 | CX Fontecarmoa | |
44 | Valencia Millan, Manuel Santiago | 0 | ESP | 2,5 | 0 | 27.5 | 29.5 | 29.1 | 1413 | CX Fontecarmoa | |
45 | Marful Solveira, Alvaro | 0 | ESP | 2,5 | 0 | 24.5 | 26.5 | 30.5 | 1448 | CX Fontecarmoa | |
46 | Alonso Touris, Rosa Maria | 0 | ESP | 2,5 | 0 | 22.5 | 23.5 | 26.8 | 989 | CX Fontecarmoa | |
47 | Rey Rodriguez, Juan Manuel | 1723 | ESP | 2,0 | 0 | 30.5 | 33.5 | 30.9 | 1625 | CX Fontecarmoa | |
48 | Rey Figueira, Lucas | 0 | ESP | 2,0 | 0 | 30.0 | 31.0 | 27.4 | 1354 | CX Fontecarmoa | |
49 | Sanchez Torres, Jose Antonio | 0 | ESP | 2,0 | 0 | 27.5 | 30.5 | 26.9 | 1266 | CX Fontecarmoa | |
50 | Rey Aguino, Antonio Javier | 1705 | ESP | 2,0 | 0 | 27.0 | 29.0 | 30.4 | 1484 | CX Fontecarmoa | |
51 | Lorenzo Camba, Martin | 0 | ESP | 2,0 | 0 | 26.5 | 27.5 | 27.9 | 1330 | CX Fontecarmoa | |
52 | Rodriguez Gonzalez, Sara | 0 | ESP | 2,0 | 0 | 24.5 | 27.5 | 26.6 | 1252 | CX Fontecarmoa | |
53 | Trinanes Bea, Gabriela | 0 | ESP | 1,5 | 0 | 21.0 | 22.5 | 26.6 | 1199 | CX Fontecarmoa | |
54 | IM | Reinaldo Castineira, Roi | 2434 | ESP | 1,0 | 0 | 25.5 | 27.5 | 0.0 | 0 | CX Fontecarmoa |
55 | Dopico Docal, Asier | 0 | ESP | 0,5 | 0 | 23.5 | 25.0 | 0.0 | 0 | CX Fontecarmoa | |
56 | Losada Bouzada, Jesus | 1751 | ESP | 0,0 | 0 | 21.0 | 22.0 | 0.0 | 0 | CX Fontecarmoa | |
57 | Vallo Rodriguez, Daniel | 1674 | ESP | 0,0 | 0 | 21.0 | 22.0 | 0.0 | 0 | CX Fontecarmoa | |
58 | De Santiago De Santiago, Jose An | 1665 | ESP | 0,0 | 0 | 21.0 | 22.0 | 0.0 | 0 | CX Fontecarmoa | |
59 | Calzado, Michael | 0 | ESP | 0,0 | 0 | 21.0 | 22.0 | 0.0 | 0 | CX Fontecarmoa | |
60 | Fernandez Garcia, Juan Alejandro | 0 | ESP | 0,0 | 0 | 21.0 | 22.0 | 0.0 | 0 | CX Fontecarmoa | |
61 | Gonzalez Martinez, Jeremi Janiel | 0 | ESP | 0,0 | 0 | 20.5 | 21.5 | 29.4 | 1345 | CX Fontecarmoa |
Clasificación sub12
Pos. | Nombre | FIDE | Fed. | Pts. | DE | BH-C1 | BH | AOB | SB | Origen/Club |
1 | Roo Guillan, Lois | 1514 | ESP | 7,0 | 0 | 35.0 | 37.5 | 35.7 | 33.00 | CX Fontecarmoa |
2 | Bueno Abal, Beltran | 0 | ESP | 6,0 | 0 | 35.5 | 38.0 | 34.8 | 25.00 | CX Fontecarmoa |
3 | Carballa Fernandez, Ero | 0 | ESP | 5,5 | 1 | 37.0 | 40.5 | 36.0 | 26.50 | CX Fontecarmoa |
4 | Melo Vicente, Joaquin | 0 | ESP | 5,5 | 2 | 32.5 | 34.5 | 35.3 | 20.75 | CX Fontecarmoa |
5 | Leiro Aguin, Miguel | 0 | ESP | 5,0 | 0 | 36.5 | 40.5 | 33.4 | 22.75 | CX Fontecarmoa |
6 | Freijeiro Montero, Alvaro | 1454 | ESP | 5,0 | 0 | 36.5 | 40.0 | 35.5 | 21.00 | CX Fontecarmoa |
7 | Cores Lois, Aldara | 0 | ESP | 5,0 | 0 | 33.5 | 37.5 | 33.8 | 21.50 | CX Fontecarmoa |
8 | Puceiro Bouzas, Liam | 0 | ESP | 5,0 | 0 | 30.5 | 32.5 | 32.9 | 16.00 | CX Fontecarmoa |
9 | Cores Lois, Sabela | 0 | ESP | 4,5 | 0 | 32.5 | 34.0 | 33.3 | 13.75 | CX Fontecarmoa |
10 | Alconada Alonso, Gael | 0 | ESP | 4,0 | 0 | 31.5 | 34.0 | 33.1 | 15.50 | CX Fontecarmoa |
11 | Dominguez Jaimes, Samuel | 0 | ESP | 4,0 | 0 | 30.0 | 31.5 | 32.6 | 11.00 | CX Fontecarmoa |
12 | Lindner Lages, Jorge | 0 | ESP | 4,0 | 0 | 29.0 | 31.5 | 34.1 | 12.50 | CX Fontecarmoa |
13 | Villanueva Casal, Alex | 0 | ESP | 4,0 | 0 | 27.0 | 29.0 | 30.6 | 12.00 | CX Fontecarmoa |
14 | Novais Dalmeida, Lucas | 0 | ESP | 4,0 | 0 | 24.5 | 26.0 | 30.6 | 9.00 | CX Fontecarmoa |
15 | Fernandez Diz, Hugo | 0 | ESP | 3,5 | 0 | 31.5 | 34.5 | 33.6 | 13.00 | CX Fontecarmoa |
16 | Cores Del Valle, Sabela | 0 | ESP | 3,0 | 0 | 29.0 | 31.5 | 31.1 | 8.50 | CX Fontecarmoa |
17 | Laya Padín, Dasan | 0 | ESP | 3,0 | 0 | 28.5 | 30.0 | 30.1 | 8.00 | CX Fontecarmoa |
18 | Ramos Valencia, Daniel Xian | 0 | ESP | 3,0 | 0 | 27.5 | 29.5 | 28.2 | 8.00 | CX Fontecarmoa |
19 | Perez Carballo, Miguel | 0 | ESP | 3,0 | 0 | 26.5 | 28.0 | 28.9 | 6.50 | CX Fontecarmoa |
20 | Cores Lopez, Asier | 0 | ESP | 3,0 | 0 | 25.0 | 27.0 | 28.9 | 7.50 | CX Fontecarmoa |
21 | Briones Besteiro, Miguel | 0 | ESP | 3,0 | 0 | 24.5 | 26.5 | 31.5 | 8.00 | CX Fontecarmoa |
22 | Fernandez Pereira, Marina | 0 | ESP | 2,5 | 0 | 24.5 | 26.0 | 27.7 | 5.00 | CX Fontecarmoa |
23 | Saborido Ancosmede, Martin | 0 | ESP | 2,0 | 0 | 27.0 | 30.0 | 30.8 | 6.50 | CX Fontecarmoa |
24 | Gago Santos, Julian | 0 | ESP | 2,0 | 0 | 25.5 | 27.0 | 26.9 | 3.50 | CX Fontecarmoa |
25 | Vicente Boveda, Alvaro | 0 | ESP | 2,0 | 0 | 24.0 | 25.5 | 28.2 | 3.50 | CX Fontecarmoa |
26 | Basilio Rubianes, Xoan | 0 | ESP | 2,0 | 0 | 21.0 | 22.0 | 27.9 | 2.50 | CX Fontecarmoa |
27 | Ramirez Gomez, Adan | 0 | ESP | 1,5 | 0 | 26.5 | 29.0 | 33.0 | 4.75 | CX Fontecarmoa |
28 | Fontan Torres, Mateo | 0 | ESP | 1,0 | 0 | 25.0 | 27.0 | 34.0 | 3.50 | CX Fontecarmoa |
29 | Laranjo Barreiro, Nora | 0 | ESP | 1,0 | 0 | 25.0 | 27.0 | 30.0 | 2.00 | CX Fontecarmoa |
30 | Laranjo Barreiro, Manuel | 0 | ESP | 0,0 | 0 | 23.5 | 24.5 | 32.8 | 0.00 | CX Fontecarmoa |
31 | Alvarez Gonzalez, Ana Del Valle | 0 | ESP | 0,0 | 0 | 21.0 | 22.0 | 0.0 | 0.00 | CX Fontecarmoa |
32 | Alvarez Gonzalez, Santiago | 0 | ESP | 0,0 | 0 | 21.0 | 22.0 | 0.0 | 0.00 | CX Fontecarmoa |
33 | Pajares Moran, Gael | 0 | ESP | 0,0 | 0 | 21.0 | 22.0 | 0.0 | 0.00 | CX Fontecarmoa |