«
»

CAMPIONATOS PROVINCIAIS 2024

Foto de familia do CX Fontecarmoa na porta do Milongads, patrocinador noso, e o GM de Corrubedo

Remataron os provinciais de Pontevedra tras dous fins de semana de xogo na Praza da Peixería. Máis de 250 xogadores máis os seu acompañantes encheron a antiga praza do peixe entre os dous fins de semana nos que se desenvolveu o campionato.

A sala de xogo o primeiro sábado antes de comenzar

O primeiro sábado foi bastante frío, despois de todo estamos en Xaneiro, e os poucos presentes, xa que só xogaban os rapaces da categoría sub16, tivemosnos que abrigar. Menos mal que o domingo a temperatura foi máis morna e tivemos unha xornada moito máis agradable.

Axudou tamén que o domingo participaron 164 xogadores, moitos das categorías dos máis cativos que o viren acompañados crearon un ambiente festivo no local.

O curruncho da organización co material arbitral e a bici do presidente

O segundo fin de semana tivemos temperaturas primaverais, con algúns presentes (cativos sobre todos) en manga corta. Pero non convén confiarse, porque pola noitiña refrescou.

Podio sub16

Como comentaba, os campionatos estrenáronse o sábado pola tarde coas tres partidas xogadas polos rapaces do sub16. Non houbo sorpresas na primeira ronda, pero na segunda Diego Ibáñez cedía un empate ante Noa Costas, e unha incomparencencia alteraba a competición.

O árbitro tiña frío o primeiro sábado e non quitou o abrigo

Na terceira ronda Diego perdía contra Mateo Pena e os irmaos Oubiña empataban, deixando a Mateo cunha ventaxa que non desaproveitou para acabar gañando o campeonato cun só empate na derradeira ronda. Acabou cun punto de ventaxa sobre o subcampeón, César Oubiña, do CX Fontecarmoa, e que estiveron no podio xunto con Noa Costas, tamén do Xadrez Ourense.

Podio sub8

Outra das categorías xogadas o primeiro fin de semana foi a sub8, unha verdadera tolería que estivo asitida hasta por tres árbitros por momentos. Foise tranquilizando despois e chegaron a quedar cun só árbitro, coa asistencia puntual do principal cando había máis maos levantadas que xogando.

Os sub8 a piques de comenzar a ronda

Sempre é unha categoría complicada onde ás veces os pequenos acaban desconsolados por unha partida que se lles escapa. Pero tamén moi divertida por vermos as voltas que dan as partidas. O final ganou Manuel Rios, do Lucena, quen acadou os 7 puntos en xogo. Con 5 puntos foi subcampión Alvara Freijeiro, do CX Fontecarmoa e cos mesmos puntos Juan Pérez levou o terceiro premio para a EX Pontevedra.

Podio sub12

A categoría sub12, con ser máis numerosa, foi moito máis tranquila e o árbitro David Cernadas, quen estaba facendo unha norma, non tivo ningún problema para atendela en solitario. A competición estivo moi disputada e houbo que agardar a última ronda para ver quen levaba o primeiro posto.

Os sub12 estrearon árbitro: Adrián Cernadas fixo unha norma de AA

David Alvarez, o favorito, chegou a séptima ronda con medio punto de avantaxe sobre os seu rivais; non fallou e mantivo esa vantaxe na clasificación final, dándolle o campionato ó Lúcena. O seu comañeiro Mateo Rey levou o subcampionato e canda eles estivo no podio Miguel Casado, da EX Pontevedra, tamén con 6 puntos.

Podio absoluto

Por outro lado a categoría absoluta xogou as 4 primeiras rondas o seu torneo no primeiro domingo. Nesta pausa quedaba o MF Rubén Fernández en primeiro lugar, contando as súas partidas por victorias. Con medio punto menos estaban 4 xogadores, dos que tres son do CX Fontecarmoa, Gonzalo, David Suárez e Paula.

A segunda xornada da categoría absoluta

No segundo domingo Rubén perdeu a súa primeira partida frente a Luis Guerrero, e chegou así a derradeira ronda cun duelo entre compañeiros do EX Pontevedra, Rubén e Miguel Palacios empatados a 6 puntos con Luis Guerrero e David Suárez a medio punto. Xogábanse o campionato e nesta ocasión foi Rubén que acadou o primeiro posto. Os desempates fixeron subcampión a David Suárez do CX Fontecarmoa e terceiro ó independente Luis Guerrero. O noso Gonzalo quedou de cuarto e Miguel Palacios, ó perder a oitava partida ficou na quinta posición.

Heladio non puido participar pero botoulle unha ollada ás partidas

Nesta categoría compre salientar que os primeiros postos femininos foron para o CX Fontecarmoa, con Andrea Dorado de oitava e Paula Suárez de novena.

Podio sub18

A categoría sub18 case que foi unha liga, pois xogaron 9 participantes un suizo a 6 rondas. E hai que dicir que foi un torneo no que non houbo baixas e todos os xogadores estiveron dispoñibles todas as rondas, quizais a única categoría sen byes nin incomparecencias.

A categoría sub18 en xogo

A clasifcación final quedou con Sergio Estévez no primeiro posto, do Xadrez Mos, Guillermo Dopico segundo, do CA Lucena e Oscar Fernández, compañeiro de Sergio, no terceiro posto. Luca Rey, do CX Fontecarmoa ficou a un paso dos postos de honra, no cuarto lugar empatado a puntos co terceiro.

Podio sub14

A categoría sub14 tamés estivo moi disputada con varias partidas moi longas que retrasaron o calendario previsto. A clasificación final amosou esa competitividade dos rapaces, xa que os dous primeiros acadaron 5 puntos e medio dos 6 en xogo, tras facer táboas entre eles na cuarta ronda.

Diego Ibáñez non deixou a primeira mesa

Foron Diego Ibañez, do CA Lucena e Javier del Valle, do Xadrez Mos. O terceiro posto tiveron que definilo os desempates entre tres xadrecistas empatados a 4’5 puntos, Yerai Fernández do CD Portas, Martín Moreira da EX Pontevedra e Aarón Gómez do CX Fontecarmoa.

Podio sub10

Os máis pequenos do segundo fin de semana foron os sub10. Ainda que na parte superior da lista de inscritos hai rapaces que levan anos xogando, en poucas rondas a últimas mesas deron moito traballo ós árbitros. Para moitos rapaces era o seu primeiro torneo, pero non quedou dúbida de que o pasaron moi ben e fixeron amigos.

A categoría sub10 foi a máis movida do segundo domingo

O que foi a competición, estivo moi emocionante con Mateo Rey, do CA Lucena, na primeira mesa todo o torneos pero ó perder a derradeira partida frente a Yago Brea relegouno ó segundo posto, ficando Yago de campión. O terceiro foi Martín Burgo, compañeiro de Yago no Xadrez Mos, quen tamén estivo empatado a 5 puntos e medio con André Davila. E medio punto menos tivo Lois Roo, do CX Fontecarmoa.

So acougaban para empezar as partidas

E isto foi o que deron de si os provinciais de Pontevedra. A seguinte cita vai ser en Padrón, cos Campionatos Galegos de sub8, sub14 e sub18 que se celebrarán no Entroido. E o seguinte fin de semana, xa para todos, comezará a Liga Galega 2024.

Lucas incorporouse ó equipo arbitral do CXF para facer unha norma de AA

E rematamos esta crónica agradecendo a todos os xogadores pola súa participación e esperando que disfrutaran destas xornadas de xadrez, o noso deporte favorito. Tamén a colaboración prestada pola Fundación de Deportes e o Concello de Vilagarcía, e o noso Club o CX Fontecarmoa pola organización do evento.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.