CRONICA RONDA8 – (07-03-2015) SEGUNDA D
SEGUNDA D
JORGE CUÑA 4 – CXF – DEPORTES RODAS 0
Clara derrota ante un rival superior.
Na tarde do sábado disputamos a oitava xornada de competición. Fumonos a Pontevedra a enfrentarnos ao “Jorge Cuña”, segundo equipo do histórico clube Karpov, e único equipo capaz de pelexar polo ascenso fronte á EXP. A pesares dos resultados obtidos o estado de ánimo era moi bo e non decaeu en ningún momento. Sabemos que neste deporte o factor sorte inflúe moi pouco e que si estamos onde estamos é polo noso mérito, ben por imprecisións propias, ou simplemente porque os rivais son mellores e so queda entrenar máis para obter mellores resultados.
E alá nos encamiñamos Carlos, Xurxo, Wenceslao e o autor da crónica, coa intención de disfrutar das partidas e se conseguíamos un bo resultado mellor.
Cando chegamos recibeunos o señor Poza, alma mater do clube, coa súa característica barba branca, e un fino sentido do humor. Á alineación contrincante foi Argibay, Gonzalo Saavedra, Rafael Bouzas e Carlos Brandan. Pasadas as cinco deron inicio as partidas que se desenvolveron para os nosos intereses coma a grande maioría de partidas de esta tempada: igualdade ou lixeira ventaxa pola nosa parte, pero ao final a balanza sempre se soe inclinar para o rival.
A primeira partida en rematar foi a miña, unha Defensa Holandesa ven plantexada, na que as blancas regalan un peón na xogada nove sen contraprestación alguna. A partida estaba controlada, co peón ese de máis, buscando aumentar ventaxa, pero nunha imprecisión permitinlle a Rafael avanzar unha torre ata b6, bloqueándome todo o xogo e conseguindo unha ventaxa definitiva que rematou nunha rede de mate da que non puiden escapar. 1-0
No segundo taboboleiro Xurxo tivo unha partida no fío da navalla por ambos bandos, con toques e amenazas de mate que fixo que tiveran que xogar moi fino ambolos dous, sendo Gonzalo o que máis afino e se levou a victoria. 2-0
A partida de Carlos comenzou cos dous bandos abrindo en fianchetto o alfil de rei e enrocándose antes de loitar polo dominio central. Todo ía igualado, con lixeira ventaxa negra, segundo a analise dos contendientes, ata que as blancas comen un peón cun cabalo que queda desprotexido e as negras lánzanse por ese cabalo coa dama, sin darse de conta que quedaba sen movementos de escapatoria cando se veu amenazada por un alfil. De ahí ata o final foi un quero e non podo de Carlos e o punto foi po xogador do Lérez. 3-0
Wenceslao loitou coma un jabato ata preto das nove. Enfrontouse a Carlos Brandan, o xogador de máis elo do equipo rival. Xogaron un Gambito do Volga do que Wences saiu ben da apertura, sin problemas e co peón de ventaxa. Foi no medio xogo cando cometeu un erro que o levou a perda de calidade. De ahí ao final intentouno con todas as súas forzas, buscando amenzas e intentando recuperar o terreo perdido, pero no o puido conseguir. 4-0
Que se lle vai a facer, o deporte é así, e si non fomos capaces de gañar so nos queda felicitar aos gañadores e seguir aprendendo para que en otras ocasións poidamos gañar.
SEGUNDA D
CXF – LA MARINA 2 – ACADEMIA ENOT – CABALLO DE TROYA 2
Buen empate, que pudo ser mejor, en una buena reacción del equipo.
O equipo CXF- La Marina recibía na casa ao Academia Enot. Era un encontro complicado xa que eles trouxeron o seu equipo titular e ían cuartos na clasificación, pero do que puidemos sacar un empate que danos certas esperanzas para manternos na categoría, xa que quédannos 2 enfrontamentos contra rivais directos. Gañaron as súas partidas Alexis no primeiro taboleiro e Mariano no cuarto, perdendo Quique Lago e Antonio Jerez na segunda e terceira mesa respectivamente.
O primeiro en rematar foi Quique Lago, que creo que debeu ter algún erro na apertura porque quedou peor e non tivo opción no final. Logo rematou Mariano, ao que lle plantexaron una Ruy López que derivou nun ataque de flancos opostos e que o noso compañeiro soubo xogar mellor. O derradeiro en rematar foi Antonio Jerez, que chegou a un final cun peón de menos pero serias opción de sacar un empate ou incluso de gañar ante os erros do rival. Pero non dispoñía do tempo suficiente e unha interesante manobra do contricante fixo que tivese que inclinar o rei.
Ao final xusto resultado, pois Antonio puido puntuar na súa partida e un servidor tivo sorte nun sacrificio en apuros de tempo.
La crónica, a cargo de: ALEXIS VILAS BAÑA
Sigue estos equipos en directo en: http://www.cxfontecarmoa.com/liga2015