«
»

VII TORNEO PLAYA VILAGARCIA 2009

Torneo Xadrez na Praia – Fundación de Deportes

O pasado sábado día 29 celebrouse nos xardíns da Praia da Concha, en Vilagarcía, o xa tradicional torneo de xadrez veraniego que pon peche as actividades de verán que organiza a Fundación de Deportes do Concello de Vilagarcía. A competición estivo dividida en dúas categorías: os máis pequenos, na categoría sub 10, e os maiores que se agruparon nunha categoría de sub 16. Ambos torneos disputáronse de forma paralela cun sistema suizo a 5 roldas de 15 minutos por xogador.Torneo playa 2009

Na categoría sub10 a victoria foi para Jorge de Santiago, que conqueriu as 5 victorias posibles facendo un pleno. Alejandro Victorero foi segundo clasificado, con 4 puntos perdendo soamente ante o campeón. Jorge Segura foi tercero e Andrea Dorado cuarta, ambos con 3,5 puntos, e Jaime Martínez Doldán acadou 3 puntos para chegar ata o quinto posto. 

Na categoría sub16, o xoven Luis Segura, de 13 anos, fixo o pleno de 5 puntos, deixando a Andrés Varela segundo con 4 puntos. Lucas Abal e Adrián Montáns continuaron na clasificación final con 3,5 puntos e Iago Sieira pechou o listado de premiados con 3 puntos.

O torneo disputouse nun gran ambiente no entorno da praia, e os participantes recibiron obsequios participativos. Os premios foron entregados no conxunto da entrega a todos os deportes e actividades organizadas pola Fundación de Deportes.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.