BASES
V TORNEO XADREZ DANI DA ROCHA PROL
VALEDEIRO PARA O XI CIRCUÍTO GALEGO DE XADREZ PROMOCIÓN
Organizador do torneo: Club de Xadrez Laroca
Data: Sábado 11 de xuño de 2016
Lugar de xogo: Pavillón Deportivo de Panxón (Nigrán)
Categorías:Sub – 8 «Promesas» Nados nos anos 2008 e posteriores
Sub -10 «Benxamín» Nados nos anos 2006 e 2007
Sub -12 «Alevín» Nados nos anos 2004 e 2005
Sub -14 «Infantil» Nados nos anos 2002 e 2003
Sub -20 «Xuvenil» Nados nos anos 2001, 2000, 1999,1998, 1997 e 1996
• Sistema de xogo:
Suízo a 7 roldas, elaborado cun programa informático.
Non se admitirán reclamacións aos emparellamentos, agás erro na introdución manual de resultados.
• Ritmo de Xogo:
Sub-8 e Sub-10: 20 minutos finish
Sub-12, Sub-14 e Sub-20: 15 minutos + 5 seg/mov
• Horario de competición:
Confirmación de inscrición: A partir das 10:30 horas.
Roldas: 11:00, 12:00, 13:00, 16:00, 16:50, 17:40, 18:30 horas.
Entrega de Premios e Clausura: 19:30 horas.
• Inscripción:
Inscrición gratuíta na web http://clubdexadrezlaroca.blogspot.com, no correo xadrezlaroca@yahoo.es ou no teléfono: 667503572 (Agustín)
• Prazo de inscrición:
Ata o xoves 9 de xuño ou ata chegar a 200 xogadoras/es por orde de inscrición.
• Desempates:
1º Buchholz medio
2º Buchholz total
3º Progresivo ata as últimas consecuencias.
4º Sorteo
As partidas non disputadas computarán como táboas contra si mesmo para os efectos de Buchholz.
• Xogadas ilegais:
Tres xogadas ilegais suporán a perda da partida.
Non se incrementarán tempos por xogadas ilegais.
• Inicio das partidas:
Á hora indicada para o inicio da rolda, poñeranse en marcha os reloxos d@s xogador@s que teñen as pezas brancas. O tempo máximo permitido de retraso é ata a caída de bandeira.
Un xogador que non comparece á súa partida sen causa xustificada darase de baixano Torneo. O motivo da ausencia debera notificarse á dirección do Torneo antes de publicar a seguinte rolda.
Nas categorías Sub-12, Sub-14 e Sub-20, non se aplicará en ningún caso o Apendice G do regulamento FIDE (reclamación de táboas), xa que os xogadores dispoñen de 5” de incremento por xogada.
Para o non especificado nestas bases aplicarase o regulamento FIDE.
• Premios:
Trofeos para os cinco primeiros clasificados de cada categoría.
Trofeo para o xogador ou xogadora local mellor clasificado (Non acumulable).
• Agasallos:
Todos os xogadores e xogadoras que rematen o Torneo obterán trofeo e participarán nun sorteo de agasallos
(consultar na web do Club).
A inscrición no torneo suporá a aceptación das bases e a autorización dos participantes para publicar os seus nomes ou fotografías nos diversos medios de comunicación, co único obxecto de dar publicidade ao evento.
Dirección do Torneo: Constantino González Levices e Agustín Álvarez González.
Árbitro principal: Patricio Salgado Alonso.
Árbitros auxiliares: Juan Represa Garazo, Francisco Javier Vázquez Alonso.
A Organización resérvase o dereito a modificar estas bases sen máis aviso cá súa publicación na web:
Inscripcion: http://clubdexadrezlaroca.blogspot.com.es/2016/05/estamos-preparando-el-v-torneo-dani-da.html