«
»

II Torneo Nocturno Centro Comercial Arousa

Co torneo do venres pasado no Centro Comercial Arousa clausuramos os nocturnos deste verán que xa vai languidencendo. Tivemos unha participación boa, con máis de 60 xogadores, con algunhas baixas que estiveron no Centro Comercial pero vendo o partido do Celta e o Madrid. Nesta ocasión, o tempo non nos afectou porque xogamos a cuberto. Ainda así, temos que decir que quedou unha noitiña moi gustosa que convidaba a tomar algo ó rematar.

A segunda planta estivo tomada polo xadrez

Nesta ocasión a directiva do Club aproveitou para preparara a vindeira tempada, organizando as quedadas en Castelao no mes de Setembro e o calendario de torneos do Circuito de Promoción. Xa sobre as 8 comenzamos a montaxe das mesas para empezar o torneo ás 9.

Podio sub12

Para a entrega de premios estivo con nos Carlos Coira, concelleiro de Deportes do Concello. Estrenouse coa categoría sub12, na que o campión foi Yeray Fernández, quen a piques estivo de gañar o terceiro posto sub18. Canda el estiveron no podio Xoel Roo, subcampión do CD Marquiño e o local Lois Roo, do noso club.

Podio sub18

A categoría sub18 foi moi disputada, pois os tres mellores quedaron nos postos 9, 11 e 12 na xeral. Miguel Casado, da EX Pontevedra, foi o campión con 5 puntos, con medio punto de vantaxe sobre os seus compañeiros César Oubiña, segundo clasificado e do CX Fontecarmoa, e Benjamín Diéguez, ourensán do Benchoshey que acadou o terceiro posto da categoría.

Podio veterano

Os veteranos nesta ocasión foron superados polos sub18 e incluso polo campión sub12. Os tres tiveron 4 puntos e medio e acadaron os postos 14, 15 e 16 da clasificación xeral. O campión foi Antonio Susavila, do CA Padrón e asiduo os nosos torneos, tanto do circuito como os nocturnos. Tan asiduos coma el son o subcampión e o terceiro clasificado, os dous veciños da Illa, Carlos Diz do noso club Fontecarmoa e Carlos Chaves, do isleño Dorna.

Podio absoluto: Irene levou o 5º posto e o trofeo feminino

Finalmente, o noso concelleiro fixo a entrega ós primeiros xogadores na clasificación xeral. O campión desta edición foi Ricardo Oubiña, do CX Fontecarmoa, que con 6’5 puntos so cedeu unhas táboas fronte a seu irmao César. O subcampión foi Daniel Martínez, vido de alén da ría desde o club de Rianxo. O terceiro clasificado foi Mateo Montenegro, do Xadrez Mos, a medio punto de Daniel. Cos mesmos puntos e en cuarta posición estivo Ramón Núñez, do CA Padrón e tamén a quinta clasificada, Irene Diz do CX Fontecarmoa, quen ademais acadou o trofeo para a campiona feminina.

Un momento do torneo

O toque humorístico deuno Pichón, o sexto clasificado que estivo bufando polos desempates: so perdía co primeiro e con calquera outro levaría un trofeo para a casa ¡Qué ben lle quedaría tras a reforma na sala! Estes torneos non sería o mesmo sen xente coma el que veñen a pasalo ben e botar unhas risas cos amigos.

Non estaba Roberto e Raúl asumiu o seu traballo

Bueno, pois con este torneo remata a serie de nocturnos de verán deste ano. Esperamos que fosen do voso agrado e que nos poidamos ver de novo nunha vindeira edición no 2024. E queremos agradecer unha vez máis a todos os que fan posible a realización destes torneos, Raúl que foi que arrancou co proxecto, a todos os que axudan na montaxe de recollida do material, ó Concello pola loxística de sillas e mesas e o Centro Comercial Arousa, o noso patrocinador neste derradeiro nocturno de verán.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.