III TORNEO CASA ROCÍO
Pasou o torneo de Casa Rocío nunha noite moi agradable tras a calor do día. Alguén comentaba que podería chover, pero foi moito máis tarde, xa de madrugada. E tivemos moita sorte, pois en Casa Rocío sempre lembraremos a primeira edición na que o vento levantounos algúns taboleiros.
E esta vez non houbo problemas coa iluminación: acendeu xunto co alumeado público. E malia que parecía que unha ringleira de mesas quedaría un pouco escura, as luces dos escaparates deron luz abondo para poder xogar.
A participación foi moi alta, superou o tope que tiñamos de 80 xogadores. Chegamos a ser 86 inscritos, máis algúns participantes que avisaron de que non poderían vir. Houbo algunha baixa segundo pasaban as rondas e tamén Juan Benito apuntouse para a quinta ronda.
Nesta ocasión tamén había fútbol, pero da selección do Fontecarmoa pois moitos compañeiros foron xogar pola tarde rememorando o tradicional partido de fin de temporada. O resultado foi variable e non nos quedoou moi claro: parece que no tempo regulamentario a cousa iba 3-1 pero cando se deixou de xogar xa iba 4-3. A formalidade é similar a dos torneos nocturnos.
Tivemos algún problema informático que non nos permitiu empezar en hora. O retraso foi lixeiro, apenas 10-15 minutos, que foi hábilmente achacado ó fallo informático que paralizou medio mundo pola mañá. E se pararon aeroportos, hospitais, empresas, etc. o noso retraso non é nada.
Para a entrega de trofeos contamos ca nosa patrocinadora, Rocío, xerente da casa homónima. E no arbitraxe non puidemos contar con Lucas, que marchara a Oviedo para o casamento do seu irmao, Christian, a quen queremos felicitar e desexarlle o mellor en nome do club.
En canto a clasificación, o podio absoluto estivo copado polo CX Fontecarmoa. Os 5 primeiros clasificados foron do noso club, e foi o campión Alexander Zambrano. Canda el estiveron David Suárez, Julio Suárez, Julio Torrado e Andrea Dorado. Andrea foi tamén a campiona feminina.
No podio veterano houbo máis diversidade, ainda que tamén tivemos representación do club. O campión foi Antonio Susavila, do club de Padrón. Foi segundo Alejandro Prado, da Illa, do club Dorna e o terceiro foi o noso compañeiro e organizador Manolín. Como o fillo, el tamén leva premios.
Na categoría sub18 coláronse dous alevíns, o campión Telmo Vicente que veu de Rianxo e o teceiro Andrés Cacabelos, da Escola de Pontevedra. No medio deles Iván Sánchez, da Escola de Santiago.
Por mor diso, e de que os premios non son acumulables (agás o feminino), o trofeo do campión sub12 foi para Noé Diz, un pequeno gran afeccionado do club de Padrón. O segundo veu de máis lonxe, de Pereiro do Aguiar, Brian Gómez do Benchoshey. E o terceiro foi Xoel Roo, do Marquiño, o club da Pobra.
E rematamos como sempre agradecendo a todos os que fixeron posible este torneo, empezando polos xadrecistas, compañeiros e amigos que xogaron, e ós que colaboraron coa montaxe e recollida do material. Tamén a Rocío, a nosa patrocinadora pola súa colaboración económica e polo «avituallamento» fornecido hasta ben pasada a media noite. E o Concello e a súa Fundación de Deportes polo apoio loxístico de mesas, sillas e iluminación.
CLASIFICACIÓN FINAL
Pos. | Tít. | Nombre | FIDE | Fed. | Pts. | DE | BH | BH-C1 | AOB | APRO | Origen/Club |
1 | FM | Zambrano Rodriguez, Alexander | 2193 | VEN | 7,0 | 0 | 34.0 | 31.0 | 31.8 | 1936 | CX Fontecarmoa |
2 | Suarez Rozas, David | 1928 | ESP | 6,0 | 1 | 34.5 | 31.0 | 30.7 | 1938 | CX Fontecarmoa | |
3 | IM | Suarez Gomez, Julio | 2397 | ESP | 6,0 | 2 | 35.0 | 31.0 | 30.3 | 1962 | CX Fontecarmoa |
4 | Torrado Quintela, Julio | 2274 | ESP | 5,5 | 0 | 32.5 | 29.0 | 30.6 | 1844 | CX Fontecarmoa | |
5 | Dorado Meijide, Andrea | 1831 | ESP | 5,5 | 0 | 30.0 | 26.5 | 27.8 | 1811 | CX Fontecarmoa | |
6 | Susavila Muniz, Antonio | 1837 | ESP | 5,5 | 0 | 29.5 | 28.5 | 27.9 | 1663 | CA Padrón | |
7 | Segura Santos, Luis | 2022 | ESP | 5,0 | 0 | 35.0 | 32.0 | 30.1 | 1953 | CX Fontecarmoa | |
8 | Penalonga Arribas, Iago | 1881 | ESP | 5,0 | 0 | 34.5 | 30.5 | 27.4 | 1878 | Escola Luguesa | |
9 | Varela Fernandez, Andres | 1996 | ESP | 5,0 | 0 | 32.5 | 29.5 | 29.3 | 1931 | CX Fontecarmoa | |
10 | Betanzos Jamardo, Adrian | 1886 | ESP | 5,0 | 0 | 32.0 | 29.5 | 28.4 | 1801 | CX Fontecarmoa | |
11 | Prado Garcia, Alejandro | 1841 | ESP | 5,0 | 0 | 29.0 | 26.5 | 27.5 | 1737 | ACD Dorna | |
12 | Suarez Vallejo, Manuel | 1694 | ESP | 5,0 | 0 | 28.0 | 25.5 | 27.7 | 1713 | CX Fontecarmoa | |
13 | Duarte Blanco, Christian | 1794 | ESP | 5,0 | 0 | 27.5 | 25.5 | 26.8 | 1694 | CD Portas | |
14 | Gonzalez Magarinos, Daniel | 1697 | ESP | 5,0 | 0 | 23.5 | 21.5 | 27.1 | 1624 | CD Portas | |
15 | Magarinos Gomez, Pablo | 1765 | ESP | 4,5 | 0 | 31.5 | 28.5 | 28.1 | 1817 | CA Padrón | |
16 | Castro Gandara, David | 1584 | ESP | 4,5 | 0 | 30.0 | 26.5 | 28.0 | 1706 | Xadrez Mos | |
17 | Vazquez Brea, Raul | 1684 | ESP | 4,5 | 0 | 28.0 | 26.5 | 27.2 | 1692 | CX Fontecarmoa | |
18 | Vicente Resua, Telmo | 1509 | ESP | 4,5 | 0 | 28.0 | 25.5 | 26.9 | 1721 | Xadrez Rianxo | |
19 | Lamas Luana, Jacobo | 1781 | ESP | 4,5 | 0 | 28.0 | 25.0 | 27.3 | 1746 | CX Fontecarmoa | |
20 | Sanchez Fernandez, Ivan | 1491 | ESP | 4,5 | 0 | 27.0 | 26.0 | 25.8 | 1586 | EX Compostela | |
21 | Cacabelos Vazquez, Andres | 1410 | ESP | 4,5 | 0 | 25.0 | 23.0 | 25.4 | 1575 | EX Pontevedra | |
22 | Goday Rivas, Alvaro | 1574 | ESP | 4,5 | 0 | 24.5 | 22.5 | 24.6 | 1562 | independente | |
23 | Bouza-Brey Teijeiro, Gonzalo | 1864 | ESP | 4,0 | 0 | 32.0 | 29.0 | 28.1 | 1822 | CX Fontecarmoa | |
24 | Diz Eitor, Noe | 1539 | ESP | 4,0 | 0 | 27.5 | 25.5 | 25.6 | 1655 | CA Padrón | |
25 | Fernandez Outon, Yeray | 1587 | ESP | 4,0 | 0 | 27.0 | 24.5 | 24.2 | 1628 | CD Portas | |
26 | Gomez Dominguez, Brian | 1663 | ESP | 4,0 | 0 | 27.0 | 24.0 | 26.7 | 1688 | Benchoshey | |
27 | Otero Dios, Alberto | 1684 | ESP | 4,0 | 0 | 26.0 | 23.5 | 25.7 | 1694 | ACD Dorna | |
28 | Roo Perez, Xoel | 1617 | ESP | 4,0 | 0 | 25.5 | 23.5 | 24.9 | 1629 | CD Marquiño | |
29 | Roo Guillan, Lois | 1544 | ESP | 4,0 | 0 | 25.0 | 24.0 | 25.2 | 1593 | CX Fontecarmoa | |
30 | Solera Perez, Pablo | 1663 | ESP | 4,0 | 0 | 23.0 | 21.0 | 25.1 | 1583 | Pueblo Nuevo | |
31 | Pardo Viqueira, Luis | 1613 | ESP | 4,0 | 0 | 23.0 | 20.0 | 23.6 | 1561 | CX Fontecarmoa | |
32 | Rodriguez Lopez, Evaristo | 1700 | ESP | 4,0 | 0 | 22.5 | 21.5 | 24.1 | 1578 | CX Fontecarmoa | |
33 | Otero Perez, Javier | 1620 | ESP | 4,0 | 0 | 22.0 | 18.0 | 22.9 | 1516 | CX Fontecarmoa | |
34 | Diz Lorono, Irene | 1578 | ESP | 3,5 | 0 | 28.5 | 26.5 | 25.5 | 1654 | CX Fontecarmoa | |
35 | Conde Longo, Marcos | 1611 | ESP | 3,5 | 0 | 27.0 | 26.0 | 24.0 | 1578 | CX Fontecarmoa | |
36 | Vilas Lopez, Juan Francisco | 1815 | ESP | 3,5 | 0 | 26.5 | 23.5 | 25.5 | 1665 | CX Fontecarmoa | |
37 | Gomez Villaverde, Jose Antonio | 1689 | ESP | 3,5 | 0 | 24.5 | 22.5 | 24.4 | 1643 | ACD Dorna | |
38 | Bouzas Collazo, Francisco Javier | 1707 | ESP | 3,5 | 0 | 24.5 | 22.0 | 25.4 | 1612 | CX Fontecarmoa | |
39 | Besteiro del Corral, Yago | 0 | ESP | 3,5 | 0 | 24.0 | 22.0 | 23.9 | 1511 | CX Fontecarmoa | |
40 | Trigo Carro, Manuel | 1555 | ESP | 3,5 | 0 | 24.0 | 20.5 | 24.2 | 1519 | CX Fontecarmoa | |
41 | Navia Gonzalez, Alvaro | 1676 | ESP | 3,5 | 0 | 23.5 | 22.5 | 23.9 | 1577 | CA Albariño | |
42 | Solera Diaz, Manuel | 0 | ESP | 3,5 | 0 | 23.5 | 22.5 | 23.9 | 1487 | Pueblo Nuevo | |
43 | Nieto Touris, Jorge | 1491 | ESP | 3,5 | 0 | 23.0 | 21.5 | 23.9 | 1550 | CX Fontecarmoa | |
44 | Vazquez Perez, Jorge | 0 | ESP | 3,5 | 0 | 22.0 | 21.0 | 22.6 | 1415 | independente | |
45 | Alvarez Miguens, Juan Carlos | 1572 | ESP | 3,5 | 0 | 22.0 | 19.5 | 23.6 | 1544 | CX Fontecarmoa | |
46 | Segura Santos, Jorge | 1767 | ESP | 3,5 | 0 | 21.0 | 19.5 | 24.6 | 1538 | CX Fontecarmoa | |
47 | Planas i Homs, Maria | 1688 | ESP | 3,0 | 0 | 28.0 | 25.0 | 25.0 | 1763 | CX Fontecarmoa | |
48 | Alconada Garcia, Raul | 0 | ESP | 3,0 | 0 | 27.5 | 24.5 | 24.3 | 1589 | CX Fontecarmoa | |
49 | Piquin Rey, Luis | 1765 | ESP | 3,0 | 0 | 26.0 | 25.0 | 25.1 | 1560 | CX Fontecarmoa | |
50 | Bouzada Barreiro, Jose Luis | 0 | ESP | 3,0 | 0 | 25.5 | 23.5 | 23.3 | 1545 | CX Fontecarmoa | |
51 | Chaves Montenegro, Pablo | 0 | ESP | 3,0 | 0 | 24.0 | 22.5 | 23.4 | 1497 | CX Fontecarmoa | |
52 | Costa Trigo, Ruben | 1495 | ESP | 3,0 | 0 | 24.0 | 22.0 | 23.8 | 1581 | CA Albariño | |
53 | Cores Lois, Sabela | 0 | ESP | 3,0 | 0 | 24.0 | 22.0 | 23.0 | 1511 | CX Fontecarmoa | |
54 | Ramirez Gomez, Adan | 0 | ESP | 3,0 | 0 | 21.0 | 20.0 | 23.6 | 1425 | CX Fontecarmoa | |
55 | Prada Ochoa, Tomas | 1570 | ESP | 3,0 | 0 | 19.5 | 16.5 | 20.2 | 1422 | CX Fontecarmoa | |
56 | Prego Cancelo, Beatriz | 0 | ESP | 3,0 | 0 | 19.0 | 17.0 | 22.0 | 1472 | CX Fontecarmoa | |
57 | Bueno Abal, Beltran | 0 | ESP | 3,0 | 0 | 18.5 | 17.0 | 21.1 | 1344 | CX Fontecarmoa | |
58 | Ares Villaverde, Yago | 0 | ESP | 2,5 | 0 | 23.5 | 21.5 | 23.4 | 1557 | CX Fontecarmoa | |
59 | Leiro Aguin, Miguel | 0 | ESP | 2,5 | 0 | 23.0 | 20.5 | 20.1 | 1472 | CX Fontecarmoa | |
60 | Diz Meixus, Emilio | 0 | ESP | 2,5 | 0 | 22.0 | 21.0 | 23.1 | 1453 | CX Fontecarmoa | |
61 | Rey Aguino, Annika Estela | 1459 | ESP | 2,5 | 0 | 22.0 | 20.5 | 23.9 | 1509 | CX Fontecarmoa | |
62 | Villanueva Casal, Alex | 0 | ESP | 2,5 | 0 | 22.0 | 20.5 | 23.3 | 1500 | CX Fontecarmoa | |
63 | Sanjorge Maquieira, Jose Luis | 0 | ESP | 2,5 | 0 | 21.5 | 20.5 | 23.0 | 1485 | independente | |
64 | Candamio Guitian, Isabel | 0 | ESP | 2,5 | 0 | 19.0 | 17.5 | 21.4 | 1404 | CX Fontecarmoa | |
65 | Guimare Gonzalez, Daniel | 0 | ESP | 2,0 | 0 | 22.0 | 21.0 | 22.0 | 1468 | ACD Albatros | |
66 | Davila Calderon, Isaac Fabriccio | 0 | ESP | 2,0 | 0 | 21.0 | 20.0 | 21.1 | 1353 | CX Fontecarmoa | |
67 | Valencia Millan, Manuel Santiago | 0 | ESP | 2,0 | 0 | 20.5 | 19.5 | 21.5 | 1469 | independente | |
68 | Briones Besteiro, Miguel | 0 | ESP | 2,0 | 0 | 20.5 | 19.5 | 21.4 | 1425 | CX Fontecarmoa | |
69 | Moure Paz, Olivier | 0 | ESP | 2,0 | 0 | 19.5 | 18.5 | 21.3 | 1368 | CX Fontecarmoa | |
70 | Dominguez Jaimes, Samuel | 0 | ESP | 2,0 | 0 | 19.5 | 18.5 | 18.8 | 1385 | CX Fontecarmoa | |
71 | Urazan Bernal, Nataly | 0 | COL | 2,0 | 0 | 18.0 | 16.5 | 20.8 | 1418 | CA Albariño | |
72 | Bayon Padin, Juan Benito | 1595 | ESP | 2,0 | 0 | 12.0 | 10.0 | 17.8 | 0 | CX Fontecarmoa | |
73 | Garcia Vega, Juan Luis | 0 | ESP | 1,5 | 0 | 22.0 | 19.5 | 21.9 | 1503 | CX Fontecarmoa | |
74 | Vicente Boveda, Alvaro | 0 | ESP | 1,5 | 0 | 17.5 | 16.0 | 20.1 | 1410 | independente | |
75 | Cores del Valle, Sabela | 0 | ESP | 1,5 | 0 | 12.5 | 11.0 | 19.3 | 1239 | CX Fontecarmoa | |
76 | Besteiro del Corral, Alvaro | 0 | ESP | 1,0 | 0 | 17.5 | 16.5 | 22.2 | 1466 | independente | |
77 | Cores Lopez, Asier | 0 | ESP | 1,0 | 0 | 17.5 | 16.5 | 19.9 | 1369 | CX Fontecarmoa | |
78 | Cores Lois, Aldara | 0 | ESP | 1,0 | 0 | 16.5 | 15.5 | 20.4 | 1434 | CX Fontecarmoa | |
79 | Freijeiro Montero, Alvaro | 0 | ESP | 1,0 | 0 | 14.5 | 13.5 | 24.7 | 0 | CX Fontecarmoa | |
80 | Freijeiro Montero, Miguel | 0 | ESP | 1,0 | 0 | 14.0 | 13.0 | 23.2 | 0 | CX Fontecarmoa | |
81 | Jerez Moran, Antonio | 1632 | ESP | 1,0 | 0 | 11.5 | 10.5 | 22.7 | 0 | CX Fontecarmoa | |
82 | Lorenzo Iglesias, Brais | 1606 | ESP | 1,0 | 0 | 7.0 | 6.0 | 0.0 | 0 | CX Fontecarmoa | |
83 | Gomez Sanmartin, Telmo | 0 | ESP | 0,0 | 0 | 11.5 | 11.5 | 25.8 | 0 | independente | |
84 | Gonzalez Martinez, Jeremi Janiel | 0 | ESP | 0,0 | 0 | 0.0 | 0.0 | 0.0 | 0 | CX Fontecarmoa | |
85 | Sanchez Torres, Jose | 0 | ESP | 0,0 | 0 | 0.0 | 0.0 | 0.0 | 0 | independente |