CRONICA RONDA2 – (03-02-2018) SEGUNDA E
SEGUNDA E
CXF – DEPORTES RODAS 4 – ONCE DE VIGO 0
Víctoria cómoda para un equipo que sigue instalado en el liderazgo de la tabla.
Segunda xornada cun bo resultado. Non debemos acostumarnos a estes marcadores nin confiarnos e seguir traballando de cara o próximo encontro.
No primeiro taboleiro José Maneiro, na partida máis longa con diferenza, tivo un encontro do máis táctico porque os chances de victoria ían e viñan dependendo dunha ou doutra xogada. Unha grande rival Raquel Gil, o primeiro taboleiro de Once Vigo, que nunca lle perdeu a cara á partida sempre buscando a victoria a pesar de perder un peón dende moi cedo e ter unha posición moi defensiva ao principio.
En segunda mesa Alejandro Victorero apuntouse outro punto traballando a partida dende o principio e, pouco a pouco, afogando ao seu rival, Carlos Martínez, que rematou por abandonar. Gran contribución deste xogador ao noso equipo tanto polos puntos como pola súa posición na segunda mesa.
No terceiro taboleiro Carlos tivo unha partida más sinxela do esperado xa que atopou un truco na apertura co que gañou peza a pesares de quedar moi retrasado no desenvolvemento. Sen o ataque rival comezou a sacar as súas pezas poñendo costa arriba a partida á súa contrincante, Carmen Lago, que fi nalmente perdeu por tempo.
No derradeiro taboleiro Christian tamén conseguiu unha peza de vantaxe ante Begoña Fernández, case saíndo da apertura e dominando todo o lado de Dama. Un punto que redondea unha moi boa xornada.
Destacar a gran labor do equipo da Once Vigo que, aínda que un está acostumado a velos xogar dende fai moitos anos, nunca debe deixarnos de admirar a dedicación e a capacidade que teñen para competir. Agardemos que lles vaia ben nesta liga.
La crónica, a cargo de: JOSE MANUEL LOPEZ MANEIROSigue estos equipos en directo en: http://www.cxfontecarmoa.com/laliga