CRONICA RONDA7 – (28-02-2015) SEGUNDA C
SEGUNDA C
CXF – MC DONALDS 1 – LICEO PUEBLENSE 3
Seguimos madurando en nuestro juego y creciendo día a día.
Para esta séptima jornada nuestra alineación era la siguiente: Pablo Lobato, Andrés Rodríguez, Luca Rey y Artai Fernández.
El equipo rival estaba formado por Manuel Angel Amil, Ricardo Outeiral, Pablo Abalo y Diego Crego.
Andrés, en la segunda mesa, jugaba una india de rey contra peón de dama. Una mala apertura, junto con unas impre-cisiones por los apuros de tiempo, hicieron que el rival se llevase la victoria.
En la tercera mesa jugaba Luca, que tras una apertura en la que se dejó un peón, que fue determinante, no pudo recu-perar la desventaja y acabó perdiendo.
Artai jugaba en cuarto tablero. Debido a una clavada perdió calidad que junto con una amenaza de mate, hicieron que perdiera la partida.
En la primera mesa, me enfrentaba a Manuel Angel Amil que me jugó una caro-khan. Después de una partida muy larga, casi 4 horas, llegamos a un final igualado. Mi rival cambió damas y se quedó con un alfil inútil, mientras yo me quedaba con un caballo con el que conseguí varios peones que me permitieron ganar la partida.
En esta jornada no conseguimos nada más que un punto, pero jornada a jornada vamos aprendiendo y madurando poco a poco nuestra estrategia de juego.
La crónica, a cargo de: PABLO LOBATO REY







SEGUNDA C
CXF – PUB MUSARAÑA 3 – MILLADOIRO 1
Importante victoria que dará confianza al equipo para la recta final de la temporada.
A partida desta semana co Milladoiro estaba marcada como unha das importantes da temporada para poder despegarnos o máximo posible dos postos de descenso. Tendo en conta os nosos futuros encontros, sacar un resultado positivo este sábado era case vital. Ante as ausencias de dous dos nosos xogadores (Raúl Varela foi convocado en Primeira División), os titulares fomos (por orde de taboleiros) Adrián Betanzos, Jacobo Lamas (eu), Adrián Blanco e Mario Santos.
O certo é que tendo en conta as expectativas que tiñamos, as partidas non comezaron como esperabamos. Nas mesas 1 e 4 o xogo desenrolouse con moita celeridade e non tardaron en chegar ao medio xogo no que tanto Mario como Betanzos tiñan mellor posición, pero, curiosamente, ambas desembocarían en finais moi complicados para os nosos compañeiros. Mario, que no medio xogo tiña moita actividade, pero unha estru-tura de peóns moi mala cometeu o erro de deixar ao seu rival cambiar tódalas pezas e simplificar a posición, chegando a un final completamente perdido, un panorama que non sería capaz de levantar. Betanzos, pola súa parte, pareceu precipitarse á hora de lanzar os seus peóns. A súa posición era complicada, pero en absoluto estaba completamente perdida, seguiu xogando con moito criterio e o seu rival, en cambio, cometeu erros de manual. De un final que pintaba realmente mal logrou sacar un punto de ouro. A estas alturas, xa debían pasar das sete, o marcador mostraba empate, dependendo o resultado final dos resultados que fixésemos Blanco e eu. Na miña partida, un servidor estaba a pasar bastantes apuros. Tras lograr a iniciativa da batalla durante un momento, certas imprecisións no ataque bastante graves deixaron revolverse ao meu rival e ameazaba asaltar o meu rei centralizado. Curiosamente, a partir deste momento o que cometería as imprecisións á hora de atacar sería el, e eses erros non so me permitirían recuperar a iniciativa, se non tamén lograr certa vantaxe material. A partida, a pesar diso, seguía sendo de resultado incerto, o meu contrincante todavía esgrimía opcións interesantes, pero os seus apuros de tempo acabarían dándome a vitoria (cando se lle caeu a bandeira, estaba a piques de perder a dama de maneira irremediable). Blanco, pola súa parte, xogou a partida máis lenta e carente de ritmo, pero sen dúbida, a máis interesante. Foi unha verdadeira mágoa que non conseguise afinar no medio xogo, no cal semellaba ter lixeira vantaxe. En cambio, desembocouse nun final no que o seu rival gozaba de varios peóns de máis. So un milagre podía facer que Blanco gañase esa partida… E aconteceu… O seu rival deixábase a torre nunha xogada que podería considerarse a peor posible no taboleiro e non tardou en se render ante tal situación.
Desta maneira, con algo de fortuna e de colaboración dos nosos rivais que sen dúbida non tiñan o seu día, conseguimos acadar un resultado positivo que nos dá moito aire na clasificación nunha recta final da temporada que se fará bastante dura, pero que encaramos con moita confianza.
La crónica, a cargo de: JACOBO LAMAS LUAÑA








Sigue estos equipos en directo en: http://www.cxfontecarmoa.com/liga2015