«
»

XV Torneo Nocturno La Marina

Os trofeos agardando quen os iba levar

Onte xogamos o torneo da Marina tras o aprazamento de antonte pola choiva. Menos mal, porque o venres pola noite choveu ben, caiu unha boa bategada a iso das 10 e media que nos obrigaría a recoller todo o material.

Polo serán xa se estahan movendo pezas

O sabado tivemos unha boa tardiña e solpor co que poidemos disfrutar sen medo á chuvia.

Un momento do torneo

Xuntámosnos máis de 80 xogadores, hasta tivemos que montar un ta boleiro a maiores para a primeira ronda xa que os 42 que tiñamos non eran dabondo. Certo é que houbo algunhas incomparencencias e outros xogadores que se foron apuntando tras a primeira ronda. Entre eles Nené, un clásico da Marina que non se apuntara a tempo.

Podio sub12

Entre os máis pequenos, o podio sub12 estivo formado por Miguel Casado e Andrés Cacabelos nos dous primeiros postos, ambos raparigos da EXP. O terceiro posto foi para o xogador do CX Fontecarmoa Lois Roo, que estivo empatado a puntos co segundo. Realmente o campión foi Noe Diz, pero clasificara entre os sub18.

Poido sub18

No podio sub18, con 5 puntos quedou en primeiro lugar Luca Rey, xogador do noso club que está amosando moi bo nivel de xogo. Estivo acompañado por Xabier Pérez, do equipo de Mos e Noe Diz, que sendo como é sub8 acadou o terceiro posto na categoría sub18.

Non estiveron todos os veteranos: un marchara que se lle facía tarde

Nos veteráns tamén tivemos representación do noso club, e no mais alto do podio. Jorge María levou para a súa casa o trofeo do primeiro clasificado. Estivo acompañado por dos xogadores do Dorna, Carlos Chaves e seu fillo, xa que Alejandro Prado,o terceiro clasificado, marchara. Xa se sabe, o ser veterano tense que deitar cedo.

Podio absoluto

Finalmente na categoría absoluta o primeiro posto marchou para Pontevedra da mao do FM David Sobrino. O feito de gañar o torneo deulle licencia para lucir tocado na recollida. Canda el estiveron Antonio Susavila, de Padrón, Bernardo Rebollo, compañeiro de David no EXP que tras unha loga ausencia vai retornar ó xadrez. Tamén estiveros Andrés Rodríguez, cuarto clasificado e do CX Fontecarmoa, e Daniel Martínez, quen foi quinto e leva o trofeo para Rianxo. A campiona feminina foi Andrea Dorado, cun meritorio 8º posto na clasificación xeral.

Andrés recollendo o seu trofeo; con 6 puntos foi o mellor clasificado do club

Foi unha tarde e noite moi agradable nas que todos disfrutamos xogando o xadrez. A colaboración foi moi boa para a montaxe e recollida do material e iso é algo que temos que agradecer.

Tamén a colaboración do Concello pola autorización para a celebración do torneo, a iluminación e servirnos o material. E como non, tamén á cafetería La Marina, colaboradora e patrocinadora deste evento e por acollernos como sede oficiosa do club.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.