«
»

CAMPIONATOS PROVINCIAIS 2022

“XUNTA DE GALICIA”

Listados de inscritos

sub8 sub10 sub12 sub14 sub16 sub18 abs

Organizador do torneo:   Federación Galega de Xadrez

Colaboran:   Club Xadrez Fontecarmoa  –  Concello de Vilagarcía de Arousa

Datas: sábado 29 e domingo 30 de Xaneiro, sábado 5 e domingo 6 de Febreiro de 2022.

Lugar de xogo: Praza da Peixería de Vilagarcía de Arousa.

Categorías:

                Sub – 08 “Promesas”: nados nos anos 2014 e posteriores.

                Sub – 10 “Benxamíns”: nados nos anos 2013 e 2012.

                Sub – 12 “Alevíns”: nados nos anos 2011 e 2010.

                Sub – 14 “Infantís”: nados nos anos 2009 e 2008.

                Sub – 16 “Cadetes”: nados nos anos 2007 e 2006.

Sub – 18 “Xuvenís”: nados nos anos 2005 e 2004.

                Absoluto / Senior: nados nos anos 2003 e anteriores.

Sistema de xogo:  

Suizo a 7 rondas co ritmo de 15 m + 5 s/movemento.

Poderase modificar o número de rondas segundo o número  de inscritos. A organización está obrigada a anunciar calquera cambio con 48 horas de antelación na web www.fegaxa.org

Calendario de competición:

Categorías Sub-8 e Sub-10                               Categorías Sub-12 e Sub-16

Rolda 1    Sábado    29        11:00                      Rolda 1    Domingo 30    11:00

Rolda 2    Sábado    29        12:00                      Rolda 2    Domingo 30    12:00

Rolda 3    Sábado    29        13:00                      Rolda 3    Domingo 30    13:00

Rolda 4    Sábado    29        16:00                      Rolda 4    Domingo 30    16:00

Rolda 5    Sábado    29        17:00                      Rolda 5    Domingo 30    17:00

Rolda 6    Sábado    29        18:00                      Rolda 6    Domingo 30    18:00

Rolda 7    Sábado    29        19:00                      Rolda 7    Domingo 30    19:00

Categorías Sub-14 e sub18                               Categoría  Absoluta

Rolda 1    Sábado    5          11:00                      Rolda 1    Domingo 6       11:00

Rolda 2    Sábado    5          12:00                      Rolda 2    Domingo 6       12:00

Rolda 3    Sábado    5          13:00                      Rolda 3    Domingo 6       13:00

Rolda 4    Sábado    5          16:00                      Rolda 4    Domingo 6       16:00

Rolda 5    Sábado    5          17:00                      Rolda 5    Domingo 6       17:00

Rolda 6    Sábado    5          18:00                      Rolda 6    Domingo 6       18:00

Rolda 7    Sábado    5          19:00                      Rolda 7    Domingo 6       19:00

Inscricións: en torneos@cxfontecarmoa.com indicando código FIDE, nome, apelidos, categoría e Club hasta:

  • Categoría sub-08, sub-10, sub-12 e sub-16: as 22:00 do 26 de Xaneiro.
  • Categoría sub-14, sub-16 e absoluta: as 22:00 do 1 de Febreiro.

Poderán participar os xogadores federados na tempada 2022 en clubs da provincia de Pontevedra e que teñan nacionalidade española, bandeira deportiva FIDE española e ser seleccionables por Galicia.

Poderanse solicitar byes sen puntos antes da primeira rolda. Os solicitados posteriormente requirirán consentimento arbitral.

Desempates:

  1. Enfrontamento directo (VEGA)
  2. Buchholz brasileiro
  3. Buchholz total
  4. Sonneborn-Berger
  5. APRO
  6. De persistir o empate nos primeiros postos, decidirase ó mellor de dúas partidas a ritmo lóstrego de cinco minutos, sorteando os colores na primeira; de seguir empatados xogarase un Armagedón  con 6 minutos para as brancas e 5 minutos para as negras.

As partidas non disputadas computarán na modalidade de rival virtual a efectos de desempate.

Inicio das partidas: á hora indicada para o inicio da sesión, poranse en marcha os reloxos dos xogadores que teñan pezas brancas. O tempo permitido de retraso é ata a caída de bandeira.

Director do Torneo: Angel Francisco Vilas Fernández.

Arbitro principal: AI Evaristo Rodríguez López.

Árbitros auxiliares:

  • AAB Manuel Suárez Vallejo
  • AAB Roberto Vidal Valtuille

Premios: para os tres primeiros clasificados de cada categoría.

Obsequios: recordos por participar a todos os xogadores base que finalicen o torneo, ca colaboración da CONCELLERIA DE CULTURA e DEPORTES RODAS.

Clausura: ás 20:00 horas de cada día de competición.

Protocolo COVID: é obrigatorio cumprir o PROTOCOLO FISIOCOVID-DXTGALEGO PARA XADREZ para competición (antes, durante e despois) para os deportistas participantes. En caso contrario, poderán ser dados de baixa no mesmo.

  • Médica: Doctora Sandra Paz Gestoso.
  • Coordinador: Raúl Gómez Valiño (629 08 94 83).

Aceptación: os delegados de cada club e os xogadores inscritos, autorizan á organización do torneo á difusión de información ou á utilización de imaxes ou do nome do equipo e os dos seus xogadores nos medios de comunicación ou en publicidades e memorias da competición, sempre que non representen menoscabo da súa honra ou reputación, ou que sexa contraria aos seus intereses, e sempre dentro do marco legal que se fíxa no Código Civil, na Lei de Enxuizamento Civil e na Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de Protección de Datos Personais e Garantía dos Dereitos Dixitais.

CESIÓN DE DEREITOS DE IMAXE

A inscripción neste torneo implica a aceptación das bases do mesmo así como autoriza de forma expresa e voluntaria á ORGANIZACIÓN, a empregar gratuitamente os vídeos, imaxes e/ou audios nos que este interveña, incluso aqueles facilitados polo mesmo coa finalidade de:

Publicar nas páxinas web así como en calquera das redes sociais das que forme parte ou outra publicación impresa e/ou dixital co fin de dar unha maior visibilidade e/ou difusión á actividade da Organización.

Dita autorización refírese á totalidade dos usos que poidan ter os vídeos, imaxes e/ou audios nos que apareza, empregando os medios técnicos coñecidos na actualidade e os que puideran desenvolverse no futuro, e para calquera aplicación. Todo elo salvante e coa única limitación de aquelas utilizacións ou aplicacións que puideran atentar contra o dereito ao honor nos termos previstos na Lei Orgánica 1/1982, de 5 de maio, de Protección Civil ao Dereito ao Honor, a Intimidade Persoal e Familiar e á Propia Imaxe.

A autorización non fixa ningún límite de tempo para a súa concesión nin para a explotación nas que apareza, polo que a autorización considérase concedida por un prazo de tempo ilimitado.

Esta autorización pode ser revocada en calquera momento polo Interesado, bardante aquelas actuacións/campañas que estean en marcha, en cuxo caso deberán finalizar para que empece a facer efecto a revogación, polo que a retirada do consentimento, non terá carácter retroactivo.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.