«
»

CRONICA RONDA8 – (07-03-2015) SEGUNDA C

SEGUNDA C

DISTRIBUNOSA – PADRÓN «C» 1.5 – CXF – PUB MUSARAÑA 2.5

Buen encuentro, que consolida al equipo en la 5ª posición.

Na partida deste pasado sábado desprazámonos ata o pobo natal de Rosalía de Castro para medirnos ao Distribunosa- Padrón C no que se pode considerar un enfrontamento directo polos postos de media táboa: nós, os quintos clasificados, contra os padroneses, os sextos, cunha diferenza de 2,5 puntos entre ambos. Tendo en conta o que nos agarda no final de Liga, a nosa idea era sacar un resultado positivo para manter esa marxe de distancia cos nosos perseguidores, para o cal formamos filas Adrián Betanzos, Jacobo Lamas (eu), Raúl Varela e Ezequiel Portas.

Chegamos ao local de xogo quince minutos antes da hora de inicio, e aínda tivemos que agardar un rato, xa que as partidas non comezarían ata as 17.10 máis ou menos. Se quixésemos definir esta rolda cunha soa palabra non hai ningunha dúbida de cal sería: rápida. Pasados 70 minutos dende que os reloxos comezaran a correr xa se podía intuír o resultado final de cada un dos taboleiros: Raúl gañaba con dama e un par de pezas de vantaxe (o seu rival pouco máis aguantou), Betanzos, tras saír da apertura mellor, nun erro de cálculo bastante impropio dado o seu bo estado de forma tiña xa un cabalo de menos, eu asaltaba con vehemencia o enroque do meu adversario e Ezequiel xogaba o encontro sen dúbida máis incerto e igualado da tarde. Unha vez rematada a partida de Raúl, a miña tampouco tardou moito en finalizar, media hora necesitei para lle dar a estocada final ao meu adversario; comentar, iso si, que o meu ataque foi en moitos momentos impreciso e precipitado (de feito, puiden ter dado o mate un par de xogadas antes e o pasamos por alto ambos combatentes), pero afortunadamente o meu adversario levantou unha defensa bastante defectuosa que pouca defensa puido opoñer. En fin, habían de ser as sete da tarde e o marcador mostraba 0-2 ao noso favor, se ben é certo que había moitas dúbidas de cal sería o resultado final: Betanzos intentaba contrarrestar a peza de menos que tiña cun activo ataque contra o enroque rival, pero o seu adversario soubo defenderse correctamente e nunca pasou verdadeiros apuros. Ezequiel, pola súa parte, atopábase nun curioso medio xogo no que tiña cabalo por tres peóns do seu rival e bastante máis actividade e mellor posición, pero cometeu un grave erro que permitiu ao continxente negro simplificar a posición, chegando a un final no que os tres peóns eran claramente superiores ao cabalo. Mentres Adrián firmaba a súa sentencia no taboleiro 1, Ezequiel daba trazos de poder sacar algo positivo do seu encontro. Efectivamente, soubo aproveitar certas imprecisións do rival: primeiro comeuse un dos peóns e logo logrou cambiar o seu cabalo polos outros dous, resultando unha posición de táboas teóricas. Se ben aínda debía ser xogada e Ezequiel para isto dispoñía de so cinco minutos no reloxo o seu adversario aceptou a petición de táboas do noso compañeiro nun xesto de deportividade que non sempre se ve neste mundiño do xadrez.

Deste modo, logramos unha vitoria pola mínima que, ao fin e ao cabo, é un resultado positivo que nos permite manter a distancia dos nosos perseguidores (salvo o Pousada das Ánimas, que gañou de maneira contundente e que será o noso rival a semana que vén) e nos axuda a afianzarnos no quinto posto.

La crónica, a cargo de: JACOBO LAMAS LUAÑA

 

EL EQUIPO CXF – PUB MUSARAÑA (2015)
1.ADRIÁN BETANZOS JAMARDO 2.JACOBO LAMAS LUAÑA 3.RAUL VARELA SANTIAGO DE COMPOSTELA 4.EZEQUIEL PORTAS BETANZOS 5.SAMUEL DIESTE PIÑEIRO 6.ADRIÁN BLANCO SEIJAS 7.MARIO SANTOS GARCÍA

 

SEGUNDA C

CLUB XADREZ RIANXO 4 – CXF – MC DONALDS 0

Un encuentro para disfrutarlo, olvidando el resultado (el desequilibrio actual era notorio).

En esta jornada nos tocaba visitar al Rianxo, el mejor equipo de la categoría y que el año próximo estará en primera.

Afrontamos el envite con la intención de disfrutar al máximo de nuestras partidas y pasar una gran tarde de ajedrez.

Tony, Luca, Artai y Raul eran los integrantes del equipo para esta jornada. Jugar despacio, pensar, y aprender lo máximo posible eran los principales objetivos a realizar en nuestras partidas, conscientes de que sacar algo positivo en el marcador iba a resultar muy difícil.

Después de esperar un rato por nuestros anfitriones, situación un poco absurda, comenzaron las partidas con 10 o 15 minutos de retraso. Raúl primero, Luca , Artai y finalmente yo mismo fuimos perdiendo nuestras partidas. A pesar de dar lo mejor de nosotros nada pudimos hacer ante el buen hacer de nuestros rivales. Pero otra vez nos vamos con la satisfacción de haber jugado buenas partidas.

El marcador final, unido a los demás resultados de la jornada, nos abocan otra vez a los puestos de descenso y ahora mismo estamos a 1.5 puntos de la salvación. Por suerte para nosotros todavía restan tres jornadas por disputar, y disfrutar, para tratar de darle la vuelta a esta situación.

La crónica, a cargo de: ANTONIO JAVIER REY AGUIÑO

 

EL EQUIPO CXF – MC DONALDS (2015)
1.ANTONIO JAVIER REY AGUIÑO 2.PABLO LOBATO REY 3.ANDRÉS RODRÍGUEZ FERREIRÓS 4.LUCA REY CHIMERA 5.ARTAI FERNANDEZ ROMANO 6.RAUL VAZQUEZ BREA

 

Sigue estos equipos en directo en: http://www.cxfontecarmoa.com/liga2015

Consulta los resultados del club aquí.

Sigue el resultado de las clasificaciones en:
Liga 2015

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.