CRONICA RONDA3 – (17-02-2018) TERCERA E
TERCERA E
CXF – CENTRO COMERCIAL AROUSA 4 – CXF – RESTAURANTE A PEDRA 0
Un novo encontro entre equipos irmáns
Despois do parón de Entroido, na Casa da Xuventude debeu xogarse un encontro entre equipos irmáns que aínda estaba pendente: o CXF-Centro Comercial Arousa
enfrontábase contra o CXF-Restaurante A Pedra. Nós, o Centro Comercial Arousa, queríamos prolongar a nosa boa racha, a cal nos permite estar loitando polos
postos de ascenso xa dende o primeiro momento. Mentres, o Restaurante A Pedra, en media táboa, buscaba definir a súa situación nesta presente temporada. A diferenza
estivo nas aliñacións, pois mentres nós puidemos contar cos xogadores máis en forma dos que dispoñemos, o Restaurante A Pedra tivo que formar con xente
que levaba tempo sen xogar. Probablemente, iso tivo bastante que ver nun resultado demasiado abultado. Por parte do Centro Comercial Arousa xogamos Jacobo,
Ezequiel, Adrián Blanco e Mariano. Por parte do Restaurante A Pedra, Manuel Gorís, Alberto Martín, Javier Senín e David López.
So unha hora despois de comezar, sobre as seis, o resultado xa era de 2-0 ao noso favor. Os primeiros tempos da rolda foron, efectivamente, moi desiguais.
Foron Blanco e Mariano os que nos deron os primeiros puntos. Blanco tivo que enfrontarse a unha pouco ortodoxa apertura na que a Dama negra saiu a pasear
demasiado cedo. A pesar diso, a vantaxe non se materializou ata ben entrado no medio xogo cando logrou calidade de máis. A partir de aí, xogou con esa vantaxe
material e acabou gañando grazas a outros erros do seu rival. Similar foi o caso de Mariano que, tras un erro de David, gañou material de vantaxe, un Cabalo.
Soubo xogar con esa vantaxe e gañar, se ben é certo que, como o propio Mariano afirmou, o seu rival intentou repoñerse do golpe inicial e foi quen de dar guerra e
deixar algúns detalles interesantes.
As outras dúas partidas eran algo máis igualadas. Tanto Ezequiel coma min estabamos mellor, diso non cabía dúbida, pero aínda había que transformar
a vantaxe posicional. O desarrollo posterior foi desigual: mentres que eu mantiña a miña vantaxe provocando finalmente o erro de Gorís – deixouse un peón bastante
importante, co que caía practicamente toda a súa posición e tiña que sacrificar material para sobrevivir –, Ezequiel, en cambio, deixábase peza nun despiste.
Cara as sete menos cuarto remataba a partida na primeira mesa co terceiro punto ao noso favor, pero nese momento pintaba moi mal a pugna restante. De feito,
tras analizar as posibilidades de Ezequiel, bastante escasas, Blanco e eu decidimos ir ver o partido do Deportivo. A nosa sorpresa foi cando, media hora despois,
Ezequiel chegaba ao bar anunciando que conseguira remontar e gañar unha posición desesperada. Seica a Alberto lle puido a presión e acabou deixándose algúns
peóns, dando vida a Ezequiel e, finalmente, tamén unha torre.
Por tanto, un resultado moi favorable para os nosos intereses, aínda que a goleada non fai xustiza a un rival que opuxo boa resistencia por momentos.
En todo caso, permite manternos na parte alta da clasificación e nos afianza como candidatos ao ascenso. A semana que vén toca descanso, polo que cargaremos
as nosas pilas para intentar manter a boa racha nas próximas xornadas.
Sigue estos equipos en directo en: http://www.cxfontecarmoa.com/laliga