«
»

CRONICA RONDA1 – (27-01-2018) TERCERA E

CRONICA RONDA1 – (27-01-2018) TERCERA E

TERCERA E

CXF – CAFETERIA ANDAINA 0 – CXF – CENTRO COMERCIAL AROUSA 4

La mayor experiencia en la competición acaba por imponerse.

Como é habitual, o inicio da temporada de Liga significa para o Club Xadrez Fontecarmoa unha xornada repleta de encontros na Casa da Xuventude entre equipos locais. Unha ocasión magnífica para poder reunirse con boa parte dos membros desta familia que é o noso clube e, por suposto, para presenciar unha gran cantidade de boas partidas. O CXF-Centro Comercial Arousa enfrontabámonos aos nosos compañeiros do CXF-Cafetería Andaina. Os seleccionados polo noso equipo fomos Jacobo Lamas, Ezequiel Portas, Jesús Losada e Francisco Javier Bouzas Rial. Pola súa parte, o Andaina presentou un cuarteto formado por Juan Graña, Jorge López, Hugo Crespo e Daniel Rodríguez: moita xuventude e ganas para intentar derrotarnos.

Por desgraza, unha vez empezadas as partidas non tardou en apreciarse un dos pecados propios da xuventude: a impaciencia (o xadrez, que sempre nos brinda fermosas metáforas da vida). Jorge e Hugo xogaron rápido e con pouca reflexión e iso, cando te enfrontas a xogadores como Ezequiel e Suso, é case un suicidio. Por iso non é de estrañar que as primeiras partidas en rematar fosen precisamente esas. Debían ser as seis pasadas e Suso vencía ao xoven Hugo quen, impetuoso como é, tivo os seus máis e os seus menos co seu rival.
Hugo é un rapaz con moitas ganas de aprender e de xogar, pero cunha forte personalidade. Afortunadamente, as cousas non foron a máis, pero non nos gusta ver a compañeiros de equipo discutir entre si. Pouco despois, sobre as seis e media, Ezequiel impoñíase a Jorge dun xeito inapelable.

Ante este panorama, o optimismo embargaba ao noso equipo, pois o marcador mostraba un 2-0 ao noso favor e no resto de partidas as cousas non pintaban mal tampouco, aínda que a igualdade era indiscutiblemente maior que nas anteriores. Neste momento, eu tiña peón de máis fronte a Juan, pero o xogo estaba lonxe de decidirse aínda. Mentres tanto, Daniel, un rapaz bastante novo no clube, estaba a plantar dura batalla a un experimentado como Bouzas Rial. Daniel fixo moi boa partida e por momentos, parecía que o resultado podería
ser outro. Pero co paso dos minutos, Bouzas Rial foise impoñendo con seguridade e o xoven xogador colapsou. Cara as sete e media remataba a partida na cuarta mesa cun novo punto para o CXF-Centro Comercial Arousa.
A última partida en acabar foi a miña con Juan Graña, que se prolongou ata as oito e media, sendo unha das últimas da sala. Como xa comentei, eu tiña peón de máis despois de que Juan cometese varios erros na apertura. De tódolos xeitos, aínda non era sinxelo facer valer a vantaxe adquirida e, cometendo algúns erros no final, acabei dando algo de vida ao meu contrincante. Desafortunadamente para el, non foi quen de aproveitar a ocasión e tivo varios despistes. Unha vez que se cambiaron as torres e me comín un peón máis, a partida estaba sentenciada, aínda que Juan plantou batalla uns minutos máis.

Finalmente, 0-4 ao noso favor, un resultado agridoce polo feito de conseguilo contra outro equipo do noso clube. As primeiras roldas na Casa da Xuventude de Vilagarcía sempre son así: alegría, por unha parte, polo inicio dunha nova temporada e polo reencontro con vellos e novos compañeiros, pero algo de incomodidade pola outra, ante o feito de ter que enfrontarnos entre nós. Así son as cousas. En todo caso, o equipo non podía pedir mellor resultado para empezar unha temporada na cal, non nos cabe ningunha dúbida, deberá dar
o mellor de si.

La crónica, a cargo de: JACOBO LAMAS LUAÑA

RESULTADOS DE LA CLASIFICACION PARA TERCERA E (LIGA 2018)


 Sigue estos equipos en directo en: http://www.cxfontecarmoa.com/laliga

Consulta los resultados del club aquí.

Sigue el resultado de las clasificaciones en:

Sigue la Liga

CRONICA RONDA1 – (27-01-2018) TERCERA E

TERCERA E

AMES XADREZ 3 – CXF – RESTAURANTE A PEDRA 1

Falta de rodamiento en la primera jornada.

La primera jornada ha sido tremendamente mala para el equipo sin duda por enfrentarse de primeras con un equipo que estaba más preparado y entrenado que el nuestro.

En Milladoiro nos encontramos con un club cordial que parece que está empezando y con un ayuntamiento que no le duele el consumo de calefacción, porque mi recomendación es que los próximos equipos, vayan de camiseta.

El equipo hubiera vuelto antes si no fuese que el rival de Bouzada se empecinase en tratar de ganar una partida más que pérdida hacía más de media hora.

El resto del equipo perdió por la falta de rodamiento o de entrenamiento, ante unos oponentes más fuertes.

La crónica, a cargo de: JORGE TOURIS OTERO

RESULTADOS DE LA CLASIFICACION PARA TERCERA E (LIGA 2018)


 Sigue estos equipos en directo en: http://www.cxfontecarmoa.com/laliga

Consulta los resultados del club aquí.

Sigue el resultado de las clasificaciones en:

Sigue la Liga

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.