«

CAMPIONATOS PROVINCIAIS 2025

Remataron os Provinciais do 2025 con 229 participantes entre todas as categorías. Moitos xadrecistas e moitos acompañantes, pois a meirande parte viñeron acompañados por seren menores de idade.

Uns provinciais accidentados, que foron ós tres fins de semana en vez dos dous nos que soemos xogar. Foi pola alerta meteorolóxica do domingo 26, ca que a Xunta suspendeu a actividade deportiva o aire libre e deixou en maos dos concellos a decisión sobre o resto. En Vilagarcía, tras ver as prediccions decidiron suspender toda actividade nos seus pavillóns, incluindo FEXDEGA.

O podio e as bandeiras agardando

A decisión tomouse o sábado pola tarde, a última hora. Por un lado permitiu avisar ós participantes da categoría sub14, e a través dos monitores desprazados informar ós xogadores dos seu clubs. Polo outro lado, non estaban todos os clubs representados e tamén hai xogadores independentes, co que foi unha tarefa da organización tratar de avisar a todos os afectados para que non viñesen o domingo.

A sede deste ano

Hogano xogamos os provinciais no recinto ferial de FEXDEGA, abandoamos a Peixería na busca dun local con mellores sercvicios e menos frío. Cousa que se acadou a medias: no primeiro sábado viñemos dunha semana de xiadas e sendo só 17 xogadores pasouse frío en FEXDEGA. O domingo a xente xa viña avisada, e o segundo fin de semana templou, marcharan as xiadas pero veu a choiva.

Podio sub16

Estrearon a competición os xogadores sub16 na que na primeira xornada os favoritos cedían medio punto, agás Javier del Valle. Esa pequena avantaxe chegoulle para gañar o campionato, tras ceder un par de táboas nas derradeiras rondas. O segundo posto foi para Diego Ibáñez, do CA Lucena e o terceiro para Hugo Souto, compañeiro de Javier no Xadrez Mos.

Os nosos representantes non tivero os seus mellores días nun campionato que amosou un alto nivel de xogo, con todos os participantes moi combativos.

Podio sub8

O domingo 19 xogaronse ademáis as categorías sub8, sub12 e as primeiras cantro rondas do absoluto. Nos máis cativos houbo moitas diferencias entre rapaces, nótase moito quen leva uns anos xogando e adestrando e os que veñen o seu primeiro provincial. Houbo moitas ilegais como adoita ser e o final impusose a veteranía: Martín Lema da EX Pontevedra levou o primeiro premio con 6’5 puntos. Moi preto quedou Xabela Cores, unha das representantes do CX Fontecarmoa, quen con medio punto menos foi a subcampiona. E foi o terceiro Leo González, do Xadrez Mos.

Os pequenos sempre dan moito traballo

As portas do podio tamén quedou Liam e os outros 10 representantes do noso club, con máis ou menos puntos pero disfrutando todos dun agradable domingo entre compañeiros.

Podio sub12

En sub12 os primeiros do ranking foron os que coparon o podio da categoría. Neste caso hai xogadores moi fortes para a súa idade competindo con moitos rapaces sen elo ou con moi poquiño elo. Non queda moito espacio para a sopresa, pero cada quen fixo o torneo ó seu nivel.

Así, o primeiro clasifcicado foi David Alvarez, do CA Lucena, escoltado por Javier Lema e Miguel Casado, ambos os dous da EX Pontevedra. O mellor clasificado do Fontecarmoa foi Lois Roo, con 5 puntos e os outros 9 compañeiros quedaron espallados pola táboa desde os 4 hasta o medio punto. E co que se esperaba, que viñeran gozar, afacerse á competición e pasar un día xogando ó xadrez.

Podio absoluto

Na categoría absoluta quedaron as espadas en alto tras a primeira xornada. E cansáronselle os brazos de sostelas, pois tras o aprazamento do domingo 26 rematouse o domingo 2 de Febreiro. Acabado o primeiro domingo, o MC David, Gonzalo e Bernardo gañaron as súas 4 partidas e levan 3’5 puntos Antonio e David. Canda eles, con 3 puntos están tamén Luca, Andrea, Jorge María e os irmaos Oscar e Alejandro Victorero.

Os maiores concentrados

Xa en Febreiro por culpa da alerta, e tras a primeira xornada da liga, continuo a competición absoluta. Houbo moitas ausencias, algunhas anunciadas e outras non. A verdade, o cambio de data afectou a moitos xogadores que por diversos motivos non puideron participar.

A categoría estivo moi reñida, pois rematou con catro participantes empatados con 6’5 puntos. Os desempates tiveron que definir a súa posición, e o vencedor foi Antonio Pampillón, do Xadrez Mos; subcampión o MC David Torres, do CX Breogán e o terceiro David Suárez do CX Fontecarmoa. O cuarto, cos mesmos puntos, foi Luca Rey Chimera, tamén do CX Fontecarmoa. Con medio punto menos quedaron Gonzalo e Andrea.

Podio sub14

Tamén no segundo fin de semana, o sábado, empezou a categoría sub14 que tivo a súa segunda xornada aprazada para o domingo 2. Este segundo día deixou gañador a Diego Ibáñez, xogador do CA Lucena que gañou todas as súas partidas. A súa dereita estivo Adrián Argudín do Xadrez Mos, e pola outra beira Miguel Casado da EX Pontevedra.

Os xogadores do noso club acadaron unha clasificación moi dispersa na táboa, pois había rapaces que se estreaban na competición e outros moigo máis veteranos. Os mellores foron Lois Roo e Alvaro Marful, coa metade dos puntos, e outros 7 xogadores do noso club tamén participaron nesta categoría.

Podio sub10

A categoría sub10 xogouse tamén o domingo 2, afectada tamén polo aprazamento. Alomenos foi só un día e non se viu cortada a medio xogar. O campión foi Mateo Rey, do CA Lucena, quen estivo acompañado no podio por Antonio Barros e Yago Brea, ambos os dous do Xadrez Mos.

A participación do noso club foi numerosa, e Adán, Ero e Alvaro conseguiron 4 puntos sendo así os mellores clasificados. Pero houbo outros 10 rapaces do club que participaron, algunhos por primeira vez, no provincial, e todos o pasaron moi ben.

Podio sub18

A categoría sub18 viuse moi afectada polo cambio de data, pois tamén estivo afectada pola alerta. Xa eran poucos, só 7, pero o día 2 tan só particparon 4 xogadores. Por divesos motivos non puideron vir, pero é loable que os tres que faltaron avisaron. Con isto, o campionato quedou reducido a unha liga entre 4 xogadores.

O final, Mateo Montenegro foi o primeiro clasificado tras gañar as súas 3 partidas. Os outros postos do podio decidíronse cos desempates, tras un triple empate a 1 punto, con mesmos desempates de Sonnenbor-Berger e Koya. O ARO determnou que Antía fose a cuarta clasificada e os outros dous postos houbo que definilos por sorteo, pois hasta o ARO estaba empatado. E a sorte decidiu que Manuel Valencia fose o segundo e Mateo Cubas o terceiro.

Remataron así os Campionatos Provinciais deste 2025 e non queda máis que agradecer a todos os xogadores a súa participación e esperando que gozaran destas xornadas de xadrez, o noso deporte favorito. Lamentamos os inconvenientes debidos ó aprazamento, pero as circunstancias obrigáronos.

Tamén queremos agradcera a colaboración prestada pola Fundación de Deportes e o Concello de Vilagarcía, e o noso Club o CX Fontecarmoa pola organización do evento.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.