CRONICA RONDA1 – (10-01-2015) SEGUNDA C
SEGUNDA C
CXF MC DONALDS 1-CXF PUB MUSARAÑA 3
Los veteranos se imponen, pero con muchos apuros.
Primeira xornada de liga na segunda división (C) entre dous equipos do clube, como dixen antes de comezar a ronda esto xa parecía un torneo social de lentas.
Foi un encontro bastante complicado onde se deron “sorpresas” nalgúns taboleiros. Os xogadores máis novos demos-traron estar ben preparados para 2ª división, onde penso que serán capaces a manter o tipo toda a temporada, tamén de nós espero o mesmo, e non ter que esperar ata as últimas rondas para ver se nos mantemos ou non.
A primeira partida en rematar gañouna Mario contra Raúl Vázquez na 4ªmesa, partida que eu non vin, xa que cando me levantei do sitio por primeira vez xa rematara. A segunda en rematar foi a miña ante Pablo Lobato, onde gañei na que foi un partida igualada ata que Pablo cometeu un erro que o levou a unha peor posición da que non logrou saír. En terceiro lugar, a partida de Raúl Varela contra Andrés Rodríguez con punto a favor de Andrés, partida onde Raúl saíu mal da apertura, cousa que Andrés aproveitou e esperou o fallo do rival facendo xogadas de desarrollo con segundas ideas. Raúl comete un erro e déixase unha peza (tranquilo Raúl, iso pásalle a calquera) dando a partida por finalizada. Para rematar, quedaba a partida de Ezequiel Portas contra Artai Fernández, onde cae Artai despois dunha partida onde Ezequiel gañando de calidade e varios peóns déixase un doblete onde perde a dama e tras algún erro do seu rival queda con torre e alfil e 7 peóns contra dama e 3 peóns, o cal lle chegou para gañar.
En fin, un bo resultado ante un equipo que pode dar máis de si, un saúdo, feliz ano e sorte a todos nas próximas rondas!! .
La crónica, a cargo de uno de los protagonistas, Adrián BetanzosSigue estos equipos en directo en: http://www.cxfontecarmoa.com/liga2015
Consulta los resultados del club aquí.
Sigue el resultado de las clasificaciones en: