«
»

CRONICA RONDA3 – (17-02-2018) SEGUNDA E

CRONICA RONDA3 – (17-02-2018) SEGUNDA E

SEGUNDA E

XADREZ ALBATROS A 0.5 – CXF – DEPORTES RODAS 3.5

Magnífica victoria ante un rival directo y un equipo que se coloca como líder en solitario.

Esta semana viaxamos ata A Guarda para enfrentarnos a un equipo que xa fixo boa campaña o ano anterior. Coa cordialidade que
soemos ter cando viaxamos ata aquí comezaron as partidas.

Aínda que poida parecer que esta xornada foi moi sinxela houbo moitas dificultades e, algunas partidas puideron ter diferente
resultado.

No primeiro taboleiro Manuel Conde aportou toda a súa experiencia e nivel para realizar unha partida moito máis difícil do que
cabería esperar. Tivo un forte ataque contra o enroque enimigo pero que non soubo concretar. Forzou un final que levou con gran
maestría e sangue fría, sacrificando inclusive unha peza para forzar unha maior vantaxe. O seu rival fixo unha partida moi seria
pero abandonou cando a vantaxe xa era clara no final.

Na segunda mesa José Maneiro tamén tivo unha partida bastante igualada a maior parte do tempo. Non foi ata un golpe táctico de
sacrificio inicial de peza onde acadou unha vantaxe decisiva que encarrilou a partida cara o abandono do rival. Agardemos volver
a xogar con Sergio o próximo ano xa que resultou un verdadeiro pracer.

No terceiro taboleiro Carlos Diz conseguíu unhas táboas no que puido ser un abanico de resultados en moi pouco tempo. Ante unha
forte presión do rival, na que o punto parecía ía quedar na casa, conseguíu, en apuros de tempo, unha combinación que lle permitía
atacar ao rei enimigo e encerralo nuns xaques contínuos. Ante o cansanzo e os apuros de tempo non deu a ver que neses xaques
continuos tiña unha continuación na que gañaba calidade e unha posición bastante ventaxosa inclinando a balanza ao seu favor.
De todas maneiras é un medio punto que está moi ben con todo o estresante do final da partida.

No derradeiro taboleiro José Manuel conseguíu outro importante punto ao gañar un final de torres pero con vantaxe de peóns.
Cansado e con certos síntomas de catarro, soubo aguantar e madurar, quizais en exceso, a partida ata alcanzar a victoria. Outra
gran debut este ano dun xogador que o ano pasado deu moitos puntos ao equipo e agardamos que siga coa racha.

É de gran importancia ir dando partidas a tódolos xogadores que conforman o equipo xa que así gañamos en estado de forma e
se cumple cunha filosofía de clube/equipo onde tódalas partes son importantes ao longo da tempada. Hai que ser conscientes que
é un equipo conformado por adultos coas súas responsabilidades pero que seguen aportando o seu tempo e afición polo xadrez.

La crónica, a cargo de: JOSE MANUEL LOPEZ MANEIRO

RESULTADOS DE LA CLASIFICACION PARA SEGUNDA E (LIGA 2018)


 Sigue estos equipos en directo en: http://www.cxfontecarmoa.com/laliga

Consulta los resultados del club aquí.

Sigue el resultado de las clasificaciones en:

Sigue la Liga

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.