«
»

Julio Suárez inicia coma colíder a defensa do título no Campionato de España Sub-18

(recorte de prensa)

VILAGARCÍA LA VOZ29 de julio de 2015.

O xogador sanxenxino do C.X. Fontecarmoa Julio Suárez e o seu compañeiro de club Lucas Abalo, ambos Mestres FIDE, compiten desde o luns na localidade granadina de Salobreña no Campionato de España Sub-18, nos postos de saída segundo e terceiro por ránking. Unha cita na que o primeiro defende a condición de gañador da pasada edición, no mesmo escenario.

E no arrinque do campionato Julio está a probar que vai polo seu segundo título consecutivo. Gañando na primeira rolda con suma facilidade o vasco Aritz Abalia Patiño na mesa 2, con Lucas facendo o propio a costa do castelán-leonés Guillermo Santos Martínez na mesa 3.

Na segunda rolda Julio superou o catalán Maxim Ventura, un xadrecista que sempre figura nas quinielas polo título, pese á partida practicamente sen erros do seu rival. Lucas, pola contra, pagou as súas imprecisións cando o duelo coa catalá Galla García-Castany semellaba decantarse ao seu favor, quedándose co punto da partida inicial.

Julio, que vén de acadar a súa primeira norma coma Mestre Internacional no Open de Benasque, colidera a clasificación provisional xunto cos outros oito competidores dos 102 inscritos que contan as súas partidas por vitorias.

Fuente: http://www.lavozdegalicia.es/noticia/arousa/2015/07/29/julio-suarez-inicia-coma-colider-defensa-do-titulo-campionato-espana-sub-18/0003_201507A29C9993.htm

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.