CAMPIONATOS PROVINCIAIS 2024
Anunciamos as bases e listados de inscritos para os campionatos provinciais deste ano para a provincia de Pontevedra. Como nestes últimos anos, volve a colaborar na súa organización o Club Xadrez Fontecarmoa.
As inscripcións deben facerse a través dos clubs, indicando categoría, nome, apelidos e código FIDE do xogador. Tede en conta que hay que estar federado para poder participar e que en ritmo lento é obrigatorio apuntar as partidas.
Listado de inscritos
sub8 sub10 sub12 sub14 sub16 sub18 abs
BASES
Organizador do torneo: Federación Galega de Xadrez
Colaboran: Club Xadrez Fontecarmoa – Concello de Vilagarcía de Arousa
Datas: días 20, 21, 27 e 28 de Xaneiro do 2024
Lugar de xogo: Praza da Peixería de Vilagarcía de Arousa (a carón do Xulgado e da Policía).
Categorías:
- Sub – 08 “Promesas”: nados nos anos 2016 e posteriores
- Sub – 10 “Benxamíns”: nados nos anos 2014 e 2015
- Sub – 12 “Alevíns”: nados nos anos 2012 e 2013
- Sub – 14 “Infantís”: nados nos anos 2010 e 2011
- Sub – 16 “Cadetes”: nados nos anos 2008 e 2009
- Sub – 18 “Xuvenís”: nados nos anos 2006 e 2007
- Absoluto: nados nos anos 2005 e anteriores.
Se nalgunha categoría no hai 6 participantes agruparanse as categorías segundo o indicado no artigo 59.2.1 do Regulamento de competicións da FEGAXA.
Sistema de xogo*:
Categorías Sub-8, Sub-10 e Sub-12: suizo a 7 rondas 30 min finish; aplicarase a Directriz III.4
Categorías Sub-14 e Sub-16: suizo a 6 rondas 30 minutos +15 seg por movemento
Aplicarase o artigo A5 (partidas sen supervisión axeitada)
Categorías Sub-18: suizo a 6 rondas 45 min + 15 seg/mov**
Categoría absoluta: suizo a 8 rondas 45 min + 15 seg/mov **
Empregarase o programa de emparellamento VEGA e non se admitirán reclamacións ós emparallamentos nin desempates calculados.
*Posibilidade de modificar o número de roldas segundo o número de inscritos. A organización está obrigada a anunciar calquera cambio con 48 horas de antelación na web www.fegaxa.org
** Ritmo Lento: é obrigatorio apuntar as partidas
Calendario de competición:
Categorías Sub-8 e Sub12 Categorías Sub-16
- Rolda 1 Domingo 21 11:00 Rolda 1 Sábado 20 16:00
- Rolda 2 Domingo 21 12:00 Rolda 2 Sábado 20 17:30
- Rolda 3 Domingo 21 13:00 Rolda 3 Sábado 20 19:00
- Rolda 4 Domingo 21 16:00 Rolda 4 Domingo 21 16:00
- Rolda 5 Domingo 21 17:00 Rolda 5 Domingo 21 17:30
- Rolda 6 Domingo 21 18:00 Rolda 6 Domingo 21 19:00
- Rolda 7 Domingo 21 19:00
Categorías Sub-10 Categorías Sub-14
- Rolda 1 Domingo 28 11:00 Rolda 1 Sábado 27 16:00
- Rolda 2 Domingo 28 12:00 Rolda 2 Sábado 27 17:30
- Rolda 3 Domingo 28 13:00 Rolda 3 Sábado 27 19:00
- Rolda 4 Domingo 28 16:00 Rolda 4 Domingo 28 16:00
- Rolda 5 Domingo 28 17:00 Rolda 5 Domingo 28 17:30
- Rolda 6 Domingo 28 18:00 Rolda 6 Domingo 28 19:00
- Rolda 7 Domingo 28 19:00
Categorías Sub-18 Categoría Absoluta
- Rolda 1 Sábado 27 16:00 Rolda 1 Domingo 21 10:00
- Rolda 2 Sábado 27 18:00 Rolda 2 Domingo 21 12:00
- Rolda 3 Domingo 28 10:00 Rolda 3 Domingo 21 16:00
- Rolda 4 Domingo 28 12:00 Rolda 4 Domingo 21 18:00
- Rolda 5 Domingo 28 16:00 Rolda 5 Domingo 28 10:00
- Rolda 6 Domingo 28 18:00 Rolda 6 Domingo 28 12:00
- Rolda 7 Domingo 28 16:00
- Rolda 8 Domingo 28 18:00
Inscricións: a través dos clubs en torneos@cxfontecarmoa.com indicando código FIDE, nome, apelidos, categoría e club hasta:
- Categoría sub-8, sub-12, sub16 e absoluto: as 16:00 do 18 de Xaneiro.
- Categoría sub-10, sub-14 e sub-18: as 16:00 do 25 de Xaneiro.
Poderán participar os xogadores federados na tempada 2024 en clubs da provincia de Pontevedra e que teñan nacionalidade española, bandeira deportiva FIDE española e ser seleccionables por Galicia.
Poderanse solicitar byes sen puntos antes da primeira rolda. Os solicitados posteriormente requirirán consentimento arbitral.
Desempates:
- Enfrontamento directo (DE)
- Buchholz -1 (BH-C1)*
- Buchholz total (BH)*
- Media do Buchholz dos oponentes (AOB)*
- APRO**
- Sorteo
* Nas partidas non disputadas aplicarase a modalidade Baku 2023 da FIDE tanto para o cálculo dos rivais como do propio xogador
** Para os xogadores sen elo considerarase un elo 1000
Tempo de espera: media hora e de acordo coas Leis do Xadrez (artigo 6)
Director do Torneo: Angel Francisco Vilas Fernández.
Arbitro principal: AI Evaristo Rodríguez López
Árbitros auxiliares:
- AA Lucas Abal Cores
- AB Manuel Suárez Vallejo
- AB Roberto Vidal Valtuille
Comité de apelación: antes do comezo da primeira ronda formarase o comité de apelación para as categorías sub18 e absoluta. Estará formado polo director do torneo, árbitros do torneo e un xogador elixido por votación, tendo preferencia os que sexan árbitros coa licencia en vigor na FEGAXA.
Nas categorías inferiores o Comité de apelación estará formado polo director e os árbitros do torneo.
Premios: para os tres primeiros clasificados de cada categoría.
Clausura: ás 20:30 horas de cada día de competición.
Aceptación: os delegados de cada club e os xogadores inscritos, autorizan á organización do torneo á difusión de información ou á utilización de imaxes ou do nome do equipo e os dos seus xogadores nos medios de comunicación ou en publicidades e memorias da competición, sempre que non representen menoscabo da súa honra ou reputación, ou que sexa contraria aos seus intereses, e sempre dentro do marco legal que se fíxa no Código Civil, na Lei de Enxuizamento Civil e na Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de Protección de Datos Personais e Garantía dos Dereitos Dixitais.
CESIÓN DE DEREITOS DE IMAXE
A inscripción neste torneo implica a aceptación das bases do mesmo así como autoriza de forma expresa e voluntaria á ORGANIZACIÓN, a empregar gratuitamente os vídeos, imaxes e/ou audios nos que este interveña, incluso aqueles facilitados polo mesmo coa finalidade de publicar nas páxinas web así como en calquera das redes sociais das que forme parte ou outra publicación impresa e/ou dixital co fin de dar unha maior visibilidade e/ou difusión á actividade da Organización.
Dita autorización refírese á totalidade dos usos que poidan ter os vídeos, imaxes e/ou audios nos que apareza, empregando os medios técnicos coñecidos na actualidade e os que puideran desenvolverse no futuro, e para calquera aplicación. Todo elo coa única salvedade e limitación daquelas utilizacións ou aplicacións que puideran atentar contra o dereito ao honor nos térmos previstos na Lei Orgánica 1/1982, de 5 de maio, de Protección Civil ao Dereito ao Honor, a Intimidade Persoal e Familiar e á Propia Imaxe.
A autorización non fixa ningún límite de tempo para a súa concesión nin para a explotación nas que apareza, polo que a autorización considérase concedida por un prazo de tempo ilimitado.
Esta autorización pode ser revocada en calquera momento polo Interesado, coa salvedade de aquelas actuacións/campañas que estean en marcha, en cuxo caso deberán finalizar para que empece a facer efecto a revogación, polo que a retirada do consentimento non terá carácter retroactivo.