CRONICA RONDA2 – (30-01-2016) CUARTA A
ENCUENTRO CXF – CASA SUMAY – BREOGAN «C» APLAZADO.
CUARTA A
CXF – AUTOBUSES PEREIRA 1 – EXP CIDADE DE PONTEVEDRA 7
Se impone la mayor experiencia de los visitantes.
Nesta rolda o CXF Autobuses Pereira sufriu unha contundente derrota ante o equipo pontevedrés de Cidade de Pontevedra, produto en gran medida da inexperiencia que quedou de manifesto contra uns rivais lixeiramente maiores e algo máis experimentados que os do conxunto local, ademais dalgúns problemas que comentaremos a continuación.
Un dos primeiro inconvenientes foi a ausencia do primeiro taboleiro do equipo, Brigo Fernández, que non acudiu a cita debido a un malentendido que deixou o cuarteto algo coxo.
Un pequeno contratempo que se puido resolver grazas á dilixencia de Mariña Alonso, a quen se lle avisou no último momento pero non tivo ningún problema en acudir. Os xogadores do Pontevedra, moi xentilmente decidiron agardar ata a súa chegada sen poñer os reloxos en marcha, nun xesto de deportividade moi loable que se lles debe agradecer. Son precisamente este tipo de accións as que ennobrecen o xadrez.
O resto dos xogadores que se presentaron para xogar foron Jacobo Silva, Carolina Méndez e Juan Carlos García. Non foi o mencionado o único contratempo. Ao xa dito, hai que engadir a negativa inicial de xogar a partida de Jacobo, que se puxo realmente moi nervioso pola presión que signifi caba debutar na Liga Galega, aínda que finalmente entre a súa nai e os asistentes fomos capaces de convencelo.
Dos resultados pouco podemos dicir. Os xogadores do EXP Cidade de Pontevedra fi xeron valer a súa maior experiencia sobre os nosos xogadores e a derrota foi abultada como deixa claro ver o marcador. Mariña, que chegou moi apresurada como xa dixemos e Jacobo e Carolina, pouco experimentados aínda en partidas deste nivel foron derrotados por dúas veces. So Juan Carlos foi capaz de arranca un punto aos rivais no segundo dos seus enfrontamentos.
Por tanto, duro correctivo a un equipo formado por pequenos que aínda teñen moita experiencia que adquirir, pero precisamente xogando este tipo de partidas é como se crece máis como xogador. Das derrotas é do que máis se aprende.
E en todo caso, o verdadeiramente importante é a satisfacción dos xogadores cando marchan as súas casas tendo xogando un par de partidas a este deporte que tanto nos gusta.
La crónica, a cargo de: JACOBO LAMAS LUAÑASigue estos equipos en directo en: http://www.cxfontecarmoa.com/liga2016