«
»

CRONICA RONDA8 – (02-04-2016) DIVISION DE HONOR

CRONICA RONDA8 – (02-04-2016) DIVISION DE HONOR

DIVISION DE HONOR

UNIVERSIDAD DE VIGO 2.5 – CXF – VIAJES INTERRIAS SANXENXO 3.5

Boa victoria aínda que máis lonxe do título.

O CXFontecarmoa – Viaxes Interrías retomou a competición de División de Honra con victoria ante o Universidade de Vigo, actual campión da categoría. Os vigueses, aínda que este ano non están completando a súa mellor tempada e xa din adeus as posibilidades de loitar polo título con esta derrota, son igualmente un duro rival.

O universitario sufriu algunhas baixas do seu sexteto de gala, e presentou como novidade destacada a Rubén Fernández, agora mesmo un destacado nome da súa canteira. Precisamente foi nesta partida onde se deron as primeiras noticias, pois o xoven xogador vigués atrapou nunha preparación a Luis Segura, quen camiñou no alambre durante toda a partida. O xogador de Fontecarmoa conseguiu zafarse da rede de ataque rival, cousa que parecía imposible por momentos, mais consumiu moito tempo para iso e con unha desvantaxe moi forte de tempo non foi capaz de culminar unha remontada. Gran traballo pre-partida de Rubén. O Fontecarmoa daríalle a volta ao resultado ao non perder ningunha partida máis. Lucas Abal e Héctor Láiz entablaban fronte aos Maestros Internacionais Roberto Páramos e Pablo García, e dúas partidas nas que os MI vigueses mantiveron un peón de máis cada un, e con grandes oportunidades de victoria, mais na que os xogadores do Fontecarmoa confiaron na súa actividade de pezas e defenderonse activamente para evitar as derrotas. Julio Suárez igualaba o marcador 2-2 coa súa victoria traballada ante Rafael Rodríguez, secando primeiro o ataque branco para logo contraatacar no ala de dama cunha avalancha de peóns que provocou fortes debilidades. Julio Torrado puxo o 2-3 con victoria ante Samuel Villar, tras un medioxogo confuso e moi especulativo, Julio conseguiu descoordinar as pezas brancas do rival e deixar un alfil fora de xogo para aproveitar esa vantaxe e transformala nun final de partida decisivo. Julio González tratou de sumar unha nova victoria nunha partida na que sempre tivo a iniciativa, máis desaproveitou un final de torres que Avelino Leirós defendeu con tesón ao fío da navalla ata conseguir as tablas.

A victoria segue a ser un valor en sí mesmo para o CXFontecarmoa, máis aínda cando se fala do actual campeón e dominador absoluto dos últimos anos da Liga (a excepción, por agora, do título arousán en 2014). Sen embargo, as pequenas diferencias obtidas e o paso firme de Ourense que continúa obtendo victorias contundentes na Liga deixa aos da cidade do Miño co liderato e con Ferrol pisándolle os talóns. Universidade de Santiago e Fontecarmoa camiñan un escalón por debaixo. Todo por resolver nas últimas tres xornadas de Liga nas que haberá enfrontamentos directos (Ferrol – Ourense e USC – Fontecarmoa).

La crónica, a cargo de: JULIO TORRADO QUINTELA

RESULTADOS DE LA CLASIFICACION PARA DIVISION DE HONOR (LIGA 2016)


 Sigue estos equipos en directo en: http://www.cxfontecarmoa.com/liga2016

Consulta los resultados del club aquí.

Sigue el resultado de las clasificaciones en:

Liga 2015

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.