«
»

Campionatos Provinciais sub14, sub18 e absoluto

Participantes do CX Fontecarmoa o sábado, nas categorías sub14 e sub18

Este fin de samana pasado remataron os campionatos provinciais de Pontevedra ó xogarse as categorías sub14, sub 18 e absoluta. O tempo volveu acompañar e tivemos un día soleado, malia que a mañanciña foi fresca e tras o solpor as temperaturas baixaron acusadamente. Nada fora de lugar no mes de Febreiro. Alomenos non choveu, que xa fai falta.

Os rapaces xogaron o sábado

O sábado participaron 59 xogadores, ainda que houbo baixas de última hora por mor do covid. O domingo, con 106 xogadores na categoría absoluta, non lembramos tal particpación nuns provinciais. En total foron 300 os xogadores que xogaron nesta edición dos provincias, algúns deles en varias categorías, o que fixo acadar tal participación a pesar da pandemia.

Foi unha ledicia poder compartir afección con tantos compañeiros e amigos, pais de xogadores e adestradores, que despois de tanto tempo con restriccións volvíamonos ver. Moitos coincidiramos nalgúns torneos ou pola rúa, pero non todos xuntos, ó mesmo tempo, nun mesmo campionato. Agardamos que a partir de agora volvamos á normalidade dos torneos e competicións de xadrez para volver compartir bos ratos entres amigos.

Podio sub 14

Na categoría sub14 a emoción estivo servida hasta a última ronda. Chegaron a ela 4 xogadores empatados a 5 puntos. Dúas deles, Irene e Noa xogaron entre elas na primeira mesa e os outros dous nos taboleiros dous e catro. Os resultados da ronda definiron o podio, quedando no primeiro lugar Javier del Valle, do Xadrez Mos. Acompañouno á súa dereita Irene Diz e a súa esquerda Ricardo Oubiña, ambos os dous do club anfitrión, o CX Fontecarmoa.

Podio sub 18

O mesmo día xogouse a categoría sub18. Tamén estivo moi disputada, xa que os tres primeiros do ranking inicial perderon unha partida. Juan Manuel a primeira, o que parecía afastalo do podio. Pero tras gañar todas as outras e empatar Rubén e Andrés, acabou acadando o primeiro posto na clasificación final. Compartiu o podio con Rubén Fernández, tamén da EX Pontevedra e Andrés Rodríguez, do CX Fontecarmoa

Podio absoluto

O domingo xogouse o campionato absoluto. Contou cun amplo abano de particpación, desde os case 75 anos de Mariá hasta os 11 de Aarón. E resultou rechamanueiro que foi a única categoría no que o campionato decidiuse na oitava ronda. Rubén Fernández chegou a derradeira ronda con punto e medio de vantaxe, o que o facía campión matemáticamente. Por debaixo del quedou Oscar Morales, do Xadrez Mos con 7’5 puntos, e no terceiro posto Rodrigo González, da EX Pontevedra igual co campión. Este terceiro posto estivo moi disputado, pois empataron a 7 puntos 5 xogadores. Do CX Fontecarmoa, os mellores clasificados, dentro do top 10, foron Adrián Montáns e Luca Rey, os dous con 6`’5 puntos.

Juan e Antonio non quixeron perderse o campionato

Como resumo do palmarés do noso club, podemos estar orgullosos dos postos acadados:

  • Sub8: ouro de Lois Roo
  • Sub10: bronce de Alejandro Alonso
  • Sub14: prata de Irene Diz e bronce de Ricardo Oubiña
  • Sub16: ouro de Luca Rey e bronce de Ricardo Oubiña
  • Sub18: bronce de Andrés Rodríguez
  • Absoluto: Adrián Montáns e Luca Rey entre os 10 primeiros

E rematamos agradecendo a todos os participantes e acompañantes a súa participación, pois os xogadores son a razón de ser do deporte. Tamén ó Concello pola súa colaboración ó deixarnos a Peixería e o equipo de son, e a todos o que colaboaron na montaxe e desmontaxe da sala de xogo.

¡¡¡Que volvamos vernos pronto!!!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.