II Torneo Nocturno Casa Rocío
O pasado sábado xogamos o II Torneo Casa Rocío, enmarcado nos torneos nocturnos de verán que organizamos desde o CX Fontecarmoa en Vilagarcía. Participaron máis de 80 xogadores, e malia as baixas de última hora e algunha incomparecencia tamén houbo altas, entre elas tres cativos que ó vernos incorporánronse na terceira ronda.
As sete e media comenzaba a montaxe e ás nove xa estabamos todos preparados para iniciar o torneo, agás dous compañeiros de Padrón que non eran quen de aparcar.
E por ser un torneo ó aire libre, hai que facer unha referencia ó tempo. Tivemos unha temperatura moi agradable e non botamos de menos o vento do ano pasado, que nos levantar algún taboleiros. Iso axudou a que o ambiento fora moi agradable durante toda a noite e a que o torneo se desesvolvera nun ambiente moi amigable, competitivo pero básicamente lúdico.
Ainda que o pasamos moi ben entre amigos e todo gañamos, houbo uns campións que levaron os trofeos. Na categoría sub12 o primeiro posto foi para Brian Gómez, do Benchoshey, quen fixo 5 dos 7 puntos posibles. Estivo acompañado no podio, empatados a 4 puntos, por Telmo Vicente, de Rianxo, e Lois Roo, xogador do noso club CX Fontecarmoa.
No tramo de menores de 18 anos os primeiros postos estiveron moi disputados. Os tres primeiros quedaron nos postos 6, 7 e 13 na xeral (quitando a Luca, que gañou o torneo). Foron Antón Quintás, da USC, Manuel Prieto, xogador do Magic chegado desde Extremadura, e Marcos Conde, do noso CX Fontecarmoa.
Por parte dos veteranos o CX Fontecarmoa tamén tivo representación: o subcampión foi José F Dorado, xogador que ven de realizar unha expléndida liga. O xogador isleño do Dorna, Alejandro Prado foi o campión e completou o podio Benjamín Abreu, que veu de Marín a acompañarnos esa noite.
Na categoría absoluta fixo un gran torneo Luca Rey, quen acaparou todos os puntos en xogo, gañou as 7 partidas e foi o campión absoluto. Luca xa non é unha promesa do noso xadrez, xa é presente, como adoita demostrar a miudo. Canda el, a campiona feminina foi Andrea Dorado, tamén do CX Fontecarmoa. O subcampionato foi para Daniel Martínez, de Rianxo e os seguintes clasificados foron David Suárez e Andrián Betanzos, os dous noso CX Fontecarmoa. E pechaba a entrega Bernardo Rebollo, do EXP, que levou o quinto trofeo para Pontevedra.
Unha vez maís queremos agradecer a colaboración de todos na montaxe e recollida do material, ó Concello e sobre todo a Rocío, a nosa patrocinadora e que participou tamén na entrega de premios. E lembrámosvos que a seguinte cita témola o 25 de Agosto no centro comercial.