I TORNEO NOCTURNO CERVEXERIA A GOLETA
O venres día 23 de agosto tivo lugar o terceiro e último torneo nocturno de verán, o I Torneo A Goleta, organizado polo Club Xadrez Fontecarmoa en Vilagarcía, coa colaboración da Fundación Deportiva Municipal. Dito torneo contou cun gran número de xogadores locais e foráneos. Ademais, como celebración por ser o último, arredor das nove e media da noite, os xogadores do equipo de División de Honor local Lucas Abal e Andrés Varela xogaron unha partida de exhibición a cegas.
Como é habitual nestes torneos comezouse xogando o torneo sub 10 e sub 16. Ambos torneos xogáronse conxuntamente participando neles arredor duns 30 xogadores e rematoron tras unhas intensas seis roldas.
Na categoría sub 10, o primeiro clasificado foi Pablo Lobato, seguido de cerca por Luca Rey. Terceiro foi Nicolás Corredoira, cuarto Jesús Rodríguez e quinta Inés Alba. Asimesmo, na categoría sub 16, Marcos Boo foi quinto, Roberto Mazo rematou cuarto, mentras que o podium foi ocupado por David García, terceiro; Jose Ramón González, segundo, e como gañador do torneo, Juan Andrés Bayón.
Sobre as dez e media da noite comezou o I Torneo A Goleta de categoría absoluta que superou no aspecto de inscripcións ós seus dous antecesores neste ano superando os sesenta xogadores presentes. Tras seis rondas estipuladas, o torneo rematou con un case pleno de Club Xadrez Fontecarmoa nos trofeos, xa que somentes se lles escapou o primeiro clasificado, que foi para o Manuel Carballo. Acompañárono os locais Gonzalo Bouza Brey, Andrés Varela, Lucas Abal e Adrián Betanzos, de segundo a quinto respectivamente. Á súa vez, o trofeo á primeira clasificada foi para Andrea Dorado, tamén pertencente ó clube local. A Cervexería A Goleta obsequiou con trofeos a todos los gañadores e con vales de consumicións para os primeiros clasificados de cada categoría.Remataron así os torneos nocturnos de verán en Vilagarcía. Agora quedamos á espera dos torneos do Circuito Escolar, ó igual que do inicio da nova temporada.